O próximo día 23 de novembro (venres), as 8 da tarde, terá lugar unha reunión na Casa da Cultura de San Pedro de Muro na que se explicará os veciños de forma detallada, todo o concernente ao expediente de expropiación de fincas para a ampliación da estrada que vai de Xuño a Olveira.
Sorprendentemente a familia dunha Concelleira vai ser sobrebeneficiada pola expropiación.!!!HAI QUE USAR O CARGO POLÍTICO CON TAL QUE BENEFICIE A UN!!! !!!!21000€ POR UN ANACO DE XARDIN!!!...por iso non teñen necesidade de luitar.
ResponderEliminarVaia forma máis ruín de querer "enmerdar" todo.
EliminarO seu comentario atufa, porque me estraña que dispoña vostede de información tan confidencial.
EliminarNon obstante e dado que cita un xardín, a modo de información direille que cando se ampliou a estrada AC-550, a nós levounos parte dun xardín e parte dunha leira. Pois ben, o metro cadrado do primeiro pagaránolo o triplo que do segundo. Aínda que neste caso para 21000 euros ten que ser moito xardín de Dios.