13 marzo 2015

Plan de Aforro e Investimento

Comunicado do equipo de goberno do Concello de Porto do Son

INFORME SERVIZOS TECNICOS.pdf
Comunicado do equipo de goberno do Concello de Porto do Son

26 comentarios:

Anónimo dijo...

Aburrides a todo o pobo. Toda a vida botando merda uns enriba dos outros. Seguido con ventilador posto para salpicar. Pero non solo o PP, refírome o PSOE, AVS e BNG.

Sede realistas por favor. Ningún de vós (alcaldables dos 4 partidos) estades por vocación a veciñanza. Non enganades a ninguén, estar no concello reportavos un bo sueldo, e é o único que vos importa.

Por qué toda esta gresca se en 3 anos estivestedes cada un o voso e nin chica dixestedes. Moitas veces escoitei a cantinela "e que somos a oposición e estamos en minoría, polo cal non podemos facer nada", porque ahora que pasa o contrario e sodes maioría non facedes ABSOLUTAMENTE nada, sólo botarvos as culpas uns os outros. Sodes rapaciños, non vos comportades coma xente adulta, por favor.

- Peceras da plaza, os donos dos locais seguirán facendo o que lles sala dos huevos
- Saneamento, nin uns din toda a verdade, nin outros minten no resto. Unión! Falamos de xente e servicios básicos, non un arma arrojadiza para a batalla electoral. VERGOÑA vos tiña que dar
- Clases da ESO, espero que ningún familiar voso necesite chegado o momento esas clases. Como podedes negar a formación a toda aquela xente que a queira recibir?
- Relación ca veciñanza. Sodes uns usureros de votos. Todo son sonrisas, apretón de mans, "tranquilo, xa miro eu de amañalo". E cando pasan as eleccións son todo caras largas. USUREROS

Anónimo dijo...

Estou dacordo, aburren e pretenden tapar a súa merda coa merda dos demáis, e perdón pola expresión.

Hai que xestionar e deixarse de lerias. Hai que pagar salarios ás persoas que se lles deben. Deberanse estar dando as clases da ESO ¡XA!. Porto do Son debera ter moito máis saneamento. Debérase xestionar con algún empresario ou empresaria a implantación dalgunha empresa (mesmo dalgunha superficie comercial), pero ofrecendo seriedade: solo, exención de recibos municipais durante 10 anos, accesos, liñas de luz, teléfono, conexión a internet, etc. pero no fondo só vos van as leas e nada máis. ¿Ulas propostas?. Non nos decatades que xa estamos en 9500 habitantes e perdendo servizos. ¿Cómo é que non sodes capaces de garantir gardas médicas?, ¿por qué non xestionades que se despracen uns axentes da Policía Nacional cada tres meses e así favorecer renovación de DNI a persoas maiores?. Hai tantas e tantas cousas por facer e, mentras, vós a pelexar polo voso proveito no canto de favorecer e defender os intereses do pobo... HIPOCRESÍA...

Anónimo dijo...

Un dos problemas de moitas das nosas políticas e políticos, foi e máis é a falla de honestidade á hora de explicarnolas cousas ao pobo. Deberan ternos dito que o "café para todos" non é posible. Deberon explicarnos que non nos podemos permitir semellante cantidade de Casas da Cultura, de Campos de Fútbol, e así todo, pero nionguén se atreveu a abrila boca para non perder votos. Falta un consenso de obras a longo prazo, goberne quen goberne, para buscar o progreso, pero iso non lles interesa. Xa con Groveiro (sobre o ano 1993) comezaron co proxecto do polígono industrial e agora parece "lo que el viento se llevó" porque non paso de proxecto. Clases de adultos, sempre foron intencións e, para unha vez que se fixeron con sentidiño, botáronnas abaixo e suprimíronnas ¿saben a cantas persoas perxudicaron?, ¿saben o mal que lle fan ao progreso do noso pobo?. Perdemos a renovación do DNI, que viñan facela na época de Manuel Tomé, se mal non me lembro ¿por qué se perdeu?. Deixamos no camiño o servicio de urxencias no Centro de Saúde ¿por qué?. Fenosa xa me parece que hai que ir a Ribeira. Os Xulgados igual non tardan moito en desapareceren e igual imos ter que ir á Coruña. ¿Cómo é posible que non se xestionase unha cooperativa ou a implantación dealgunha empresa en 45 anos de democracia?. ¿tan difícil resulta ter unha estrada en condicións ao longo do noso Concello para que veña algunha industria?, tantas e tantas preguntas señoras e señores políticos...

Anónimo dijo...

Nós, o pobo, o electorado, cecáis teñamos máis culpa que os políticos, por "creer nos reis magos" ou que "os nenos veñen de París", por aplaudir e rir as súas "gracias" e "incompetencias", por defender a "iluminados", a "ilusos" e políticos que, logo do paso polo goberno municipal, non cumpriron o prometido e, vamos e premiamolos outra vez co voto. Cando aprendamos a votar, a castigar a quen o fai mal, entón os políticos respectarannos e serán mellores, mentras tanto serán do clan dos "liorteiros"... e con ese nivel de políticos... pois costa abaixo e sin freos, como vai Porto do Son...

Anónimo dijo...

Non entendo o afán dalgúns políticos, sobre todo cando están na oposición de querer enfrontarnos entre veciños, cando o seu papel sempre pensei que era outro.

Un exemplo témolo con Ánxela que acaba de compartilo Nordés na súa conta dicindo isto: “O ÚLTIMO GRITO” en depuradoras para o saneamento de Caamaño e Xuño
Alega o "artista" que fixo o panfleto, que esa depuradora non se fixo pola oposición dos veciños de Caamaño e mais o PP (Groveiro), co que parece que deixar caer que o Bloque e a súa líder parece que estarían a favor.
Minte logo ao dicir que ese río no verán queda sen auga, xa que abastece aos veciños de Ribeira. Digo que minte non sei se apostas ou inducido, porque ese río xamais seca, salvo que no verán, coma todos, non leva a mesma auga que no inverno e se tal e como manifestan, todo o que din, o deciden no local, por que Ánxela non mandou quitar ese dato.
MENTIR SI QUE É UNHA TOMADURA AOS VECIÑOS.
Se a depuradora leva aí 15 anos que fixo Ánxela como responsable de obras e como vicealcaldesa? Solo cobrar un substancioso soldo?

Anónimo dijo...

Da a impresión que sabes pouco das actividades que se teñen feito no Son. Xa con gobernos anteriores a Manolo Tomé, se impartiron clases de alfabetización de adultos. E por certo, impartía as clases unha profe do Son, é decir non precisábamos floreciñas de lonxe para alfabetizar nin montar liortas ca nosa xente.

Anónimo dijo...

Pois non, considero que sei bastante das actividades feitas en Porto do Son. É certo que houbo clases de alfabetización de adultos adultas/os. Como tamén é certo que esa profesora "necesitou" que o seu marido fose impartir algunha que outra clase, unhas cantas clases, porque ela non, digámolo finamente, non estaba ao nivel requerido. Tí o dís, "alfabetización". Non podo dicir que durasen dous anos porque mentiría xa que non lembro exactamente o período de tempo ¿cecáis era alcalde Quintáns?, ¿serḉia concelleira de Cultura Marisa Abeijón, daquí de Portosín, Como dese dato non estou tan fixa nonno digo. Estas da E.S.O. eran moi máis completas, sen dúbida algunha. Alégrome de que haxa xente coma tí mirando as cousas con lupa pero, por qué non escribes tamén das outras propostas que fago?. Xa te descalificas tí só, ou tí soa cando escribes "non precisábamos floreciñas de lonxe". Son mulleres, son profesoras, son persoas, non son adornos... EWstarás dacordo ou non coa súa capacitación profisional pero, ante todo RESPETO. Imaxino que saberás o que é iso ¿verdade?

Anónimo dijo...

Moito madrugou hoxe o Psoe Porto Do Son, ou sería para gañarlle pola man ao Bloque?, para contarnos esta trola na súa conta do Facebook:

Pois resulta que habia OUTRAS SUBVENCIÓNS da deputación coas que acometer o saneamento de Puilla, Loreto, Eiravedra e Resúa; tal como NÓS mesmos lle RECOMENDAMOS ao equipo de goberno sonense.
Finalmente, os veciños terán saneamento pero a oportunidade de utilizar o PAI para reducir a débeda do concello perdeuse pola torpeza e ignorancia do alcalde ao incumplir un acordo plenario.

El saneamiento que rechazó la oposición de O Son se acometerá con una ayuda provincial

La Diputación financiará el 100% de las obras, que afectarán a cuatro núcleos

Agora vai resultar que lle temos que agradecer que vaiamos a ter o saneamento, que xunto co Bloque e Asunción, nos negaron. Se sabían que había OUTRAS SUBVENCIÓNS da deputación, por que no no lo explicaron cando os TRES ENERGÚMENOS llo preguntamos no Pleno mentres fuxían de nós? Despois nesta mesma rede social, houbo moitos que lles preguntaron que ía pasar co noso saneamento, a que máis Toña Sobrido, e como polo visto descubriron que era un perfil falso (non hai nada como ter o censo á man), ninguén lle contestou recibindo pola contra malas contestacións de seguidores do Bloque.

Agora ben, tamén nos ides convencer que esa SUBVENCIÓN ben foi gracias á vosa xestión?, porque recórdovos que ao contrario que na pasada lexislatura, nesta ocasión vós e o Bloque non tendes a famosa saca, como largou no seu día Ánxela, sendo a concelleira de obras.

Na nosa casa xa temos ben claro a quen non vamos votar o próximo 24 de maio.

Ao igual que se lle recomenda aos do Bloque que xa que teñen tantos mestres nas súa filas, procuren non cometer faltas de ortografía de infantes, vós intentádeo tamén que algún profesor anda polo medio.

Anónimo dijo...

Custoulle Nordés Porto Do Son MENOS MAL…, NON ERA SEN TEMPO!!!
En 4 ANOS … o alcalde consigueu UNHA SUBVENCIÓN!!!
Costoulle arrancar (normal, porque non sabe), pero grazas ós bos consellos que lle estamos a dar, está EMPEZANDO a facer os deberes!!!
Sí SEÑOR!!!

Agora resulta que quen está gobernando na sombra é o bloque. Tanto presumen de ensinar que seguen escribindo fatal (normal porque non saben) solo saben presumir do que non son.

https://www.facebook.com/1508829902699265/photos/a.1508829936032595.1073741825.1508829902699265/1575817542667167/?type=1&theater

Anónimo dijo...

No BNG pecan demasiado do Trastorno narcisista de la personalidad:
Un patrón general de grandiosidad (en la imaginación o en el comportamiento), una necesidad de admiración y una falta de empatía, que empiezan al principio de la edad adulta y que se dan en diversos contextos como lo indican cinco (o más) de los siguientes ítems:

Tiene un grandioso sentido de autoimportancia (p. ej., exagera los logros y capacidades, espera ser reconocido como superior, sin unos logros proporcionados).
Está preocupado por fantasías de éxito ilimitado, poder, brillantez, belleza.
Cree que es "especial" y único y que sólo puede ser comprendido por, o sólo puede relacionarse con otras personas (o instituciones) que son especiales o de alto estatus.
Exige una admiración excesiva.
Es muy pretencioso, por ejemplo, expectativas irrazonables de recibir un trato de favor especial o de que se cumplan automáticamente sus expectativas.
Es interpersonalmente explotador, por ejemplo, saca provecho de los demás para alcanzar sus propias metas.
Carece de empatía: es reacio a reconocer o identificarse con los sentimientos y necesidades de los demás.
Frecuentemente envidia a los demás o cree que los demás le envidian a él.
Presenta comportamientos o actitudes arrogantes o soberbios.
E Ánxela desde que en La Voz de Galicia a nomearon a Dama de Ferro, pensa que é o epicentro do Son.

Xa fai 4 anos quíxonos vendela vaca que todo o que fixeron trala moción de censura foi grazas a eles deixando en mal lugar ao PSOE, a "xogada" saíulles parcialmente ben, xa que quedaron por riba de eles, e a pesar de que partían coa vantaxe de facer catro chapuzas de última hora, non foron quen de gañarlle ao PP, incluso despois da xogada que lle fixeron a Tomé. Estou por asegurar que se fose el o candidato, aínda arrastraría máis votos, visto o que fixo con unha maioría relativa.

Como ben dixeron por aquí como agora na Deputación non desgobernan os seus, para repartilas sacas co PSOE, pouco lles faltou para dicir que levaron da man a Luis, para que soubese como pedila subvención para estes saneamentos.

O chocante é que non tomen medidas para cometer tantas grallas gramaticais como mesturalo castrapo, co galego e co castelán.

Anónimo dijo...

Vai por varias veces que se critica os erros gramaticais do BNG. Somos moitas persoas, eu cóntome entre elas, que non escribimos un galego perfecto, máis sí un galego aceptable. Non todos podemos ser "catedráticos da linguaxe" coma Vde. Hai algo que chamou a miña atención "grallas gramaticais", refírese a erros gramaticais?. Eu, o presuposto non da para máis, manexo un dicionario de Xerais e outro de Ir Indo, 1280 e 2152 páxinas respectivamente, segundo a numeración das mesmas. Pois ben, gralla : paxaro da familia dos córvidos..., berro do corvo e persoa moi paroleira. Esas son as acepcións que figuran. Ao mellor resulta que a xente normal non temos a "sapiencia" de Vdee., nin tampouco os seus cartos para adquirir dicionarios super completos. Penso que Vde. peca de orgullo, de vanidade e cecais sexa Vde. o ou a narcisista... alégrome de que teña un gran coñecemento do galego, pero non todas/os temos esas oportunidades. Que lle parece que en carteis do Concello figure "móvil" no canto de "móbil" nun curso para o manexo de teléfonos, e outras palabras... Xente coma Vde., tan "tiquismiquis" é a que fai aborrecer o Noso Idioma, logo falan do "integrismo lingüístico" do BNG, pero, en Vde. temos un exemplo de quenes fan aborrecer o galego, por excesivamente esixentes...

Anónimo dijo...

Unha xente que presume de dar clases á oposición, como se ten dito con tantos mestres nas súa filas debería coidar un pouco máis como escriben, xa que estarían dando un mal exemplo aos seus alumnos e alumnas.

O raro de todo o que escribín vostede solo se quedase coas "grallas gramaticais", e non diga nada que no BNG, son moito de cambiarlle o apelido á xente, coma a Feijoo ou Rajoy. Iso si que é unha falta de respecto e outra forma de narcisismo.

Anónimo dijo...

Autoanalízate, que de seguro que quen sofre o transtorno narcisista sexas posiblemente ti. En canto as referencias que fas de Anxela, moito que che pese é a política máis competente que ten o noso Concello nestes momentos. Sen tanta titulitis, e sen tanta pose coma outras que temos neste momento que non teñen nada mais ca "revoltura mental". A candidata do BNG terá os seus erros, pero ninguén pode negar o traballo que fixo cando tivo a responsabilidade de obras no axuntamento, ben é certo que tamén se lle pagaba para iso. Outras cobran e cobraron e en fin..... fan o que fan e fixeron o que fixeron. Ainda que che moleste direiche que Anxela é un diamante sin pulir, que con reponsabilidades de goberno e rodeada dun bo equipo deixaría o Son que non o coñecería nin a nai que o pariu.

Anónimo dijo...

Buenooo, cuidado: "é a política máis competente que ten o noso Concello nestes momentos. Sen tanta titulitis". Pues hace años bien que presumían en los mitines de gente con títulos. Meigome, Varela, Gonzalo.

"Pero ninguén pode negar o traballo que fixo cando tivo a responsabilidade de obras no axuntamento". Pues el pueblo no pensó lo mismo y eso que como tu dices mira desde que posición partía: colocando farolas y un par de enchufadas.

"Ainda que che moleste direiche que Anxela é un diamante sin pulir, que con reponsabilidades de goberno e rodeada dun bo equipo deixaría o Son que non o coñecería nin a nai que o pariu". Vaya que tome nota XanXo y Carballo de lo que piensas de ellos.

Autonizate y deja la "hierba" para las vacas ahora que escasean.

Anónimo dijo...

Anónimo 19/3/15 17:15. Non sei se Ánxela ten avoa, non obstante contigo ten unha boa candidata.

Anónimo dijo...

Non se trata de ser "tiquismiquis" ou excelsos no uso do galego, do que se fala aquí é que, como representantes do pobo, deberan manter unhas formas e coidar o uso da lingua. O BNG do Son foi o primeiro en criticar a mala redacción dun escrito de Oujo e, como ben di o refrán, non cuspas cara arriba que adoita baixar, e aquí estanllo a ter en conta en cada escrito do Nordés que redactan.

Cousa á parte son as formas empregadas na redacción, totalmente fóra de lugar no estilo que debera manter un representante: maiúsculas, exceso de exclamacións e cousas así, son sinónimo de falta de respecto e máis propio do que eles denominan "conversas de taberna".

Non fan falla dicionarios, o castrapo está admitido no galego, inda que é máis enriquecedor para o idioma facer uso das formas propias galegas. O que non debe admitirse é o feito de usar castelanismos que son derivados de falar no cotiá en castelán, así que, como benfeitores do galego (que é como se denominan), deberían coidar máis ese tema. Que si, ao falar é moi tendencioso empregar os castelanismos, pero na escrita deberan revisalo a fondo. E o que máis "molesta" é que teñen mestres dentro do organigrama e permitan isto (mais se son mestres que educan aos fillos en castelán, así nos vai).

"Gralla" é certo que non aparece no dicionario, é un préstamo da norma AGAL (reintegrado) que está a ser introducido na normativa RAG; cousa que non pasa co termo "proibir".

Anónimo dijo...

Pois direiche que nunca os escoitei presumir de títulos, pero ben é certo que de pouco lle serviron os mesmos o fronte do Concello, tal como reflexaron os resultados electorais polo tanto, vaite tomando nota polo que poida afectarche. En canto o menosprezo pola instalacions de farolas, cativiña política podes ser ti si menosprezas unhas peticións tan básicas que fan os veciños. Corres perigo cando che "pon" tanto o tema eléctrico, coidado non vai ser que saias electrocutada.
Deixa de empolvarte o nariz por aquilo de "cuanto más natural, mejor", e ademais non che senta ben para esa revoltura mental.

Anónimo dijo...

Pues de títulos era de lo que presumían en sus mitines y curiosamente el que hacia esa mención, no los tenía.
Y en cuanto as las farolas era de lo que tanto acusaban a Groveiro y a Quintáns, así que copiando tus argumento, ellos si que menospreciaban a los vecinos por sus peticiones básicas.
Ya vez, no hay nada como tener buena memoria y guardar cierto panfleto que no me llevó el Nordés, como llevó a algunos que querían llevar a otro por delante y que como no perdió ningunas elecciones, se tuvo que juntar el hambre con las ganas de comer.

Anónimo dijo...

Mira, penso que primeiro hai que aprendelo galego o mellor posible, logo xa teremos tempo de falar dun achegamento ortográfico ao portugués... gustaríame verche na concellalía de cultura, seguro que non tardarías un mes en adaptalos escritos, que tí ques tan "galego perfecto" a un galego máis popular... O día menos pensado pos a "parir" a Rosalía de Castro "polo seu galego" ou a outras personalidades da Nosa Cultura. Pero si algo tan elemental como Casa da Cultura, figura en moitos carteis do noso concello coma Casa de Cultura, e, con toda humildade, penso que non é o mesmo, porque non é igual Casa de Chocolate que Casa do Chocolate... pero boeno... cando se persigue tanto o uso do idioma por parte de alguén e mírase para o outro lado en erros tan de "ensino primario" en pleno século XXI, xa nos da unha idea de por onde van os "tiros"

Anónimo dijo...

O que está claro que se a crítica fose contra o PP, non lle sairían tantos defensores. Polo que vemos a crítica vai dirixida contra algúns que presumen en público de falar máis galego que ninguén e por iso están en toda manifestación a favor do seu uso, e despois escriben como escriben.
Como se di arriba, falando a calquera lle pode saír unha palabra en castelán, pero na escrita deberían coidar ese erros.

Anónimo dijo...

