12 agosto 2015

DOG Nº 151 - S. X. de Política Social e D. X. de Familia e Inclusión

    RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, conxunta da Secretaría Xeral de Política Social e da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, pola que se publican as contías das transferencias finalistas efectuadas no exercicio 2014 ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
A Coruña | Concello de Porto do Son
Financiamento básico dos servizos sociais comunitarios municipais | 30.026,00 €
A Coruña | Concello de Porto do Son
Axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes | 79.265,40 €



15 Agosto - Festa da tortilla

Comisión Festas do Carmen 2015

15  de agosto ás 20:30h na Praza de España.

II Competición de Percorridos de Caza



Sábado 15 e domingo 16 celebrarase o segundo campeonato de tiro ao plato no Monte da Enxa, Porto do Son. Contaremos con cartuchos, bebidas e carpa. Ademais obsequiaremos aos participantes cunha camiseta. Haberá carpa.

10 agosto 2015

XV edición do 3x3 do Concello de Porto do Son



Catro categorías compoñerán a XV edición do 3x3: 
- Máster (home e mulleres): Maiores de 35 anos
- Elite (homes e mulleres): 1998, 1997 e anteriores
- U-16: 1999, 2000, 2001, 2001
- Kids: 2003 e posteriores (minibasket: 2003, 2004) (premini: 2005, 2006, 2007, 2008)

O prazo de inscrición remata o 12 de agosto. O sorteo das fases previas será na sede do Club Baloncesto Porto do Son (antiga Casa da Cultura de Portosin) o 14 de agosto, e o mesmo día serán expostos no blog do club: cbportodoson.blogpsot.com

O 3x3 kid's para nenos e nenas disputarase o sábado 15 de agosto no parque de Portosín. 
Todos os nenos e nenas que desexen participar poderán facer equipos de 3 ou 4 participantes. Os equipos da categoría máster poderán estar formados por un mínimo de 3 compoñentes e un máximo de 5.

Se queres participar e non tes equipo anótate mandando un correo a cbportodoson@gmail.com


Novo Circo con Peter Punk