Menú - Páxinas

Pages - Menu

04 junio 2013

"Recuperar o Castro de Baroña foi o obxectivo número 1 dende que entramos no concello"


:logo-ecg: | Terras de Santiago

O rexedor sonense agradece a nova achega da Deputación da Coruña, se ben recoñece que non vai ser suficiente para rematar o proxecto // Polo momento lévanse investidos máis de 160.000 euros // Os seguintes pasos, segundo Luis Oujo, serán "consolidar a muralla que entrando no castro á dereita, e facer un acceso para os minusválidos"

Para o executivo de Luis Oujo recuperar o Castro de Baroña "foi o noso obxectivo número 1 dende que entramos no concello". Lembraba este luns, nunha entrevista en Radio Obradoiro, que estamos a falar "dunha xoia que estaba moi descoidada e que precisaba dunha invervención".

Polo momento levan investidos, entre concello, Xunta e Deputación, "máis de 160.000 euros, empregados en darlle un sentido ó propio Castro de Baroña, consolidar os muros e a entrada, restaurar o foxo, delimitar o camiño de paso para os visitantes e consolidar as propias casas". A institución provincial confirmaba hai uns días unha nova achega de 30.000 euros, que permitirá seguir adiante co plan de conservación arqueolóxica, se ben "fará falla máis investimento para rematalo".

O máis inmediato, explicaba Oujo, será "consolidar a muralla que hai entrando no castro á dereita, e facer un acceso para os minusválidos". Ó mesmo tempo, o executivo local segue traballando para evitar os actos vandálicos que se suceden cada verán.

7 comentarios:

  1. Anónimo4/6/13 11:21

    "Unha xoia que estaba moi descoidada" pero as intervencións que se están facendo agora tes que agradecerllas aos teus 2 predecesores (bueno, quedouche o carallo a arder co deseño da caseta de información, eso sí é merito teu)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo5/6/13 15:38

      !!Sejuro que o DANDI nunca había estado na súa vida no Castro!!!ajora venlle a vena cultural-arqueolóxica....!!!SI LLE DEIXARAN, ATA CONSTRUIRÍA ENRIBA DO CASTRO!!!.

      Eliminar
    2. Anónimo5/6/13 15:47

      !!!Menudo mérito tiene este equipo de gobierno construyendo ese "contenedor" que ni tan siquiera cumple los criterios de accesibilidad de entrada/salida!!! Eso sí,lo importante es que la cuchipanda chupe la subvención(30000€)!!QUE PARA ALGO MÁS DÁ AYUDITA!!!.

      Eliminar
  2. Anónimo4/6/13 14:20

    Esto xa parece a Festa de Exaltación do Populismo barato

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo5/6/13 16:15

      Que pouca idea ten este home de por onde anda, a cabeciña non lle dá máis que para poñer parches como a caseta de obra que colocaron xunta o Castro de Baroña. Polo visto vai ser un centro de recepción turístico. Cando lle poñan o letreiro, o que máis se amolda ao diseño do caixón de marras é: "ESPANTA TURISTAS".

      Eliminar
  3. Anónimo5/6/13 10:12

    E agora aínda por riba como o Angel Concheiro este que está a voltas co castro e se deben favores o Oujo e el; xa veremos cal é a nova adquisición que nos fan. Nos próximos meses seguro que haberá sorpresas.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo6/6/13 13:35

    construir enriba do castro non creo eu, pero coller as pedras pra vendelas e facer outras casas e muros non che disia eu que non.

    ResponderEliminar