27 enero 2014

" Que fas ti para sentirte infeliz?"

A Concellería de Servizos Sociais de Porto do Son pon en marcha o próximo sábado día 1 de febreiro as 18:30 no Centro de Interpretación do Castro de Baroña un taller sobre "Que fas ti para sentirte infeliz?", sobre a habilidade de complicarnos a vida a través de actos inconscientes.

O obxectivo deste taller é que a persoa tome conciencia de cales son as súas deficiencias e poida aprender a manexarse cos seus recursos desde a honestidade de ser quen é non de quen aprendeu a selo e que lle crea infelicidade. Acláranse moitos conceptos que moitas veces son erróneos e explicarase como afectan no logro da felicidade as actitudes coas que nos relacionamos na vida cotiá.

O taller está destinado a toda aquela persoa que sinta a necesidade de sentirse mellor consigo mesma.

Que fas ti para sentirte infeliz_CARTEL.pdf

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Non fago máis que sorprenderme ultimamente neste concello. Digo eu que para esta actividade estarán xa todas as entradas vendidas, porque xa só con ese nido de víboras que temos no concello, teñen moito que traballar.
Este Quiñoy non ten vergonza, que tome el e Luis conciencia das súas deficiencias como políticos e como persoas e que sexan honestos. Algo que non creo que se logre nin cos mellores psicólogos e psiquiatras do país. Ale, a ser felices mentras se burlan de todo un pobo.