22 septiembre 2014

Teatro Infantil

Un ano máis, o grupo de teatro infantil "Lusco Fusco" de Porto do Son, abre o prazo de inscrición para que todos os nenos e nenas do concello sonense que esten interesados en realizar teatro se achegen todos os luns de 18:00 a 19:00 horas á Casa de Cultura deste municipio, desta forma poderán formar parte do grupo de teatro infantil.

O teatro e moi beneficioso, pois os nenos e nenas poderán aumentar a súa autoestima facendo que se sintan máis seguros de se mesmos, coñecer e controlara as súas emocións, así como estimular a creatividade e a imaxinación fomentando que xoguen ca súa fantasía. Por outra banda, tamén se reforza a lectura e a fala, sobre todo en aqueles casos nos que existen problemas de tartamudez ou de mala vocalización; axuda a mellorar a concentración e motiva a socialización, principalmente cando teñen problemas para comunicarse, ven sexa por timidez ou por vergoña.

As clases comenzarán o luns 6 de outubro e remataran a finais de xuño.

0 comentarios: