Mostrando entradas con la etiqueta Pio Costa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pio Costa. Mostrar todas las entradas

30 julio 2011

Barbancenses no seu recuncho: «Gústame sentir a pedra, o que foi a historia medieval»


:logo-lvg: | Barbanza

Unha ambulancia pasa pola rúa coa sirena prendida, Pío Costa agarda en silencio. De repente comenta: «Recórdanme a Barcelona, alá pasaban constantemente por diante da miña casa». Despois de 44 anos vivindo na cidade Condal, hai un par de anos retornou á súa Noia natal, segundo afirma, «por amor á terra». Vén dunha saga de artistas, catro de seus irmáns tamén se dedican á pintura e, algúns, tamén á escultura. Ademais, «aínda que meu pai era mestre, tiña moi boa man para a pintura. Penso que ven nos xenes, pois que cinco dos irmáns nos dediquemos ao mesmo, sería moita casualidade».

De pequeno collía as tellas que atopaba na praza do Tapal e pintaba nelas a igrexa de San Martiño. Sempre estivo vinculado ao arte, «a pintura é a miña maneira de expresarme». Pero foi no ano 1986 cando decidiu dedicarse profesional e exclusivamente ao arte. Afirma que «para algúns tomei unha decisión acertada, pero para outros foi arriscada e precipitada. Eu penso que cando sentes algo de verdade e te lanzas, ábreseche as portas», sinalou.

Defínese como unha persoa sinxela, «entregada ao meu traballo. Busco a paz e o equilibrio. Son moi constante no meu traballo e sempre intento aportar cousas novas, tanto novidades técnicas como experiencias persoais».

Outra das grandes paixóns de Costa son as pedras. Un dos seus lugares favoritos é a igrexa de Santa María a Nova en Noia, onde se exhibe unha colección única de laudas sepulcrais. «Paréceme un sitio con moita paz. Veño moi a miúdo, por non dicir tódolos días. Gústame sentir a pedra, o que foi a historia medieval».

A súa obra

Define a súa pintura como «figurativa con certas fantasías. Intento desfacer a realidade. Creo algo máis próximo á miña forma de ver a vida. Represento o meu mundo interior, digamos que é algo máis idílico».

Aínda lembra con entusiasmo as primeiras exposicións: «Son as que máis ilusións che fan. Cando ves as túas obras nunha galería sentes unha sensación de riqueza interior. Que alguén se interese polo que fas e manifestas a través da pintura é marabilloso».

A colección Amar ó mar estará exposta na casa da cultura de Portosín ata mañá. Puntualiza que «é un xogo de palabras que queda moi poético. Unha maneira entrañable de ver o mar. Céntrome neste tema porque era unha maneira de facerlle unha homenaxe aos mariñeiros. Entre os cadros podémonos atopar algúns da praia das Catedrais, da Barquiña, Noia, Muros, Portosín, Porto do Son, do porto de Barcelona e de Mallorca».

Xa ten en mente a seguinte exposición. Será sobre deportes olímpicos en Santiago, cara finais de ano: «Represento o corpo humano en movemento practicando a xavelina, natación ou salto de altura. Síntome moi vinculado con estes deportes e penso que os sei escenificar ben porque eu fun atleta profesional». Esta temática xa a mostrara en Barcelona no Museo y Centro de Estudios del Deporte del doctor Melcior Colet no ano 1993, tras os xogos olímpicos de Barcelona de 1992.

A pesar dos últimos traballos, prefire pintar temas urbanos: «Descubrín que o urbano forma parte da vida en si mesma. Os seres humanos dun pobo forman a temática do paisaxe, do que representamos».

59 anos
Pintor
Recuncho
Na igrexa de Santa María a Nova: «Veño moi a miudo, por non dicir tódolos días».

Relacionada
«Os colexios deberían levar aos nenos a exposicións e museos»

22 julio 2011

Arte a rebosar en las paredes de Boiro y Porto do Son

:logo-lvg: | Barbanza

Con mucho color y figuras geométricas por doquier ha hecho arte la boirense Sabela Rey, que inauguró su exposición en el centro social de Boiro. La artista estuvo acompañada en el acto de decenas de vecinos que quisieron conocer de cerca su original forma de expresión.

Gran afluencia
El alcalde, Juan José Dieste, la concejala de Turismo, Cornelia Ces, y el portavoz nacionalista, Xosé Deira, la acompañaron en la apertura de la muestra.

Portosín
La exposición de pintura de Pío Costa también fue presentada en los últimos días en la casa de cultura de Portosín. El artista deja patente su buen hacer con el pincel en la colección de cuadros A mar o mar. En el acto estuvo presente el alcalde de Porto do Son, Luis Oujo.

Castro de Baroña
También al municipio sonense llevó sus obras en óleo y acuarelas Teresa Argibay. El centro de interpretación del Castro de Baroña es el lugar escogido para mostrarlos al público hasta final de mes.

Casa de cultura
Y por si fuera poco arte para Porto do Son, Maruchy Domínguez expone sus cuadros en la casa de cultura. El concello desborda talento este verano por todos sus rincones.