29 octubre 2014

Exposición "Biblioteca de Libros Fantásticos"

Esta exposición conta con máis de cincuenta libros tratados plásticamente para que nos evoquen as historias de cada un deles. Cada libro acompáñase dun texto que narra o que lle aconteceu. A mostra recibe o nome “Biblioteca de Libros Fantásticos” porque utilizamos a fantasía para crear as pezas que a compoñen. Intenta abrir unha porta ó fértil terreo da imaxinación. Animar aos visitantes a que inventen as súas aventuras arredor destes libros e fantasíen co que pode agardar tras os lombos dun libro do estante da súa biblioteca. Tanto ao crear e contar historias, como ao plasmalas a través das artes plásticas, poden ser as historias as que provoquen a metamorfose do libro ou o libro animado o que evoque unha historia, unha anécdota, unha aventura… Os libros fantásticos son o resultado dun extenso traballo no mundo da narración oral e da animación á lectura, concibidos coa intención de achegar o obxecto-libro baixo unha mirada aberta que esperte a imaxinación.

0 comentarios: