27 marzo 2015

Teatro dos Ghazafelhos "3, 2, 1, ..."


Casa de Cultura de Porto do Son, domingo 5 de abril ás 6 da tarde


Teatro Ghazafelhos presenta un espectáculo de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de títeres e moita música. ...3,2,1... É unha obra chea de humor e tenrura que nos chegará o corazón.
Intérpretes: Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho. Duración: 55 min.

Un astronauta chega a un planeta descoñecido. Alí atópase cunha extraterrestre que tamén chegou de exploración. Logo do estrano encontro os dous cosmonautas comezan a convivir descubrindo sentimentos que xamais sospeitaran ter. Como será o seu encontro? Que descubrirán? Será posible a amizade entre dous seres tan diferentes?

0 comentarios: