Mostrando entradas con la etiqueta Carta Aberta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carta Aberta. Mostrar todas las entradas

06 septiembre 2011

Carta Aberta dun lector

Quero manifestar a través deste blog (si o propietario o permite) a miña mais sincera gratitude e recoñecemento á labor, amabilidade e exquisita atención, recibidas durante a hospitalización de meu pai, por parte dos médicos da 3ª planta, ala norte do Hospital da Barbanza que o atenderon -doutora Gayol, doutora García, doutora Pesqueira e doutor Naveiro- así como a tódalas enfermeiras e auxiliares en xeneral, e a algunhas delas en especial, por amar o seu traballo, e ser auténticos anxos coas súas atencións e coidados, porque me parece de xustiza expresar publicamente o recoñecemento da labor ben feita, o mesmo que a denuncia da contraria.

Tamén pedirlles desculpas, si en algún momento fun demasiado exixente ou desconsiderado.

A todos eles: GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS

6/09/2011 17:15:07
A. Laranga