08 enero 2015

XV Concurso fotográfico

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Porto do Son, ven de convocar o "XV Concurso de Fotografía de Porto do Son".

Coa intención de recuperar a participación acadada en edicións anteriores, a temática en xeral volta a ser o Concello de Porto do Son: paisaxe, xentes, ....

Lembrar tamén que haberá unha área específica onde se valorarán aquelas fotografías relacionadas coa igualdade de xénero. Haberá importantes premios para os tres primeiros clasificados e a posibilidade de que o xurado poida conceder outros tres accésit, se a calidade das fotografías así o requiren.

O prazo de presentación das fotografías remata o 27 de febreiro.

Javier Quiñoy Taboada

Concelleiro de Servizos Sociais e Igualdade

Concurso
Concurso fotográfico

0 comentarios: