Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
13 marzo 2015
Convocatoria del pleno
Related Posts:
Apoyo unánime de O Son a los afectados por las preferentes:logo-ecg: | Terras de Santiago El pleno también formalizó la cesión de la parcela de la casa de la cultura de Caamaño El pleno celebrado en Porto do Son aprobó ayer por unanimidad una propuesta de la alcaldía en apoyo a los… Read More
La corporación sonense rechaza declarar personas no gratas a los diputados del PP en Madrid:logo-lvg: | Barbanza Los afectados por las preferentes acudieron a la sesión para defender la propuesta Durante más de una hora, los miembros de la corporación sonense de todos los colores políticos y miembros de la plataf… Read More
La nueva ordenanza de limpieza sonense enfrenta al ejecutivo con la oposición :logo-lvg: | Barbanza BNG y PSOE dicen que la norma choca con el modelo de Serra do Barbanza El ejecutivo de Porto do Son aprobó inicialmente en el pleno de ayer, haciendo uso de su mayoría, la nueva ordenanza municipal de … Read More
El ejecutivo sonense renuncia a la paga extra de Navidad en solidaridad con el personal municipal:logo-lvg: | Barbanza Al igual que ya anunciaron en su día otros mandatarios de la comarca, el ejecutivo de Porto do Son, con Luis Oujo al frente, comunicó que tanto el alcalde como los ediles con dedicación exclusiva renunci… Read More
Los festivos locales del 2013 en Porto do Son serán el 11 de febrero y el 9 de septiembre :logo-lvg: | Barbanza La propuesta del equipo de gobierno fue aprobada en pleno Los vecinos de Porto do Son disfrutarán en el 2013 de dos festivos locales. Las fechas serán el 11 de febrero y el 9 de septiembre, tal y com… Read More
17 comentarios:
Solo con mirarlle o dedo a acusador de Ánxela e a man serea de Luís, sobran outras palabras El pleno de Porto do Son da luz verde a la modificación del proyecto de la piscina
Solo o dedo? A foto é todo un poema, non solo pola expresión na que parece que vai a explotar e que parece dicir: aquí agora mandamos nós, e o apagamento que lle fai o alcalde ou as caras serias dos que están ao seu lado.
Hai que felicitar a Marcos por saber captar ese momento, aínda que seguramente a Ánxela e aos seus, seguramente non se sumen.
Mentres Ánxela se opón a empedralo entorno da gardería, Bieito en Noia fai coa oposición de algúns veciños:http://www.xornalmurosnoia.es/2015/03/duras-criticas-nas-redes-sociais-obra.html
Dende logo o que non sabía é que en Porto do Son tivésemos tan alto nivel ao estilo CSI. O día menos pensado participades nalgunha desas series. Felicidades, seguro que ata teredes un Óscar por interpretación e analítica tan concienzuda. Mágoa que non aproveitedes esta páxina para dar alternativas e ideas para que Porto do Son progrese. Cecáis froito de ver tanta telebasura por iso só ides á crítica. Por certo ¿fóstedes ao Pleno?. Alí houbo temas interesantes a tratar, e tamén foron de interés as intervencións... O dito máis solucións e menos críticas destructivas...
Permítaseme, con toda humildade, propór á próxima Corporación Municipal xestionar a instalación de bateas na nosa parte da ría, penso que sería factible ¿ou non?, xa que a "magnífica e todopoderosa" Cofradía de Pescadores San Telmo, parece que está máis preocupada en manter unha lonxa baleira e "acadar" subvencións para hostelería... igual o Concello pode facer algo, do mesmo xeito propóñolle a esa nova Corporación que busque unha utilidade aos solares do Tendedeiro e máis ao que quedou sen edificar alí na zona do Brañón, aínda que sexan un par de pistas deportivas ao aire libre, velódromo, etc. Mellor sería algun ha empresa que non tivese impacto ambiental que dese a nota : cooperativa de conservas "caseiras", textil, mesmo de bolsas e papel de comercio para envolver... algo que cree postos de traballo, pois penso que é o máis urxente no noso concello...
Estes bloquistas cada vez andan máis desnortados. No penúltimo pleno fuxiron sen responderlles aos veciños e veciñas que agardaban polo saneamento como auga de maio e logo publicamente chámanlles energúmenos e acúsanos de confundir o pleno con unha taberna.
Esta noite volven a carga no seu Nordés con isto: OUJO O DIDATORIAL O alcalde proibelle falar os veciños nos Plenos!!!
Para descoñecelo contido do escrito parece que saben moito.
Sempre pensei que a oposición era quen tiña que velar polos intereses dos veciños e se é certo o deses 3.000 € denuncialo, e non a directiva dun club de Fútbol, salvo que algúns dos seus integrantes queira xogar a político ou subirse a unha lista. Con esa AFIRMACIÓN, parece que saben moito máis do escrito que afirman descoñecer.
É para falar de prohibir falar ós veciños, que miren nas súas filas a 2 candidatos que levaron hai 4 anos e que levan 2 ANOS, prohibíndolle falar ós veciños de Nebra falar nas asembleas, ¿e como? Pois non convocar ningunha nese tempo cando cada ano terían que celebrala ordinaria.
Os únicos con fundamento para escribir isto serian o PSOE ou Asun, pero claro queren ser o centro da terra, cando está ben claro, que no medio teñen xente máis DITATORIAL que prohíbelle falar os veciños nas asembleas!!!
Eu proporía, tamén, un par de roteiros de muíños. Temos bastantes no noso concello. Ademáis crearíanse uns postos de traballo ao facer as correspondentes restauracións e tamén guías para visitas. Iso sería un aliciente máis para visitar Porto do Son.
Desgraciadamente Porto do Son, en principio, afronta unha eleccións municipais con pouca alternativa de progreso, xa veremos logo as caras. PP xa sabemos, os reis da privatización : sanidade, educación, cultura, a nivel xeral e no local, promoción inmobiliaria sin ton nin son, inmobilismo... PSOE, "reis" da desfeita urbanística e tamén de "privatizar" coma o caso de montar unha escola de música privada nun local público. O BNG quedouse obsoleto e pasouse a lexislatura en stan bay. Quiñoy, dedícase a "pescar" neste río revolto, e faino moi ben para os seus intereses. Asun? Isa é a grande incógnica e pode sela esperanza. Pero non nos precipitemos e agardemos unha renovación de caras, en caso contrario, si van as mesmas persoas nos catro primeiros postos, poderemos aplicar as primeiras definicións...
Eu tamén penso que é urxente crear empleo en Porto do Son. A nova corporación ten aí o gran desafío, o gran reto. Hai que pensar en alternativas: cooperativismo, o das bateas é boa idea, así coma un estudio das posibilidades de marisqueo (eu teño oído ao meu avó falar do marisco que había no areal da Aguieira. As rotas dos muíños sería unha boa alternativa, e para turismo de todo o ano (penso que é un erro seguir crendo no turismo de verán, de praia) como teñen feito as corporacións anteriores e a actual. Débese fomentar o deporte con máis pistas, seguro que no concello hai lugares de sobra, pero accesibles, non como levar a piscina para A Tarela, cando podía estar nos xardíns da explanada do "Peito" o na zona do "Tendedeiro". Así que ánimo e a traballar, futuras/os concelleiras/os.
Alegra ver, nun foro no que se escribe tanto dende o odio, demasiado odio, algunha alternativa por parte das nosas veciñas e veciños. Eu penso que deberase repoboar montes con especies autóctonas e promover algún tipo de gandeiría. Tamén ir a máis especies frutais, que logo poderían dar paso a algunha cooperativa. Temos un concello de 95 quilómetros cadrados para pouco máis de 9000 habitantes, así que imaxino que haberá superficie para dedicar a iso. Trátase dunha explotación racional dos nosos montes... non é difícil.
Sera a GRAN sorpresa.
A sorpresa será saber de quen vai ser a "marca branca"? Caso de volver a quedar así a cousa, aínda que gañe o PP, xa podemos intuír, quen vai pasar á oposición, e se agora nos queixamos dos soldos, con tres mandando non digo nada.
Aquí, ata o día de hoxe, as marcas brancas son Gonzalo Pérez e Manel con AVS e Quiñoy con IPS e AVS
A esperanza decides que está posta en Asun, pero coidado ca candidata do PSOE e a limpa que seicas fixo. Eu as duas veces que pasei por ali, non vin a ningun dos chupadores de sempre. Solo vin a chavales e traballando ou debatindo frente a ordenadores. Xa será o que sea, pero ..... o que se lles ve non ten mala pinta.
De momento xa leva un par de piafas. O vídeo e outra cousa que lin noutro comentario.
Sabe dios si no local do PSOE están traballando ou xogando ó Candy Crash, movemento hai pero xa veremos de que tipo
Os do PP xa sabemos que van polo puñetero interés particular, e o de levar a Manel si que é unha pifiada que lle vai salir ben caro. Quiñoy seguro que se arrima a calquera. O Bloque está tan caduco que Ánxela xa parece Merkel. E de Asunción non olvidemos que si non vai co PP é porque houbo cruce de intereses con Oujo, vamos, o de sempre por moito partido novo que sexa.
Para min a única esperanza é a tipa esta nova do PSOE, polos bares fálase de completa renovación, pero xa veremos cando se sepan oficialmente quen leva na lista
Publicar un comentario