Bases de contratación de persoal laboral temporal para 2015
Publicación listado e data de exame de peón limpeza de praias.
Publicación listado e data de exame de capataz limpeza de praias
Listado capataces de praia.pdf
Listado peóns limpeza de praias.pdf
Publicación listado e data de exame de peón limpeza de praias.
Publicación listado e data de exame de capataz limpeza de praias
Listado capataces de praia.pdf
Listado peóns limpeza de praias.pdf
!!!Continuamos ka política do enchufismo!!!por certo¿sabedes donde ven a pedra do novo cacho de espijón no muelle?da canteira de Lousame.....xF
ResponderEliminarObviamente as pedras saen das canteiras, e se no Son non as hai, terá que vir doutro Concello. Ó mellor vostede igual non sabe que ese espigón, é competencia de Portos de Galicia, e que se puxo en marcha antes das eleccións, e o pobo votou. Noia tampouco ten canteiras. ¿Xa descubriu de onde trouxeron a pedra, para empedralas rúas e un aparcamento, ou solo ve enchufismo no PP?
EliminarO mesmo que a plaia de Entrepuntas que ninguén sabía donde era e aínda así algún sacou un pleno....ou a entrevista"curricular" que de eso non tivo nada. Ou a quiniela que fixen eu o venres de 16 "posibles" candidatos e acertei 9 sin saber nin quen eran, so mirando as listas de admitidos do 2011 ata agora...en fin, enchufe de catro fases!!!!
ResponderEliminarBueno bruxa Lola, aínda a risco de que me poñas dous velas negras vou a contestarche ao comentario. Primeiro, a pedra do peirao non vén da canteira de Lousame, senón da de Noia, propiedade da empresa Prebetong, e a empresa que fai os transportes e os movementos de material, así como a colocación, é unha empresa de Lugo; agora, xa estarás content@ de que todos os que están na obra non teñen nada que ver con ningunha empresa do Son. Así somos, que pena...
ResponderEliminarEn canto á túa quiniela de 9 acertantes, recoméndoche que xogues á lotaría porque acertar nove candidatos sen coñecelos ten moito mérito!!.
O que me parece terrible de todo esto é que non todo o mundo teña as mesmas posibilidades para optar a un traballo no noso Concello, é moi triste que teñas que ter padriño para poder entrar nestes postos e poder sacar a túa familia adiante en vez de que miren as necesidades e as cargas de cada persoa. Porque xa me dirás ti si unha persoa que acabou de traballar fai un mes e non ten cargas familiares ou unha que viva con persoas maiores que cobran pensións teñen mais necesidades que outras que levan no paro 1, 2 ou 3 anos con cargas familiares ou situacións de verdadeira necesidade e necesitan moitísimo un traballo. Pero por desgracia neste concello se non tes quen che enchufe non tes nada que facer...eu fáloche co corazón na man, non pretendo criticar ó consistorio só pretendo que abran os ollos e que se vexa a realidade do que estamos vivindo, que non sexan tan frívolos e axuden á xente que realmente o necesita, non conseguir as cousas por ser amigo de...que se acaben estes favoritismos e estas historias que xa estamos fartos. A miña forma de pensar é esta: que poñan un exame, sí, pero cas cousas que teñen que ver cas plaias, cos residuos que podes atopar nelas e saber qué facer con eles ¿Por qué tes que saber as rúas de Porto do Son? ¿Acaso vas a ser carteiro?¿ De que che sirve saber onde esta a capela de Ribasieira para recoller lixo na plaia? E despois, en canto á entrevista curricular: Traballos que tiveches, o tempo que levas no paro e as cargas familiares para poder ver as necesidades que cada persoa, no caso de capataz as dotes de liderazgo e saber como solucionar contratempos ¿non? e de ahí tomar as decisións. Non facer como fixeron 2 preguntas mais do exame que xa algúns non tiñan nin por qué sabelas porque era a porta pechada ¿Tan difícil é? Pois eu coido que non. Eu solo digo que si estes exames se fixeran limpamente mais da metade dos que están seleccionados non estarían ahí. E por suposto non poñer as listas dun día para outro sin que practicamente ninguén se entere de cando son os exames.
EliminarNon, mérito non, chámase investigación. Colle a lista de seleccionados dos anos 2011, 2012, 2013 e 2014 e anota os nomes. Mira a lista do 2015 e....BINGO!!!!
ResponderEliminar¿Podes facilitar os enlaces para saber quenes foron os seleccionados de 2011 a 2014?
EliminarUhm...será cousa de bruxería pero dende que publiquei o das listas desapareceron da web, tódolos enlaces da Acta do tribunal de peóns e capateces de plaia che levan á do 2015....quizáis non son tan meiga....
ResponderEliminar