Últimos comentarios

lunes, 9 de enero de 2017

Acto Lembranza Ramón Sampedro

Boas,

Adxunto neste correo información relativa aos actos organizados por DMD Barbanza (Dereito a Morrer Dignamente) e amizades de Ramón Sampedro, en lembranza ao mesmo que terán lugar en Xuño (Porto do
Son) os próximos 14 e 15 de xaneiro.

Os actos desenvolveranse na casa de cultura e na praia das Furnas, No díptico adxunto amplíase toda a información.

A maiores da homenaxe farase a presentación de DMD Barbanza, integrante de DMD Galicia (e federal) que está comezando a dar os seus primeiros pasos.

DMD Barbanza pretende ser un lugar de encontro para toda a xente da bisbarra interesada en temas tan delicados como a eutanasia, coidados paliativos, morte digna, documento de instrucións previas.....

Esperamos que a información remitida sexa tida en conta nos seus medios de comunicación e nos axuden a promocionar o acto.

Atentamente
DMD BARBANZA

0 comentarios :