Mostrando entradas con la etiqueta Alberto Santos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alberto Santos. Mostrar todas las entradas

15 julio 2011

Criticas sin fundamento, con respuestas razonadas

Como habrán podido comprobar, ayer un anónimo publicó sobre la noticia de Anxo Lorenzo, sexto juvenil en la Vuelta a Vizcaya, el siguiente comentario: O anterior Goberno tiña medio apalabrado unha pequena axuda para este fenómeno que empeza a despuntar, a ver si os que entraron teñen a decencia de levala a cabo. Digoo porque o PP prefire patrocinar a algún veciño que vai facer 1 carreira de cabalos con 4 pringados da jetset andaluza.

Se le dió entrada al comentario por varias razones. La primera porque parecía que tenía información privilegiada, por lo que descartamos que fuera un "simple vecino"; la segunda porque el año pasado este chaval ya despuntaba (véase toda la información que colgamos sobre él) y a día de hoy, desconocemos si siendo gobierno le habían concedido alguna pequeña ayuda, que no es lo mismo que apalabrar; la tercera por su desafortunada expresión referida a los jinetes que participan en esta prueba y la más importante, porque parece desconocer que es y significa el Raid Kaliber.

Diferentes gobiernos de Porto do Son subvencionaron o patrocinaron eventos ecuestres, como es el curro da Enxa, la desaparecida feria caballar de Caamaño, o la que últimamente se celebra en San Pedro de Muro y nadie levantó su voz, ni para criticarlas, ni para acusar de pringados a sus organizadores o participantes.

Aunque pueden ver las respuestas contundentes que le dió Alberto Santos en la misma entrada, hemos preferido pasárselas a "primera página" para darle mayor promoción a su razonada y educada critica.

Referente a la mención que se nos hace para moderar los comentarios, por supuesto que no sería mala idea obligar a identificarse, pero también seguramente sabrá que esos controles son fáciles de eludir, aunque les recordamos a algunos anónimos que sus comentarios no pasaron el "filtro", que su IP si que queda registrada, por lo que les sugerimos que se moderen.
Alberto Santos digo...

Boas noites. Aínda que parece que non e costume, voume presentar. Chámome Alberto e son de Porto do Son, e o meu comentario quere corrixir algúns dos puntos que os señor Anónimo verte no seu comentario.
Formo parte dun equipo de raid local que, desde o 2005, ven participando de xeito regular, en diferentes competicións deste deporte ecuestre, a nivel autonómico, nacional e internacional. Este modesto equipo está tamén formado por David Gaciño, curmá meu e socio durante varios anos dunha empresa de turismo, que a día de hoxe xa non funciona. A carreira de cabalos a que vostede fai mención señor Anónimo é o Raid Kaliber Andalucía, carreira na que levamos participando de xeito ininterrumpido desde o 2008.
Segundo a perspectiva que vostede lle da, parece non ser máis que unha reunión de privilexiados amigos que pasean por paraxes andaluces dacabalo. O certo é que non é esa a realidade. O raid Kaliber está considerada a carreira máis longa e máis dura do mundo (non ten mais que revisar a documentación especializada no tema, eu pódolla facilitar). Como tal, é unha proba moi concorrida, disputada por xinetes de toda a xeografía española, europea e cuberta por innumerables medios de comunicación, de outros tantos países, incluso seguida por medios especializados do continente americano, que sempre desprazan os seus corresponsais para cubrir a carreira. Polo tanto, non se trata dunha “carreira de cabalos con 4 pringados da jetset andaluza” senón dun dos referentes deportivos no noso pouco mediático deporte. Temos a sorte de que diferentes persoas e entidades andaluzas se volquen coa organización desta proba, polo tanto, desprestixiala, cando moitos alleos a veneran, non parece moi intelixente.
Para aclararlle máis a información que vostede manexa, gustaríame remontarme o inicio desta iniciativa. Participamos a primeira vez (nesta ocasión, so puido viaxar David Gaciño) no ano 2008. Os medios económicos eran tan precarios que non puidemos reservar habitación de hotel para o xinete e tivo que afrontar as 9 etapas da durísima carreira pernoctando nunha tenda de campaña, acampando ao lado dos boxes dos cabalos. A organización facilita a comida, que vai dentro do pago da inscrición, pero o aloxamento corre ao cargo dos participantes. Quedou constancia deste detalle en numerosos medios de comunicación (tamén lle podo facilitar a referencia), tanto escritos como televisivos, que observaban con curiosidade como a ilusión dun home por esta modalidade deportiva o facía superar estas dificultades con humor e boa actitude, por que, asegúrolle que cabalgar ao longo de 70 quilómetros un día si e outro tamén, descansando ao raso, non é demasiado agradable. David obtivo unha 5ª praza nesa edición e ademais o premio singular de “Mellor Xinete do Raid 2008”. Deste xeito, esta competición converteuse para nos, nun referente e definimos un obxectivo deportivo moi ambicioso pero, a tenor dos resultados obtidos con tan escasos medios, alcanzable.
Foi deste xeito como nos decidimos a elaborar un proxecto deportivo consistente, ben estructurado, que nos permitise afrontar a competición deportiva con garantías. Porque señor Anónimo, estará de acordo comigo que nada chega porque si. Sempre fomos emprendedores, e esa palabra resume perfectamente o discorrer desta historia. Si obtivemos axuda e apoio de determinados estamentos foi sinxelamente porque traballamos para conseguilos, porque ninguén chama á porta de ninguén ofrecendo axuda, verdade?

E aquí ven outra inexactitude pola súa parte, señor Anónimo. Vostede indica que “...o PP prefire patrocinar a algún veciño...” e iso non é certo. O concello nese momento non prefireu; o concello, nese momento, analizou unha serie de información, que viña recollida nun extenso e completo Proxecto Deportivo (onde se definen os obxectivos, se temporalizan as actuacións, se elabora unha previsión de gastos e se da conta dun presuposto), valorouna positivamente e artellou os mecanismos para que se cumprise. E non foi mediante unha subvención, señor Anónimo, foi mediante un contrato de Representación, mediante o cal, cada parte se comprometía a cumprir unha serie de puntos (a do Concello, apoiar economicamente e a do equipo, realizar unhas tarefas de promoción da vila, por medio de diferentes medios). Asegúrolle que cumprimos con creces a nosa parte. Non sei si estivo o tanto ese ano da labor que realizamos, concretada en roldas de prensa, aparicións en prensa escrita, aparición en televisión local, intervencións con partes diarios na radio, participación protagonista no documental da proba (que se reparteu por toda Europa) na que sempre, sempre, puxemos o nome do noso Concello, como patrocinador oficial, por diante da nosa imaxe. Porque precisamente a idea que subxace neste tipo de Contratos de Representación e a de obter un impacto de retorno paralelo ou superior a inversión realizada. Pode ser que vostede non tivera en conta este detalle ou iso é o que persoalmente considero lendo o seu comentario. Podo tamén asegurarlle que o nome do noso Concello quedou en bo lugar, tanto polas nosas actuacións deportivas, a nosa implicación coas labores propias da competición, como pola nosa actitude xeral. Do mesmo xeito, demos a coñecer a nosa vila, desde a nosa modesta posición, sempre facendo alarde das virtudes que nos brinda esta localidade. De feito, facendo un calculo rápido e estimado, non menos de 50 persoas pasaron pola nosa vila a raíz da nosa labor e, especificamente por ela, co seu respectivo impacto na economía. Vostede pode pensar, claro está, que o número non é importante. Ben, outros fan menos.
Despois de contar co apoio do concello para o ano 2009 – ademais de contar coa axuda de varias empresas locais e comarcais - preparamos de novo o noso pequeno proxecto, para a edición do 2010. Neste punto gustaríame indicarlle outra inexactitude pola súa parte. Comenta vostede que o “PP prefire patrocinar a algún veciño”. Teño que corrixilo, xa que, nesta ocasión, o partido político que estaba no mando era outro. Tamén eles consideraron oportuno facer esa inversión, inversión en imaxe e publicidade que segundo os dirixentes políticos ía máis ala de subvencionar a un veciño para un carreira con 4 da jet-set. O procedemento foi exactamente o mesmo, e a repercusión mediática, si cabe, maior.

Este ano 2011, volvemos a asistir a nosa competición talismán, a unha competición onde se poñen en xogo valores que van máis alo da simple desputa deportiva, unha competición onde o compañeirismo e a camaradería dan exemplo do que debería ser a convivencia tranquila entre culturas e pobos. Nesta edición, sen embargo, non quixemos contar coa axuda do noso concello. Pola nosa parte, consideramos que o momento económico non era, nin de lonxe, o mellor para que o concello volvera apostar por nos. Non solicitamos axuda e tentamos buscar respaldo en diferentes casas comerciais, que posibilitaron unha vez mais a nosa participación. Pero iso non fixo que non seguiramos realizando a labor promocional e de difusión turística que viñamos levando a cabo nos últimos anos. Pola contra, esta labor realizámola con máis ilusión, xa que si algo hai que nos caracteriza e o amor pola nosa vila, a honestidade e o respecto polos que dun ou outro xeito confiaron en nos.
Señor Anónimo: non me pareceu acertado o seu comentario, polo que me vin obrigado a facerlle estas aclaracións. Non obstante, si considera que non queda convencido, invítoo a que se identifique, tal e como eu fixen, e que departamos sobre o tema, expoñendo vostede as razóns polas que non considera adecuado o apoio do noso concello a iniciativas deportivo-turísticas coma esta. É moi fácil criticar aos demais, por un lado, sen coñecementos profundos do tema a criticar e por outro lado, desde a tranquilidade que da o anonimato.
Para o señor Moderador: non son quen de opinar sobre o modo no que xestiona o seu espazo, pero ao mellor non sería mala idea, obrigar aos participantes no foro a identificarse, xa que, é de boa xente saír coa cara por diante.
Finalmente, parabéns para Anxo, por suposto, sigue co traballo que estás realizando, de seguro que darán froitos. E por suposto, espero que desde as diferentes administracións, se lle dea o apoio que requira a súa dedicación a ese sufrido deporte.

Antes publicamos:
El cantante Manuel Soto presentará en Porto do Son la carrera hípica más larga del mundo
Cabalgando por el monte Enxa