03 enero 2015

Gracias por seguirnos a lo largo de estos cinco años

Tras este paréntesis por vacaciones, dejaremos de actualizar el blog. El motivo no es otro que la entrada en vigor de la Ley de Propiedad Intelectual.

Coalición Prointernet: "La Ley de Propiedad Intelectual da la espalda al desarrollo de la red"

No obstante seguiremos publicando toda la información que nos remitan y también publicaremos sus comentarios y sugestiones.

48 comentarios:

Anónimo dijo...

Non entendo porque algunha xente para desacreditar ao equipo de goberno use despectivamente o termo: O Concello da pedra, e o que é peor que a algúns do BNG lle guste esa crítica, esquecéndose que cando eles gobernaron, tamén usaron este elemento e moi mal como aconteceu na praza de España.

Anónimo dijo...

En el bloque mucho copiar de otros partidos con sus ya famosas asambleas abiertas, aquí en el Son ya tuvieron una, mientras tanto niegan esa posibilidad a los vecinos de Nebra, según denuncia uno de ellos.
http://nebra1.blogspot.com.es/2015/01/vinte-meses-sen-asembleas-e-con-unha.html

Anónimo dijo...

Algunas y algunos igual preferíais el caos que siembra en Muros una alcaldesa que se denomina a si misma progresista. http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/compromiso-galicia-pide-igualdade-nas-execucions-das-obras-muros/idEdicion-2015-01-22/idNoticia-911920/
Muchas obras que está llevando a cabo este equipo de gobierno, son eternas promesas de otros que ahora se suman a estas quejas y no se cortan en sus perfiles de facebook que les gustan estas acusaciones.

Anónimo dijo...

As cousas non son brancas ou negras, existen as cores; tampouco se trata de "Xan ou Perillán", existen Ana, Eva, Xosé, Antón...Moito menos trátase de PP ou o caos... A mín gustaríame un Equipo de Goberno que Gobernase, iso implicaría moito amor e sacrificio por Porto do Son e as súas xentes. Porto do Son é un Concello que pasou de superar os 11000 habitantes a contar cun 9500 na actualidade. Quedouse sen a pouca industria que tuvo e case sen comercio, non hai máis que falar con persoas de 50 anos e dirannos o comercio que había e hoxe non hai. Eu xa levo 10 anos traballando en Catalunya. Acabei na Universidade e, en vista do panorama... maleta e viaxe... Botei tres meses ata atopar o emprego que teño na actualidade; tras mín viñeron a miña moza e a miña irmá... Porto do Son ten a desgracia, penso eu dende esta distancia, aínda que viaxo a Porto do Son varias veces ao ano, como agora, dicí que ten a desgracia de políticos que non ven máis alá dun asfaltado ou dun alumeado público. Sorprende a cantidade de erros que hai nos letreiros das rúas... pero iso case é o de menos. A Porto do Son, coido que sendo Manuel Tomé alcalde, desprazábase un equipo da policía para poder obtelo DNI, agora hai que ir dúas veces a Noia ou a Ribeira unha. Porto do Son perdeu as gardas médicas no Centro de Saúde. Os nosos políticos e as nosas políticas non soiuberon nin saben xestionar. Non foron capaces de traer unha soa industria. O polígono industrial xa era un proxecto de Groveiro no ano ¿1993?. Estes días comentáronme que xa non hai asociación de empresarios, Portosín parece que está creando unha. O tanatorio, segundo a prensa vai ir agora, cando veñen as eleccións... estase facendo unha gardería que pregúntome para quén, tal como vai a taxa de natalidade e emigrando a xuventude... A piscina, igual se inaugura en vísperas electorais... pero ¿tantos anos para iso? ¿cántos millóns van gastados? ¿cómo a van a manter?. Ou moito muda isto ou terá que pechar, porque facela na Tarela, quedoulles a testa a ferver a semellantes lumbreras. Proxecto e idea boa eran facela na zona do Tendedeiro, como propuxo no seu día Pepe Maneiro, sendo candidato do CDS... Ogallá Porto do Son saiba elexir, pero para iso tamén é necesario que se presente xente capacitada, non "vividores" que só buscan un salario e unha cotización á Seguridade Social de luxo. Por certo, chamoume a atención a gran cantidade de persoal nas oficinas do Concello e a pouca que hai en servicios. Lembro a Groveiro nun mitin do ano 1979 cando dixo que un Concello asín non pode fuincionar, cando ten máis xente no puente que en cubierta. Iso pasa hoxe... Sería bo que aproveitasen este foro de internet para construir, para dar ideas, e non para caer en radicalismos e fundamentalismos... Pero cada pobo ten o que se merece...

Anónimo dijo...

o AMOR e o SACRIFICIO escasea en política. no caso do Son, nin políticos temos. Solo avenidos que, non tendo mellor que facer, achéganse ao caloriño dun cargo que lles ven dado en bandexa e a dedo (Oujo, Maneiro, Maneiro bis). Sabemos que os que realmente "mandan" están detrás, movendo os fíos (de cemento) que mellor conveñen aos seus intereses.
Solo hai que mirar para o Son como dicía o comentario anterior: máis vivendas ca nunca, menos habitantes, menos industria, menos comercios que nunca.
Basta con facer unha autopista para que podan vir os de Santiago a campar ás súas anchas (aparcando onde lles peta mentres toman as tapas, total aqui non hai policia local) e os do Son vaiamos comprar a Santiago. A Cultura, inexistente. O perfil de facebook desa concellería mete vergonza facendo de eco do señor alcalde, sobre todo nestes días antes da carreira electoral. Ogallá novas propostas veñan con ganas de TRABALLAR polo Son e polos seus veciños.

Anónimo dijo...

Teño unha dúbida, ¿se isto o fai o PP, que dirían os de Queremos Galego?
http://www.queremosgalego.org/wp-content/uploads/2015/01/CartazA3_ManiQG.jpg

Anónimo dijo...

e logo QUEREMOS GALEGO é unha formación política? Hai xente do PP que non comulga coa política antigaleguista do goberno de Feijoo (afortunadamente)

Anónimo dijo...

¿Onde dixen que Queremos Galego, é unha formación política?. Como vexo que non me entendestes vou ser máis claro, ¿os fillos dos nosos fillos, non teñen dereito a falar galego como as fillas?. Non fai moito uns grandes almacéns tiveron que retirar unha publicidade porque a Mesa pola Normalización Lingüística, tachouna e con razón sexista. ¿Isto que é?
Non tocante a antigaleguista, xa se ve cantos dirixentes políticos doutras formación usan preferentemente o galego e nalgúns casos, familias de nacionalistas. Máis política antigaleguista que na ditadura non a houbo e non por iso os que non tivemos a sorte de poder estudar galego, se o falamos é porque no lo ensinaron na casa, non na escola, pero claro é mellor botarlle a culpa dos nosos males aos outros.

Anónimo dijo...

Moi ben señor alcalde así se fai dándolle un uso a ese edificio, para que a Garda Civil, ocupe unhas instalacións dignas xa que os distintos gobernos de España non foron quen de facerlle o tan demandado cuartel.
E con respecto a Portosín, xa tardaba que alguén fixese unha proposta decente, xa que outros no seu día mutiláronlle a saída á estrada.
Oujo ya negocia abrir Portosín al mar y un local para la Guardia Civil

Anónimo dijo...

Mentres o casco histórico noiés será peonil, curiosamente antes das eleccións, aquí algúns agochados baixo o anonimato que nos dá Internet, dedícanse a criticar a este equipo de goberno por querer facelo mesmo, acusando ao alcalde de usar pedra da súa empresa,aínda que os traballos sexan executados por outras empresas, que me imaxino que son libres de comprar onde lles plazca. Así pasou coas marquesiñas que por ignorancia atribuíronllas á esa empresa, cando deberían saber que ese traballo foille encargado a outra radicada en Portosín.
Como igual saberedes algúns, agora despoticamente chámannos o concello da pedra. Non quero mandalos de novo a Noia, para que vexan como alí tamén a prefiren antes que o cemento.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/01/31/casco-historico-noies-sera-peatonal-elecciones/0003_201501B31C8993.htm

Anónimo dijo...

Ayer estuve viendo el objetivo de Ana Pastor, donde pillaron por mentirosos curiosamente a Rajoy y a Pablo Iglesias. Ya lo dice el refrán: Se pilla antes a un mentiroso que a un cojo.
Este no es otro pero se podía crear: Que pronto se convierte uno en casta.
¿La Sanidad española es la quinta más eficiente del mundo?
¿Tenía que pedir permiso Monedero para realizar servicios de consultoría?
Por si sois de los que adoráis a estos lobos con piel de cordero y sois de los que acusáis a los partidos de mentirosos cuando no dicen lo que queríais escuchar, ya os lo desvelo yo. El señor Monedero no solo tenía que pedir permiso en la Universidad en la que trabajaba, si no que tenía que reintegrar un 20% de ese dinero que salió del pueblo venezolano, no se os olvide, como aquí el ingresa el gobierno en Faes, que sale de nosotros, pero claro como en su caso lo reingresó todo en la televisión de Pablo, de ahí que lo defienda. Por eso termino con otro refrán: Nadie tira piedras a su tejado.

Anónimo dijo...

Non sei vos, pero como galegofalante síntome máis a gusto cando os sanitarios aos que acudo, me entenden en galego e mo falan.
http://www.mundiario.com/articulo/a-fondo/pablo-iglesias-mete-jardin-menosprecio-lenguas/20150118120841026227.html

Anónimo dijo...

De verdade que non entendo nada, Pablo Iglesias saíndo en defensa da súa moza, que xunto con seu pai regaloulles cartos dos seu pobo a seu irmán, motivo polo cal xa non é candidata de IU. ¿Actuaría igual se non fose quen é? Para Podemos hai castas, termo por se algúns non o lembra proven da India ou castes?
http://www.infolibre.es/noticias/politica/2015/02/05/pablo_iglesias_tiende_mano_tania_sanchez_27863_1012.html

Anónimo dijo...

Tanto o PSOE e moi especialmente o PP, son os menos indicados para falar do tema vendo os casos polos que moitos dos seu cargos públicos están imputados, aínda que recoñezo teñen dereito a sinalalos tamén co dedo. Se todos elucidemos pagar impostos, ¿con que se manterían os recursos básicos do noso benestar?
Podemos admite la irregularidad de Monedero, pero niega fraude fiscal
Desde el PSOE lo acusan de ser «el Bárcenas» del partido de Pablo Iglesias y la vicepresidenta del Gobierno apunta que si todos los españoles hiciesen lo mismo sería imposible mantener los servicios públicos
Monedero presenta una declaración complementaria
Regulariza así sus impuestos por los ingresos que percibió por asesorar a Gobiernos latinoamericanos, dos semanas después de que se desvelase que los había facturado a través de una sociedad
Se os paisanos da rúa non cumprimos a tempo co noso dereito tributario Facenda pode ademais de reclamarnos o que non pagamos, multarnos. Na noticia non di nada disto. Igual é que como son políticos tápanse uns a outros.
Monedero a Montoro: «No me das miedo, tengo las cuentas en regla»
El número tres de Podemos considera que les han «declarado la guerra»

Anónimo dijo...

http://www.outono.net/elentir/2015/02/06/asi-mintieron-monedero-y-pablo-iglesias-para-negar-el-fraude-fiscal-al-asesorar-a-venezuela/

Anónimo dijo...

Noia decide, pero non é mala esta proposta electoral que promete o PP.
http://www.xornalmurosnoia.es/2015/02/o-partido-popular-critica-inversion-na.html

Anónimo dijo...

Non son veciño de Caamaño, polo tanto descoñezo cantas veces acudiu a Caamaño o alcalde, pero á nosa parroquia acudiu máis veces el que calquera antecesor no seu cargo. Polo tanto tamén descoñezo se a señora Angela, nos 2 anos que foi vicealcaldesa acudiu algunha vez. O que si está claro é que pola depuradora non fixo moito e polo campo de fútbol que cando ía xogar alí pertencía á comunidade de montes, como presidenta e como edil de obras no seu día tampouco fixo moito: OBRA DE TEATRO DO ALCALDE DO SON HOXE EN CAAMAÑO.

Anónimo dijo...

Moi ben que tomen nota os veciños Resúa, Puilla, Eiravedra e Loreto, porque teñen que quedar sen saneamento.
http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/oposicion-son-obliga-dedicar-pai-deuda/idEdicion-2015-02-15/idNoticia-916292/

Anónimo dijo...

Sabes do que hai que tomar nota e moi boa nota? Pois de que a actual corporación quería aumentar a débeda do noso Concello, débeda moi pero que moi grande, e que temos que pagar cos nosos impostos, "que son poucos", ou non te decatas diso?.

Por se fose pouco o Concello perdeu un xuizo cunha traballadora, e "as lumbreras" do equipo de goberno prefiren pagar 10000€, dos petos dos contribuíntes, antes que admitir a esa profisionalo, que ben demostrou a súa categoría desempeñando o traballo durante tantos anos...

Non te preocupes pois outros xuizos virán detrás, porque xa están donde deben, e posiblemente volva a perder o Concello e tamén preferirán. Total, pagamos as parviñas e parviños cos nosos impostos. Aí, si a Lei obrigase a que pagasen estas concelleiras e concelleiros do seu propio diñeiro... pero o diñeiro do Pobo non lles dou, nin lles importa...

Sigue, sigue, defende as esta clase de políticos que vos manexan como queren, ou prefires que continúe aumentando a débeda e que che suban a uga, o lixo, vado, rodaxe de coche, etc... un cincoenta por cento?. Xa non falemos da contribución... porque eles non van a pór diñeiro seu, buscaranno a través dos impostos... Tan difícil é de entender que unha das prioridades de Porto do Son é amortizar parte da inmensa débeda que ten?

Anónimo dijo...

3197000€ (Tres millóns cento noventa e sete mil euros) esa é a débeda que o pasado mes figuraba na ficha do Concello de Porto do Son de "La Voz de Galicia", cando a miña filla consultou para uns datos sobre Porto do Son. Iso é o que debíamos as 9600 persoas que habitamos o noso Concello. Si le engadimos os gastos habituais do Concello cada ano : persoal, lús, teléfono, internet, mantemento de locais, persoal, políticos... imos tardar uns aniños en pagar, a menos que logo das eleccións de maio comecen a cargarnos a impostos, e xa temos os nosos bolsilliños con máis buratos que un queixo gruyére... Estou totalmente dacordo con que os políticos van con seguilos cartos dos nosos impostos, non a costa dos seus. Xa é unha vergoña que coste máis o noso goberno municipal que o de Boiro ou Ribeira que teñen 20000 e 25000 habitantes, fan ¡tres de Porto do Son! e cobran máis os nosos políticos dun concello de 9600 habitantes, isto é unha tomadura de pelo, isto parecería unha carnavalada se non fose porque levamos catro anos así. Xa antes cobraban o que cobraban, e pasábanse, cando tiñamos 17 concelleiros, pero é que agora baixamos a 13 hai catro anos, o cal indican que os políticos anteriores e máis estes non fan ben os deberes...

Anónimo dijo...

Non me dan as contas. Facendo caso ao que pregoou Ánxela no mitin que deu na casa de cultura e que tamén puxeron no Nordés que grazas a súa xestión saneou o Concello, deixándoo a 0, en catro anos é imposible gastar eses cartos, salvo que se tirase todo o Son para volver a levantalo.
No tocante aos soldos coincido porque é algo que vimos sufrindo fai anos, os segundos non poden gañalo mesmo que o alcalde. O que non pode ser é que algunha xente a pesar de dicir que non vive da política, leva en ela media vida e se lle deixan e os votamos aí seguiran.

Anónimo dijo...

Non podo dicirche nada do que mencionas de Ánxela, xa que non estaba alí e tampouco do Nordés. Prefiro creer que dixeron a verdade, pero xa sabes que na política dinse moitas cousas...
Peo en catro anos pódense ir moitos cartos : Festas (curiosamente das do Carme deixouse de poñer ao público as contas...), publicidade na prensa (custa máis do que parece), a emisora de radio, os salarios de políticos, do persoal (fixástete a cantidade de persoas que hai nas oficinas do Concello?, casi andan a tropezóns), gastos de mantemento (temos, se non me equivoco, 9 Casas da Cultura, si vas ao Concello alí hai calefacción a tope, igual que na Oficina de Deportes, o gasto do alumeado público, penso que tamén pagamos alumeado e calefacción dos Centros de Saúde, 3, en Portosín, na Casa da Cultura instaslouse unha caldeira e mercouse pellet, xa todo foi nuns 40000€) podíase continuar así e verás e decontado se chega aos tres millóns de euros en catro anos. Sin mencionar obras, claro está, pois aínda que haxa subvencións, o Concello ten que pór a súa parte. O Concello de Porto do Son ten unha morea de ordenadores por todas as Casas da Cultura e nas diversas dependencias municipais, canto se vai en papel e tinta?.Tamén o combustible dos vehículos... moitos e moitos euriños en gastos. Xa solo en consumo eléctrico e teléfono alucinaríamos...

Anónimo dijo...

Dende logo os cartos vanse das mans como a auga, do mesmo xeito que se nos van nas nosas casas, vanse na Administración.
Eu imaxino que se gasta unha gran cantidade de diñeiro en "plantas de temporada", cando se aproximan Semana Santa ou o verán, hai unha "renovación total". ¿Non se poden poñer plantas máis duradeiras?. Moitas veces pregunteime canto custará todo iso... ¿Canto custou o "trasatlántico" que puxeron no Cruceiro?. ¿Cánto custaron os letriros das rúsas? ¿non sería máis barato para o Concello sacalos a concurso?... ¿Canto gastan en publicidades as concellerías de Servizos Sociais, Cultura e máis a de Deportes nun ano?. Seguro que ninguén botou contas...

Anónimo dijo...

Levome ben cun concelleiro do PP e un día díxenlle: felicidades por arranxar a plazoleta da Casa da Cultura" Plazoleta na que fixera un "cristo" o camión do alumeado do nadal. El dixo : púdose facer antes pero había que pagar a obra", Eu respondín : pero iso é cousa da empresa ou do seguro do camión. El dixo: "pagamos o Concello". Quedeime de pedra, como se adoita dicir. O que me contou despois, dos motivos polos que pagou o Concello, é de auténtica pena... foron uns 30000€

S. Martínez dijo...

As contas non van dar porque Ánxela mentiu descaradamente, en 2 anos endebedaron o concello máis do posible.

Foi Manuel Tomé quen colleu un concello endebedado e conseguiu sanealo minimamente, tivo unha dura contenda cos empresarios que querían cobrar obras atrasadas (culpa doutras formacións precedentes) e Tomé solicitáballe facelo conforme á legalidade e non con facturas en follas de servilleta.

Logo, pasou o que pasou, chegou a moción de censura e tanto Ánxela como Pastor alegraron que Tomé mantiña débedas con empresarios, metéronnos a un novo crédito inadmisible para o concello, quixeron deixar a súa firma coa piscina, mercaron o inmoble do Museo do Mar con mentiras e enganos, meteron pedra tamén, moita pedra... pero claro, en política, estes sátrapas que levan tantos anos devecendo pola cadeira teñen moito alzhéimer, pero os excesos pagámolos os veciños.

S. Martínez dijo...

Conforme aos gastos que citas, uns apuntes:
- Salarios dos políticos: agora que a oposición é maioría porque non presentan unha revisión de soldos? unha baixada dos mesmos? NON INTERESA, porque se volven á cadeira logo aducen "así estaban, así os deixamos". Habería que mirar tamén quen foi o primeiro en subilos sen facer un baremo en tanto a poboación e impostos (se se pon un soldo máis alto do asumible mediante impostos/recadación, ano a ano o déficit aumenta).
- Exceso de persoal: coa xente que había xa no concello logo da moción de censura, Ánxela en 2 anos meteu máis xente. Agora toca manter a toda esa xente que foi metida a dedo e que non se pode despedir.
- Alumeado e servizos públicos: as comodidades páganse, cando antes andabamos sen farois, agora necesitámolos ata para ir mexar. Cando antes usabamos abrigos, agora queremos locais con calefacción a tope. E a parroquia que non ten o mesmo que a parroquia veciña, pedímolo e protestamos e dicimos que o alcalde se esquece de nós... E todo suma. Isto é outra cousa que necesita dun serio estudo: horas de uso, necesidade de manter ou renovar aparatos aforradores, necesidade de compartir instalacións e cousas así.
- Emisora de radio: este debía ser un medio mancomunado, todos os concellos da demarcación deberían poñer unha parte.

O das obras, xa son temas que se escapan ao que un veciño pode saber de certo (a menos que sexamos moi amigos e o saibamos de primeira man, todo se vai entre contos de taberna). O caso da piscina, Quintáns tiña un presuposto, Tomé dou outro presuposto que baixaba bastante o custo respecto ao de Quintáns, logo Ánxela e Pastor retomaron o de Quintáns tocando catro cousas no proxectado que ocasionaron que Oujo tivese que pagar un sobrecuste para amañar as modificacións introducidos polos anteriores. O caso das marquesinas, agora critícanas e foi o Bloque quen fixo as primeiras desas (para eles antes eran baratas e agora subiron o prezo, supoño). E isto pasará con todo, uns deixan pagos amarrados e outros teñen que seguilos, a bóla sigue e medra o déficit.

S. Martínez dijo...

Aí temos aos "carroñeros" do Bloque aproveitando desgrazas para facer notas de prensa. O desafortunado incidente ocorrido no campo do Caamaño non debería ser usado como arma política nun panfleto de mal gusto (grallas ortográficas incluídas).

Que necesaria era unha purga dentro do Bloque e retirar a estes dinosauros en pro de xente e ideas novas (a poder ser xente sen vinculacións familiares con eles, senón estamos nas mesmas). Con estes que hai agora, xa se sabe o que fixeron, non fai falla ir moi lonxe para saber que cando puideron, miraron para outro lado, e cando non están na cadeira de mando, acórdanse das peticións. Dan pena.

Veremos tamén que sae da asemblea do PSOE do Son do día 20, a intención é traer novas ideas e proxectos, pero a renovación terá que vir de xente que non faga de monicreque do José Luis Moreno sonense... bit.ly/1ychAP0

Anónimo dijo...

http://bng.gal/portodoson/2015/02/17/aqui-mando-eu/?fb_action_ids=859614054077422&fb_action_types=og.likes

Anónimo dijo...

Non é máis que un “facer que fago” para buscar réditos electorais con medias obras.
Notase que entenden ben disto.Algo así fixo en Noia o PSOE biaxando unhas palas á ría na zona de San Lazaro, despois gañaron as elecccións e o seu propietario sacounas despois de cobrar pola "foto". Eses veciños que vaia a Baroña mirar se a palas están alí de adorno ou trballando.

Anónimo dijo...

Nunca tivestes un accidente de coche verdade? Eu tiven un estando parado e veu que un que me deu por detrás (danos traseiros e frontais) o paisano como fora a súa culpa e por riba había testemuñas fíxose cargo de todo. Levei o coche para reparar a Noia e cando me chama o taller para comunicarme se me facía eu cargo dos danos de adiante porque a compañía responsable non se facía cargo. Ao final tiven que pagar todo eu e despois pleitear contra esa compañía, gañando por suposto, pero se non o reparara co tempo que pasou xa o podía mandar para a chatarra. Neste caso quero supoñer que o Concello anticpou os cartos para que os danos non fosen a máis por culpa das goteiras que dañarían non solo as pintura, se non a propia estructura do edificio. Moitos cruceiros /Eiroa Ponte de San Francisco) son tirados por coches os seguros non se fan caso, reparanos os concellos e logo reclamanlle ao seguro.

Anónimo dijo...

(1)
Martínez esto que pides es una utopía, la purga ya la hicieron los que se quedaron expulsando y haciéndole la vida imposible a quienes les podían hacer sombra. Solo quieren corderos y corderas como la nuera de uno de ellos y directiva en la comunidad de montes de Nebra. Entren al blog de uno al que expulsaron y que no se esconde bajo el anonimato como hace Mais Retranca, que por lo que crítica y viendo a quien le gustan sus publicaciones y como la comparten es fácil adivinar que ideología tiene quien se esconde tras ese falso perfil.

No pleno do venres 13-02-15, o BNG, afirmou que o PP xunto con AVS, pretendian aprobar unha obra na que se exigia que a pedra utilizada tiña que sair dunha canteira de lousame. Canteira explotada pola que e empresa do alcalde. Nos fomos o rexistro a consultar datos da empresa en cuestion, i non vemos por ningures que a empresa seña nin do alcalde nin da cuñada. Que vos parece? Por certo, a esta proposta votaron a favor o PP e AVS<

Anónimo dijo...

(2) Dialogo de sordos y no tan sordos:

Milo Queiruga Unha empresa k e do son e da tantos postos de traballo
Non o entendo vos k defendedes tanto o son Preferides a pedra de Alicante
Canto mais se hacercan as eleccion mais neviosos estades
Eu sempre defenderei a toda empresa k de puestos de traballo no son e a poder ser todo o gasto k o concello poda facer no son o aplaudirei

Milo Queiruga Sempre apollei a todos os partidos cando nos mandaron E cando fixeron cousas boas para o son eu recoñezolle os meritos Pero para vos e igual k vos fagan a catedral de santiago no medio da praza do son Seria o mesmo diriades k a pedra lla compraron asograni Mirade por os veciños sanamente e sin enredos k eso e o k keremos a xente k non nos dedicamos a politica
Unha perta mais retranca e relajate home k ainda falta para as eleccions e as urnas son as k mandan si tan mal o fan como dis o pobo e o k manda e saverao k ten k facer
Sala ken sala eu agradecereilles todo o bo k fagan para o meu pobo
Para min o mellor do mundo

Jose Manuel Sanchez Nn vexo rastros familiares ahi.

Ana María Pérez Eu riome por non chorar xa. Esto e xa un cachondeo,e o mais alucinante e que sempre ai quen apoie estes ladrons e nos queiran tapar ainda os ollos ainda decindo cousas boas deles

Margarita Romero Martinez Milo, o teu non ten nome.., ou si: "pasión"

Anónimo dijo...

(3)
Máis Retranca A ver si o entendín ben, segundo o bloque dous cuñados en situación de poder supuestamente, usan os cartos públicos para meter na empresa familiar. Segundo algúns, fan moi ben porque é beneficioso para o pobo. Entón digo eu, que carallo fan julián muñoz, a pantoja, etc no cárcere? Será cousa dos xuices que teñen moita malda e moita envexa da mala

Jose Manuel Sanchez Amen amig@ !! Nada que añadir

Marita Mayan Eu opino o mis.o que mais retranca, e ade.ais ? A xente que traballa nesa empresa e do concello?

Milo Queiruga O meu e pasion e chamar ladron a aljen sin demostralo e para aljo estan os xuzgados A eso como se le chama ?

Milo Queiruga Creo k fagan o k fagan e o mesmo Antes foy quintans e veña jen veña si non son dos vosis e o mesmo

Milo Queiruga Eu non vos dijo k critikedes o k se fai mal k sejuro k ahi mil cousas
Pero si pista de padrl , si farolas di osbares da praza e k tirades a tofo o k se mode
Aljo faran ben carallo Unha perra para todos Solo e a miña opinion pofo estar equivocado ou non Pero e a miña e e tan respetable como avosa

Milo Queiruga Perta

Jose Manuel Sanchez Ninguen di q atua opinion nn sexa respetable . Pois claro que si. Ninguen este encontra de que se poñan farolas sempre e cando a bara de medir sexa para todos igual faltaria mais. Pero sera de recoñecer que un home que era o jefe nunha empresa de pedr , faise alcalde e durante 4 anos todo e de pedra chegando a marcar nos contratos segun os seus escritos onde teñen que comprar a pedra as empresas é cando menos sospeitoso non? Eu alomenos nn estou encontra de q sefagan cousas no son seria tolo si nn quixera. O q si quero e q se faga da forma mais transparente posible e pidindo opinions da xente ou wn casos da oposicion e cando unha parroqui di que nn quere algo non poñerllo si ou si polo feito de ser de pedra. No concello entrase para mirar por todos da millor forma posible e creo que esta non é a forma mais favorable. Na miña modesta opinion.

Milo Queiruga Pero si ti crees k e asi por k non vas a o xuzgado e o denuncias por prevaricación en vez de decilo por face ?

Milo Queiruga Eu creo humildemente k si fora asi como decides a oposicion xa o teria metifo no xuzgado

Encarna Varela Por que non se pode comentar no face o que pasa nos plenos? Os plenos son publicos, podense grabar e calquera pode acceder a eles. eu penso que aqui nadie esta acusando, solo comentamos o que o bloque dixo no pleno. Que x certo, eu fun o pleno e teño que decir que en ningun momento nadie lle desmentiu a Anxela o que dixo.

Concepcion Lavid A través de la prensa seguí el tema y me parece un despropósito. Qué pena de pueblos que han tenido la desgracia de equivocarse en su elección. He vivido durante 20 años en ese municipio y tengo que decir que es el máximo exponente de que el pueblo se equivoca demasiadas veces al escoger a sus representantes. Prefieren amortizar deuda que favorecer a sus vecinos con obras que no deseen se apunten unos porque a los otros les da miedo. Qué pena de gente!!!

Máis Retranca Pena que haxa gobernantes dispostos a encher ben os bolsillos aproveitando o privilexiado cargo que ocupan....

Máis Retranca Pena que tantos entren en politica solo para sacar tallada para si ou para as suas empresas......e mais pena ainda me da ver que hai personas que lles aplauden......Asi vai o pais, con Julian Muñoz, Blesa, Urdangarin, Barcenas, Rodrigo Rato, etc, etc

Marita Mayan Louro tL hay que oir e da boca de quen...........

Jose Flk Eu non tño nada q decir q non votei pero daballe d ostias a todos a miña salud e gratis... despois jodialle a pedra e fasia unha chavola o lado da plaia....
Marita Mayan Louro Jajajaja

Anónimo dijo...

Nordés Porto Do Son

EXPLIQUE, SR. ALCALDE, EXPLIQUE OS VECIÑOS DE RESÚA, PUILLA, EIRAVEDRA E LORETO, (PERO SIN CONTAR MENTIRAS… QUE O COÑECEMOS E SABEMOS DE QUE PE COXEA!!!)…..

-Por que a estas alturas do seu mandato non están xa feitas as obras do seu saneamento?
-Por qué non se acordou deles ata agora que pasaron case catro anos de que está a gobernar?
-Por que quere acometer agora esas obras: tarde, mal e arrastro?
-Por que tanta urxencia de acometelas agora?
-Que interese ten vostede en facerlles os saneamentos “A MEDIAS” porque os cartos que hai non chegan para facer a obra totalmente REMATADA?

EXPLIQUE, SR. ALCALDE, EXPLIQUE…….. QUE ESPERAMOS ANSIOSOS AS SUAS RESPOSTAS!!!

OBRAS DE SANEAMENTO EN RESÚA, PUILLA, EIRAVEDRA e LORETO.pdf

Eles que gobernaron na última lexislatura 2 anos e moito máis atrás 4 e apoiaron incondicionalmente ao PSOE outros tanto, cantas parroquias sanearon?

Se pinchades neste enlace e logo a etiqueta: saneamento poderedes acceder a tódolos que levaron a cabo nesta lexislatura. Algo que parece doerlle a oposición, de aí que como represalia agora tenten explicarse ante eses veciños.

El 80% de la parroquia de Miñortos ya cuenta con saneamiento integral

Anónimo dijo...

Non me sirve mirar tanto ao pasado, así nunca se progresará. Que había máis soldos dos necesarios e, tamén, altos no goberno PSOE-BNG, iso témolo moi claro, pero non é excusa para que se manteñan. ademáis, Porto do Son pasou de 17 concelleiros/as a 13, por unha perda sustancial de poboación. Polo tanto debera haber un baremo á hora de cobraren, tendo en conta poboación e tamén ingresos locais, non subvencións e cousas polo estilo. En persoal digo o mesmo, sempre mirando ao pasado e non querendo mellorar... nestes catro anos tamén se colocou xente... pero como sirve de consolo o pasado... así nos vai. Claro que hai que pagar as comodidades pero é comodidade ou derroche ter máis lús artificial da necesaria en días soleados?, é comodidade ou derroche habendo un día con boa temperatura encender a calefacción?, é comodidade ou derroche o que pasa con varios coches municipais e os viaxiños a domicilios particulares?, é comodidade ou derroche deixar a calefacción encendida en usos múltiples dende o venres ata o luns?, para que seguir... total non hai peor cego que o que non quere ver. Que no pasado se fixesen cousas mal, moi mal, non xustifica as falcatruadas do actual equipo PP-AVS... por iso hai que premiar ao de AVS cun postiño na lista do PP en maio... Premio por non poñer ao público as contas das Festas do Carme?, premio por usar o coche para fins particulares?. Porto do Son ten o que vota, e o problema vén cando se equivoca tantas veces... Haber si en maio hai sorte e cóllese o rumbo cara ao progreso...

S. Martínez dijo...

Supoño que respondes o meu comentario, pero vexo que obvias o que interesa: non xustifico nin me serve de consolo o pasado para que estes fagan o mesmo. O dos soldos xa digo, se a oposición ten maioría, porque non presenta agora que pode un plan de revisión de soldos cun baremo en tanto a poboación e impostos?. O do persoal, sei que estes meteron xente e a eles me refería tamén, expliqueino mal no meu comentario (tirón de orellas para min). O dos servizos, tamén dixen de faceren un estudo da necesidade dos mesmos e horas de uso, non xustifico o derroche sen máis.

Isto que estamos a comentar é o traballo da oposición, non temos que vir catro persoas a este foro a dicir como cambiar as cousas, son eles que teñen oportunidade os que debían incluír nun pleno todos estes problemas, e deixarse de boas palabras ou carteliños no facebook dicindo "isto está mal" sen facer nada. O caso é, interesa cambiar as cousas?. Se interesase habería progreso, pero xa estamos vendo que non hai interese, desaparecidos durante 3 anos, ata que chegou o caso do da mestra de ESO no Son non houbo oposición; agora, en vistas das eleccións de maio algúns andan revolucionados.

E o de premialos, iso xa o farán os que voten en maio, dende logo estes moito premio non merecen: hai cousas que se melloran mais hai outras que se están facendo mal e iso non se pode negar nin xustificar cun os outros tamén fixeron. Como ben dis, o pobo xa se equivocou bastantes veces, fose cal fose a cor e os cromos repetidos ninguén os quere, así que veremos que din este ano as urnas.

Anónimo dijo...

Teés razóne a oposición real faise con comentarios en foros coma este. Xa nalgunha ocasión en que teño escrito escribín que a oposición en Porto do Son non existe máis que de nome, iso é clarísimo, e por iso vai todo como vai...

É de vergoña, e amosa a realidade, triste realidade, de Porto do Son, que o pobo teñamos que criticar soldos desmesurados, vista gorda en licencias urbanísticas: casa de Xío, casa subindo para Cabanela, casa do mandamáis en Baroña, agora mesmo estase restaurando unha vivenda en pleno casco xunto do Moullón que da a tres rúas e posiblemente sin licencia, que a reparación da cuberta da Casa da Cultura da Vila a pague o Concello cando debera facelo a empresa do alume4ado das festas ou a aseguradora do vehículo... para qué seguir?... e moito me temo que este pobo volva a equivocarse en maio, co cal xa nas eleccións do 2019 pasaría a ter igual 7000 habitantes e non sei si lle tocarían 11 concelleiras/os. Triste futuro... Xa ves que concordamos en moitas cousas... sí o problema non somos o pobo, o problema son as/os políticas/os...

Anónimo dijo...

Os veciños de Nebra van ter que buscar unha boa bruxa para que lles quite o mal de ollo ao que os ten sometidos a xente do Bloque, primeiro o presidente suspendéndolles per secula seculorum as asembleas:Vinte meses sen asembleas e con unha directiva ilegal... 21 XA.

E agora por se fose pouco, negándolles a posibilidade de ter o saneamento, se non agora como alegan, cando se conforme a próxima corporación municipal, como se fixo sempre en tódolos concellos e tódolos partidos que tiveron gobernos nas súas mans.

Esta é solo unha pataleta de última hora, para dicir que agora son eles os que mandan e que non se fai nada sen o seu permiso. En Maio van ter que dar moitas explicacións, non solo aos veciños de Resúa e Puílla, se non tamén aos de Loreto, Eiravedra e Beneso. Mentres tanto deixemos que sigan contaminado os acuíferos ou os ríos, cos seus pozos negros cando os baleiran.

Anónimo dijo...

Como non teño conta en El Correo Gallego contéstolle por aquí a Celeste que seguro que segue este blog
Luis Oujo se compromete a realizar los saneamientos que la oposición no votó
El alcalde de O Son anuncia que tratará de lograr financiación de la Diputación


1 comentarios
En año electoral es lo que toca, vender obras a toche y moche

Que al alcalde le entre la fiebre de las obras a solo tres meses de las elecciones y prentenda que el único papel de la oposición, que por cierto, tiene mayoría, sea que le digán "amén" no tiene nada de beneficioso para los vecinos y mucho de intentar mantenerse en el cargo.

Las obras no las paga el ayuntamiento, las pagamos los contribuyentes. Y usar fondos públicos para intentar aferrarse al sillón no está bien.

Es que se le ve el plumero a las leguas.

Celeste hace 12 horas

Non é así como no lo quere vender e notase que ou non é do Son ou escribe de oído.

Tódalas obras, absolutamente TODAS pagámolas os contribuíntes incluso os soldos dos que gobernan e dos que nos desgobernan, neste caso a oposición, que si, agora ten a maioría por unha tránsfuga que facéndome eco das súas verbas, antes tamén dicía "amén".
É totalmente FALSO que, non ao alcalde, se non ao grupo do goberno, lle entrase agora a febre de facer obras a 3 meses das eleccións.

Aí esta a Gardería, outrora tan prometida pola oposición, saneamento en multitude de aldeas e parroquias, arranxo de pistas e rúas no Son, ás que non se podía acceder en coche e que parecían do terceiro mundo, etc, etc.

Fáltanme obras polas que segundo a oposición nos levan á ruína, salvo que como desde outros foros os acusan literalmente de levarse os cartos, coma en casos probados e condenados pola xustiza, polo que máis dun debería recapacitar sobre o que escriba por moi anonimamente que pensa que poida facer ese tipo de acusación castigadas polo Código Penal.

"no tiene nada de beneficioso para los vecinos". Ou sexa que segundo esta tipa o saneamento non é beneficioso para os veciños? Para quen é logo?

Anónimo dijo...

Eu sí vivo en Porto do Son, e tamén son daquí. Tí mesma/o admites que pagamos as/os contribuíntes... incluso a quenes nos desgobernan, efectivamente. Entón, por qué non ques ver, ou te asesoras e verás que un saneamento costa moi, pero que moito máis... de dónde sairían posteriormente os cartos para rematar as obras?, pois dos nosos petos. O Concello ten moitas máis débedas das que se pensa, e hainas que pagar, así como hai que pagar os intereses dos préstamos... e tamén hai que pagar, bébese pagar, ás profesoras da ESO, ao profesor de piano, e ao persoal que está e estivo traballando e ten sen cobrar meses do 2014, ou ti e quenes defendedes ese gasto traballades de balde?. É moi importante ter saneamento pero, neste momento, hai moita xente no paro, e esa debe ser unha prioridade. A gardería, segundo o cartel informativo, vai costar máis de 300000€, iso nun concello que perde poboación a toda velocidade... non sería mellor investir eses cartos en creación de postos de traballo, xa sei que hai xente vivindo desa obra e logo contratarase, posiblemente a dúas persoas... pero mellor algo que "asegurase traballo permanente" a veciñas/os. Por certo, a gardería aínda non está aí, estará cando entre a funcionar e, xa verás, como non vai facelo antes de setembro do 2015, e que non teñamos unha historia como a "herencia" da piscina... que ademáis de facela nun sitio pésimo, o ideal era e é, o Tendedeiro, non se poderá manter económicamente, ogallá me equivoque, pero ca xente que está marchando, e aque vai marchar... "difícil me lo fiais hermano Sancho"... Hai que ser máis realistas...

Anónimo dijo...

Pois nada como o saneamento vainos custar un ollo da cara, fagamos como antes, facelas nosas necesidades nunha vaisinilla e despois vaciamolas no brañón. Claro que a gardería aínda non se inaugurou, pero xa non é unha promesa como antes e en canto á piscina, por que cando Ánxela se emperrachou en levala para a Tarela, non lle propuxestes esa ubicación, porque me dá a mi que tes información privilexiada.

