Últimos comentarios

4/8/16

Romería Virxe do leite - Montemuiño 2016

Detalles II Btt Montemuíño
Acércase o día e queremos que teñades toda a información posible para que vos organicedes da mellor maneira e poder así cumprir os horarios previstos. Cousiñas importantes:

1-ENTREGA DE DORSAIS
Levarase a cabo no cruceiro de Montemuíño, onde se realiza a Romaría da Virxe do Leite. Comezará ás 8:15 e rematará ás 8:45 horas.

2-SAÍDA BTT
Terá lugar no mesmo lugar que a entrega de dorsais ás 9:00 horas. Seremos moi puntuais!!

3-PINCHOS POST-RUTA
Comezarán ás 12:05 horas no mesmo campo da festa.

4-SORTEO DE REGALOS
Contamos con numerosos regalos para sortear entre os ciclistas participantes. Temos que agradecerllo os nosos colaboradores Joyería Polo (Porto do Son), MC Bikes (Noia) e Sportbike (Ribeira). O sorteo comezará ás 12:30 horas.

5- DUCHAS E LAVADO DE BICIS
Dispoñemos das instalacións do campo de fútbol Emilio García, onde xogan habitualmente o Porto do Son e o Baroña. Situados a 2km de Montemuíño. As instalacións abriranse de 12:45 a 14:00 horas.

6- FESTA RACHADA
O que queira volver para a romaría despois de ducharse, que saiba que hai un programa moi entretido e divertido para pasar unha boa tarde. Para máis información mirade o cartel.

0 comentarios :