Últimos comentarios

14/12/18

ENTREGA DA MEDALLA DE OURO DO CONCELLO DE PORTO DO SON AO PADRE JOSÉ LÓPEZ CALO







EN RECOÑECEMENTO AO EXCEPCIONAL PRESTIXIO ACADADO NO EIDO DA MUSICOLOXÍA QUE CONTRIBÚE DE XEITO ESPECIALMENTE RELEVANTE A DIFUNDIR O COÑECEMENTO DO CONCELLO DE PORTO DO SON.

25/11/18

Viaxe ao balneario de Cuntis


Donación de sangre en Porto do Son

PORTO DO SON

Venres 30 de novembro

Unidade Móbil na zona Portuaria
(ao carón do Club de xubilados e Club Náutico)


10:00 ás 14:00 horas
16:00 ás 21:00 horas


Teléfono de información gratuíto 900 100 828

Para más información: Centro de Transfusión de Galicia

5/11/18

Xuntanza coa veciñanza da parroquia de Noal


Concello de Porto do Son: Seguindo coa rolda de reunións veciñais polo municipio sonense, o alcalde Luis Oujo Pouso ten previsto para o día 9 de novembro unha xuntanza coa veciñanza da parroquia de Noal, no local da Comunidade de Montes, ás 20:00 horas.

Cousas de Castelao

31/10/18

Bono Social Eléctrico

A Xunta de Galicia establece un Bono Social Eléctrico que complementa ó bono social do Estado, co obxectivo de garantir ás persoas consumidoras en risco de exclusión social o acceso continuado á subministración eléctrica.
Compartimos Bando contigo para ver os requesitos: Concello de Porto do Son

20/10/18

Presentación libros de autor en Porto do Son. Sábado 20 outubro

Asociación Cultural SONORA

Archivos adjuntos17 oct. 2018 22:41 (hace 3 días)

para bcc: mi
Boa tarde

axuntamos información relativa á presentación dos libros "A raíña das tortas" para público infantil e a charla "Belas e Descoñecidas" a cargo do artista e crítico de arte, profesor da Universidade de Vigo Xosé M. Buxán.

Confiamos en que esta información sexa do seu interese.
Un cordial saúdo,

Equipo Directivo
SONORA 2.png
A. C. SONORA

11/10/18

19ª homenaxe Mortos de Nebra "As Mártires de Cans"

Bo día.

Un ano máis temos a ben convidalo ao recordo desta masacre na nosa aldea no ano 1916.

- Ás 7 da tarde faremos a tradicional ofrenda floral na ponte de Cans, onde se erixe o monólito que foi posible colocar grazas á achega económica particular e de veciños e visitantes interesados nos feitos, Talleres Loreto e o BNG de Porto do Son.

- Ás 5 da tarde no local da Comunidade de Montes de Nebra presentarase un libro que recolle historias das revoltas populares en diferentes lugares de Galicia, e que ten un capítulo sobre Nebra, da man de Eliseo Fernández Fernández.
Intervirán na presentación Patricia Torrado Queiruga, que nos presentará un ensaio sobre as "Mulleres en loita a comezos do s.XX", onde se destaca un tema que se repite moito no monográfico, o destacado papel da muller nesas revoltas. Tamén falará Roberto Vilameá Ponte, do consello de administración de Sermos Galiza, editora do volume; e rematará a presentación Francisco Rodríguez Sánchez, histórico político do BNG, ex-deputado e co-autor da publicación.

- Ás 7:30 haberá unha misa polas vítimas na igrexa de Santa María de Nebra, a petición de familiares e coñecidos das mesmas.


Van alá 102 anos dos feitos. Unha historia que por anos foi ocultada e mesmo deturpada, chegando a considerar as súas sepulturas como as dos fusilados. Dende que vimos lembrando as vítimas estes 19 anos de xeito ininterrompido, a súa historia xa é coñecido alén de Porto do Son, e foi posible documentar, con novas informacións, a versión que lle deron algunhas testemuñas directas do acontecido a Paco do Martelo, fundador desta lembranza. As mentiras da administración fixeron caer no esquecemento estes feitos durante anos, pero a verdade sempre sae á luz. 

O acontecido foi consecuencia dun abuso dos administradores do Concello, cargando nos veciños de toda a vila as débedas da súa mala xestión. A liga agraria de Nebra negouse a pagar o que non lles correspondía, e así, chegouse á idea de impedirlle o paso ao axente recadador na ponte de Cans. Quedouse o día 12, como se falou nas reunións, e por vontade propia, as mulleres decidiron ir á cabeza da manifestación, e ao berro de "non se paga o defís", xuntáronse a unha beira da ponte. Do outro lado, un destacamento considerable da Garda Civíl, chamados expresamente para protexer ao axente e que este puidese acometer o roubo aos veciños. Nun momento, no que o tenente ao mando xustificou antes os seus superiores coa orde de dúas descargas ao aire, os feridos foron caendo na ponte, e aí os deixaron mentres fuxiron protexer ao alcalde a Portosin.

Adxunto neste correo o cartel e o convite. Agradécese a difusión. Se desexa máis información, pode pórse en contacto no correo contacto@enfeitizador.es.

Saúdos cordiais.

Familia do Martelo
Organizadores do acto de lembranza

24/6/18

Donación de sangre en Porto do Son

PORTO DO SON

Luns 25 de xullo

Unidade Móbil na zona Portuaria
(ao carón do Club de xubilados e Club Náutico)


10:00 ás 14:00 horas
16:00 ás 21:00 horas


Teléfono de información gratuíto 900 100 828

Para más información: Centro de Transfusión de Galicia

18/6/18

Doazón de sangue en Xuño


XUÑO
Venres, 22 de xuño
Unidade Móbil cruce de Agra (diante do antigo bar de Vilas)
16:30 a 21:00 horas

Máis información: http://ctg.sergas.es/