14 abril 2015

Programa Outra + Outra

A Fundación Paideia e a Deputación de A Coruña convocan o programa Outra + Outra 2015, para a promoción de grupos de música de estilo pop rock.No marco deste programa levaranse a cabo dúas audicións:1- AUDICIÓN DE RIANXO: que terá lugar o día 16 de maio de 11:00 a 14:00 horas, no auditorio municipal de Rianxo, Autores da Rianxeira, s/n (Parq. Galicia), 15920. Inscrición hasta as 24:00 horas do 12 de maio de 2015.

2- AUDICIÓN DE A CORUÑA: que terá lugar o día 30 de maio, de 11:00 a 14:00 horas, no Estudo de Gravacións Mans, Polígono Pocomaco, parcela d-22, 15190. Inscrición hasta as 24:00 horas do 26 de maio de 2015.

Poden participar os solistas e grupos que sexan maiores de idade, que interpreten nunha das dúas audicións un tema musical orixinal e inédito, de estilo pop-rock, que sexan residentes na provincia de A Coruña e que se atopen incluídos na Rede Cultural da Deputación Provincial de A Coruña para o ano 2015 ou na próxima quenda de solicitudes de 2016.

Para inscribirse débese cubrir o formulario de solicitude que se atopa ma páxina web www.mans-paideia.com e envialo ao Estudio de Gravacións Mans, situado no Polígono de Pocomaco, parcela D22, CP 15190 an A Coruña, adiantándoo á dirección de correo electrónico outramaisoutra@estudiosmans.com Xunto as bases reguladoras do certame e a ficha de inscrición.

Máis información en http://www.estudiosmans.com/outra-outra/

0 comentarios: