Menú - Páxinas

Pages - Menu

20 febrero 2013

Versatilidade de espacios na Casa da Cultura de Baroña

As últimas actuacións do goberno municipal de Porto do Son na Casa da Cutura de Baroña van encamiñadas a lograr a versatilidade de espacios.

A parroquia de Baroña conta cunha casa de cultura que dispón dunha sala de usos múltiples que engloba distintos usos. O que se pretende ca nova intervención é dotar o espacio duns paneis móbiles que podan en determinadas ocasións disgregar o espacio en dúas áreas independentes, de modo que se podan usar o mesmo tempo sen interferir unha actividade ca outra.

O paneis cos que se logra está independencia están feitos con madeira e contan cunhas guías na parte superior que facilitan o seu desplazamento.

A disposición dos paneis é tal que posibilita que se podan usar a modo de telón.

Con esta intervención, lógrase ademáis responder as demandas do CEIP desta mesma parroquia, que debido o gran número de nenos nas súas aulas precisaban dun espacio extra para desenvolver as súas clases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario