Mostrando entradas con la etiqueta Ximnasio municipal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ximnasio municipal. Mostrar todas las entradas

31 enero 2013

O ximnasio municipal

Boas noites. Son usuario do ximnasio municipal de Porto do Son dende hai moitos anos, e vexo que hai cousas que non cambian, e é unha pena. Durante os anos que levo nel vexo como as máquinas de musculación vanse desgastando e corroendo co paso do tempo e o uso, e unha cousa normal en calquera maquinaria, pero existe a opción de cambialas ou de darlle un mantemento axeitado. Moitas máquinas que se estropearon algunha vez están "remendadas" non arranxadas, un par delas levan inutilizadas dende hai moito tempo. Non hai unha soa bicicleta que estea en perfecto estado, o resto das máquinas de cárdio tamén deixan moito que desexar. A hixiene brilla pola súa ausencia xa que as marcas das gotas de suor no chan duran días, os espellos.... en este caso non me refiro so a limpeza do persoal encargado deste, senón tamén da concienciación dos usuarios,tanto no tema da limpeza como do tempo de uso das máquinas. Tódolos usuarios do ximnasio, cerca duns 100, estamos pagando unha cota mensual e anual, e merecemos un bo servizo. pago = bo servizo. Saúdos a todos.

sonense22
29/01/2013 23:13