Menú - Páxinas

Pages - Menu

21 diciembre 2015

Eleccións Xerais 2015


3 comentarios:

  1. Non me alegra a perda de representación do nacionalismo galego no Parlamento español, tras 20 anos tendo algún deputado polo BNG alí, ou no Senado. De todo isto terán que sacar algunha conclusión, porque esta caída libre comezárona nas autonómicas, seguírona nas municipais e aínda que para estas fixeron un amago de votacións para elixir ós cabezas de lista a verdade é que vendo quenes votaron no Son, dáme que non foron quen de implicar nin tan sequera a candidatos ou candidatas que levaron en maio.

    Ánxela Franco Pouso compartiu unha ligazón. "​Imos tratar de pegar un golpe na mesa o 20D e sorprender a todo o mundo cos resultados”

    Seguro que ninguén agardaba que o golpe o ían levar eles, e a sorpresa debeu ser MAIÚSCULA, co de correr do escrutinio, e sobre ó ir abríndose os sobres nos colexios onde estiveron.

    Sermosgaliza. Vence anuncia unha “reflexión profunda” sobre o proxecto nacionalista

    O portavoz nacional di que a partir de xaneiro decorrerán asembleas abertas para que as bases “e a cidadanía en xeral” poidan transmitir opinións e achegas para “reforzar” o nacionalismo. En marzo toca Asemblea Nacional ordinaria, prevista no calendario.

    ¿En Marea é unha candidatura nacionalista? Aquí ofrecen algunha información.

    Resultados en Porto do Son
    PP=2.122 votos
    En Marea=1.258 votos
    PSdeG=1.218 votos
    Cidadáns=407 votos. Sen programa para Galicia
    Nós=329 votos
    Outro partidos=123 votos
    Nulos/Brancos=113 votos

    ResponderEliminar
  2. Curioso que o Bloque, non fixese a presentación de NÓS en Caamaño, terra da súa líder, en Nebra, onde hasta setembro copaban a directiva da comunidade montes, e onde vive o seu portavoz e máis o de Galiza Nova, e en Miñortos terra do seu edil de rebote. ¿Xa agardaban a desfeita?
    http://bng.gal/portodoson/2015/12/03/eleccions-xerais-2015-acto-publico-en-xuno/
    http://bng.gal/portodoson/2015/12/05/eleccions-xerais-2015-acto-publico-en-porto-do-son/
    http://bng.gal/portodoson/2015/12/10/eleccions-xerais-2015-acto-publico-en-portosin/

    ResponderEliminar
  3. Comeunos a marea: https://www.facebook.com/photo.php?fbid=10204417987724859&set=p.10204417987724859&type=3&theater

    ResponderEliminar