Cultura e Deportes - Porto Do Son
Este sábado 26 de decembro Uxío no País de Patadecabra na Casa da Cultura de Porto do Son.
Este é un conto inédito que mestura a maxia, o teatro e os monicreques creando un dinamismo contínuo enriba do escenario.
Está dirixido a todos os públicos, xa que tanto maiores como pequenos gozarán desta fermosa historia e de todos os seus personaxes.
Uxío é un neno de 7 anos que quere chegar a ser un Gran Mago, aínda que a súa realidade dille todos os días que non é posible. Ata que un día, a través dun soño, todo cambia. Nese soño comezan a pasar cousas extraordinarias...
¿Qué pasará cando Uxío desperte?
Sen dúbida unha historia envolvente que nos demostra que para conseguir algo, so ai que desexalo con moita forza.
0 comentarios:
Publicar un comentario