27 enero 2014

Revisión cancro de mama

Na actualidade, o cancro de mama é unha das enfermidades que máis afecta á muller adulta. Pero os avances da medicina e as actitudes de prevención e de detección temperá, xunto coa sensibilización da muller, fan que esta enfermidade poida ser controlada.

É moi importante o diagnóstico temperán desta enfermidade. Por iso é preciso que a muller coñeza as súas mamas e que visite ao seu médico se nota algunha anomalía e tamen que acuda as revisións xinecolóxicas indicadas.

Dende a Concellería de Servizos Sociais de Porto do Son queremos comunicar que empezaran a citar ás mulleres do Concello por carta entre o 3 de febreiro e o 14 de marzo, un total de 1.228 mulleres de entre 50 e 69 anos. Daráselles cita para as tardes para así poder usar as instacións de radioloxía do Hospital do Barbanza.

Javier Quiñoy Taboada

Concelleiro de Servizos Sociais

0 comentarios: