Últimos comentarios

viernes, 3 de febrero de 2017

Petición de axuda dun investigador de Porto do Son

Bo día,

Son Daniel Sobrido Cameán, seguidor deste blog que me permite estar ao tanto das cousas que pasan en Porto do Son de forma rápida. Traballo en Santiago de Compostela aínda que non perdo en absoluto o contacto co Son, de feito, son o presidente da Comunidade de Montes de San Pedro de Muro.

Escribo para pedir que colguedes no blog "fonforron" o enlace que poño abaixo. Estou facendo a tese de doutoramento baixo a dirección de Celina Rodicio e Antón Barreiro Iglesias. O tema da nosa investigación é a rexeneración da medula espiñal. Resumindo moito, a nosa investigación céntrase en estudar os mecanismos que permiten que certos animais (concretamente lamprea e peixe cebra) recuperen a capacidade motora despois de unha lesión medular para, así, contribuír na busca dun fármaco que permita que persoas que sofren lesión na medula espiñal non queden condenados á falta de capacidade sensitiva e motora por debaixo da lesión, se non que podan recuperarse.

Para realizar parte da investigación estamos en unha campaña para conseguir financiación a través da plataforma "Precipita" dende a cal a xente pode contribuír con nós. Penso que coa vosa axuda poñendo isto no "fonforron" conseguiría darlle moita visibilidade entre os veciños de Porto do Son. No enlace pódese encontrar máis detalles do proxecto e como colaborar co mesmo.

Búsqueda de fármacos para la regeneración axonal tras una lesión medular

https://www.precipita.es/

Moitas gracias polo tempo que lle dedicades ao blog e gracias de antemán pola axuda.

Un saúdo.

Gracias pola vosa labor e por confiar no blog

1 comentarios :

Anónimo dijo...

Esta es la triste realidad en España España: un médico cobra 2.200 euros por salvar una vida, un diputado 4.500 por jodértela incluso hay alcaldes y tenientes de alcalde que cobran cantidades parecidas, si no más y mientras tanto a los trabajadores que somos los que levantamos el País con las plusvalías que generamos nos quieren tener a trabajar hasta los 70.
Menos mal que el del vídeo no es médico, si non haber quien se arriesgaba a ponerse en sus manos.