Críticas, queixas, só se vern lamentos. Qué difícil é gobernar. Que si déspota e prepotente nos plenos..mentira: Nunca se viron plenos con tanta tolerancia, empatía e educación que no Son Que a radio e a prensa extán compradas...Mentira. Ambos medios gozan de prestixio po la sua imparcialidade. Que si se lle insultou a Anxela denigrando o seu traballo..que si o traballo dignifica..Nin que fora obrigatorio saber qué significa dignidade. Que si hay adxudicacions a dedo...Mentira. Nunca houbo tanta transparencia nas licitacions, con sobres pechados e luz e taquígrafos. Que si a pedra..A pedra? Qué pedra?. Ah sí, a pedra...Eso e una simple coincidencia. Que si hay empresarios que non poden concurrir por non ser clientes...Mentira, Calquera pode, e si non que o digan os vinte ou trinta que se queixan...Que si os fondos Feder e ptmos. Ico van pa quen van..Mentira. Só hay unhos 2 millons de autónomos que o poden acreditar. Que si o Viveiro de Empresas...Nunca o tecido empresarial tuvo raices tan vigorosas...Que si o Plan Urbanístico favorece determinados intereses...Mentira, favorece a os cidadans (Eso é verrdade, a algúns cidadans máis que a outros). En definitiva, nunca O Son foi unha referencia hasta agora no eido empresarial, referencia turística, faro de emprendedores, envexa de outros concellos por os éxitos no deporte,(en especial o fútbol e a canteira), cultura, xente do mar, etc. Sé fuerte, Luis.

Anónimo dijo...

Cada quen é prisioneiro das suas palabras e aínda máis das suas actuacións. E o que temos nos guste ou non é unha decisión do grupo de goberno municipal, que ben fora por prepotencia ou por ineptitude produciu un grave perxuizo pecunario os nosos veciños. O plan de Aforro e Investimente perdeuse por unha decisión de quen ten a responsabilidade de gobernar. No pleno a oposición pideu que se adicasen os cartos o pago de préstamos e o mandamais nun intento de demostrar a sua autoridade quedou cas vergoñas o aire. Falta saber si o asesorou a cuñada ou a outra que ten con dedicación xa que renunciar a aforrar os cartos dos intereses bancarios de máis de 200 mil euros que foi o que propuso a oposición ten "bemoles". Teremos que ir tomando boa nota os veciños.

Anónimo dijo...

Unha pregunta agora que a oposición ten maioría, por que non solicitaron a convocatoria dun pleno extraordinario e demostrar que eles estaba a favor do PAI, como nos queren facer ver?
Ou só fan uso da súa maioría con unha tránsfuga para dicirlle a Luís quen manda agora, aínda que g... ao Son?
Por que non aproveitan esa "MAIORÍA" para reducir parte desas dedicacións e co que nos aforramos, axudar a liberar eses intereses bancarios?
!NAS SÚAS MANS ESTÁ!

Anónimo dijo...

como o BLOQUE pode dicir un día que se perdeu o PAI e agora afirmar que dixo en Nebra, que o saneamento en Resúa se ía facer con el.
É ben certo que se pilla antes a un mentireiro que a un coxo. Estas cousas pasan porque non miran o que escribiron o día anterior para non metela pata como parece que a meteron aquí.

Anónimo dijo...

Pos moi sinxelo: primeiro a boas horas mangas verdes, a lexilatura está a piques de rematar e aínda así con esa acción non se conseguiría recuperar o perdido. Segundo na oposición tamén hai tránsfugas como xa se viu nalgún pleno. Un transfuguismo na sombra alimentado polo mandamais a conta de deixar o aproveitamento de locais e instrumentos públicos, un feito que permitiron e alentaron antes os socialistas. Dignidade a ras do chan PP-PSOE

Anónimo dijo...

Si, si está a piques de rematar pero non actúan, non vaia a ser que salte a lebre o 24 de maio e que logo teñan que axustalo cinto. Tampouco debemos esquecer que eses soldos tamén foron aprobados por Asunción, polo que non se entende porque agora o critique

En canto aos locais, o BNG foi tan culpable coma o PSOE de cedelos, e en Nebra, non terán asembleas pero hai xente que está dando e deron clases e seguramente non o fixeron altruistamente.