Anónimo dijo...

Non homiño, ou mulleriña, non, non é cuestión de facelas necesidades como tí dís, é cuestión de prioridades nun tempo de moita crise...

Eu nin escribo ao ditado de ninguén nin tampouco en base a fanatismos, simplemente procuro ser realista, e podo equivocarme coma ser humano que son, pero a realidade da crise está aí, e que debemos mirar moito mellor que hai 10 anos en que investimos tamén.

Paréceme que vés moitas películas. De información privilexiada, nada de nada, simplemente informome do pobo en que vivo. Verás xa hai moitos anos, Pepe Maneiro, presentouse á alcaldía de Porto do Son polo CDS e4 nun pleno municipal, propuxolle, tanto ao equipoo de goberno como á toda a corporación presente, que se fixese unha piscina no Tendedeiro, con dúas bañeiras: unha de auga doce e outra con auga salada, o mar está alí cerquiña. Pensaba que sería moito máis aproveitable e beneficiosa o ter esas dúas opcións. Compartimos esa opinión moita xente, sin distinción de ideoloxías, e parecíanos unha proposta moi sensata. Máis ou menos foi así a cousa, xa vés, menos sálvame de lux e máis información...

O de levar a piscina para A Tarela, foi un capricho, dos varios que tivo, do Sr. Quintáns. Non sei se a Sra. Ánxela pudo ter feito algo por evitalo ou mudar de lugar da ubicación. Si pudo e nonno fixo, tamén tería parte da culpa, Si tí o sabes, aporta esas probas, todas/os cho agradeceríamos...

Anónimo dijo...

Queres probas?. Pregunta quen era a responsable de obras e mira o Nordés das eleccións de fai catro anos, aí tes tódalas respostas.

Anónimo dijo...

Hala zas en toda la cara. Si ya lo dice el refrán en boca cerrada no entran moscas.
Si es que a algunos os pierde la boca por la pasión política y es que ya os parecéis el perro del hortelano que no come ni deja comer.

La escuela infantil municipal de O Son abre el plazo de matrícula
Se pondrá en marcha el 4 de septiembre // Ofrece 41 plazas para niños de 0 a 3 años
Porto do Son. La Escuela Infantil Municipal de Porto do Son abre mañana el período de matrícula para el próximo curso escolar que comenzará el 4 de septiembre de 2015, según salió ayer publicado en el Diario Oficial de Galicia (DOG). En total se ofertan 41 plazas para niños de 0 a 3 años, en concreto 8 plazas para niños de 0 a 1 año, 13 para niños de 1 a 2 años y 20 para niños de 2 a 3 años.

Ahora que salga la oposición con su MAYORÍA a decir que es una manipulación del bipartito.

Anónimo dijo...

Bng Porto Do Son pone en su facebook en noviembre, sobre el tema de los campos de futbol, que el alcalde mantuvo varias reuniones con vecinos de Xuño y Caamaño; esa imagen del facebook Nordés Porto Do Son, que nos enlaza Anónimo (14/2/15 21:24), pone que en cuatro años no hablaron con los vecinos.

¿A quién creemos, al BNG de noviembre o al Nordés de febrero? No hacen más que contradecirse.

Anónimo dijo...

"Felicidades", una vez más, a las defensoras y defensores de esta política "especulativa y salvaje" del PP. "La Voz de Galicia" en su sección de economía, página 32 les da una "maravillosa" noticia : " Las tres grandes eléctricas, Endesa, Gas Natural Fenosa e Iberdola, se embolsaron el año pasado unos beneficios netos que suman 7.126 millones de euros, un 20% más que en el 2013, cuando alcanzaron los 5.900 millones". Sigan defendiendo esa política...

Anónimo dijo...

Podemos estar máis ou menos de acordo con este goberno, pero nos case catro anos de lexislatura, porque acudín a non menos de dúas na miña parroquia e polos bando que vin, tiveron máis reunións cos veciños e veciñas, que o PSOE e o BNG, cando gobernando xuntos, e iso que hasta a súa desfeita sempre os votaba, porque unha das súas promesas, o recordo claramente era que eles non ían facer coma o PSOE daquela de Groveiro ao que acusaban de ir solo polas parroquias a polos votos e logo non volvía en catro anos e que eles terían reunións fora das campañas para recollelas nosas inquietudes. NON LEMBRO NINGUNHA, SE ALGUÉN QUERE CORRIXIRME ESTÁ NO SEU DEREITO.

Anónimo dijo...

Gente e ideas nuevas. Viendo lo que le llamó a Paco Do Martelo, el cachorro del León, parece que aunque sea nuevo ya nació con las ideas caducadas, porque mientras lo acusó de manipulador no tiene valor para evitar que su mujer este en el epicentro del mosqueo de los vecinos de Nebra, porque no celebran asambleas ni se les dan las cuentas.
Si mi esposa estuviese en su situación, antes de llegar a eso le pediría su renuncia, en el acto, si no, por ella, por mi, porque no querría ser la comidilla de los vecinos.
Porque Luís celebraba los plenos cada 2 meses, pudiéndolo hacer incluso cada 3, su padre ponía el grito en el cielo, ¿por qué se calla ahora que su nuera no hace nada por evitarlo, o le tiene miedo al presidente?
Y en cuanto a los sueldos usted mismo lo dice, teniendo mayoría no actúan, no vaya a ser que en mayo les toqué la lotería y solo puedan optar a la pedrea, en lugar del gordo y alguna no le cubra dejar el reparto y al otro el aserradero.
Si no me falla la memoria en su día, el BNG y el PP, se aliaron para retirarle el sueldo a Quintáns a pesar de saber que no tenían razón como al final se demostró.
Acaso no se aliaron para impedir que tres parroquias no tengan derecho al saneamiento como las otras, con lo que me parece escusas banales y solo entre ellos y sus satélites comparten.