26 octubre 2017

Obradoiro de teatro




Boa tarde!

axuntamos o cartaz informativo do OBRADOIRO DE TEATRO, impartido por Ánxela Doval, Titulada en Dirección de Escena pola Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, e que se porá en marcha a partir do próximo mes, se conta cun número mínimo de participantes.

As sesións serán dunha duración estimada de 1,5h á semana, no día a convir entre alumnado e profesora.

Para concretar máis aspectos deste obradoiro, convocamos ás persoas interesadas a unha xuntanza informativa o LUNS 27 de Novembro, no Antigo Matadoiro, ás 20:00h. Se hai alguén que estea interesado e non pode asistir ese día, por favor que se comunique con nós para facilitarlle toda a información que precise.

Agradecemos a difusión que teñades a ben facer desta actividade e animámosvos a probar as vosas aptitudes dramáticas a través destas aulas.

Grazas,

Directiva

AC SONORA

0 comentarios: