Mostrando entradas con la etiqueta Fillos do Vento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fillos do Vento. Mostrar todas las entradas

14 junio 2011

Xuntanza de kitesurf da praia de Aguieira


O Clube Fillos do Vento organiza unha xuntanza para toda a xente que tiña pensado asistir o evento no fin de semana de San Xoán.

Como xa sabedes, a proba do campionato de España foi anulada pola falta de apoio económico, pero no noso afán por promocionar o deporte no Concello, o Clube Fillos do Vento organiza unha xuntanza para toda a xente que tiña pensado asistir o evento.

A continuación describimos o programa de actividades:

A data límite para anotarse será o luns día 21.

Xoves día 23:
22:30: Sardiñada de S. Xoan na praia.
Prezo* 10 €

Venres día 24:
15:00: Reunión en Aguieira. Downwind Testal-Aguieira.
Prezo* de inscrición no downwind e freestyle:
5€ para os non socios
Gratis para os socios

Sábado día 25:
10:30: Reunión de participantes
11:00: Comezo do open de freestyle
22:00: Cea.
Prezo* 15€

Para apuntarse cubrir a folla de inscrición no seguinte enlace fillosdovento/oficina-virtual/formulario-inscripcion/

Agradecer a conserveira Boya (cerdeimar), pola colaboración nos tres últimos campionatos.