03 marzo 2016

Captación de voluntarios para Protección Civil

Protección Civil de Porto do Son xunto co Concello están levando a cabo unha campaña de captación de voluntarios para súa agrupación.

Os requisitos son:

- estar empadroado no Concello

- ser maior de idade ou ter dezaseis anos e autorización dos pais ou titores legais.

As persoas que estean interesadas só teñen que entregar un impreso cuberto cos seus datos nas Oficinas Xerais do Concello, mandar os seus datos á dirección de correo electrónico: aa.vv.p.c.portodoson@gmail.com ou solicitar mais información no teléfono 620 179 425

0 comentarios: