Últimos comentarios

17/1/14

Nota aclaratoria da homenaxe a Ramón Sampedro

O BNG de Porto do Son quere deixar moi claro o seguinte:

1º Como organización política que é, ten o seu dereito a realizar todos os actos que quixer en homenaxe ao veciño do noso concello, Ramón Sampedro, e que o Bloque Nacionalista Galego defendeu, defende e defenderá sempre o Dereito á Eutanasia polo que tanto loitou e é recoñecido Ramón.

2º NON organizamos ningún acto polo respecto aos organizadores que, ano tras ano, levan organizando esta homenaxe, a asociación “Dereito a Morrer Dignamente Galicia” en colaboración co colectivo de “Amigos de Sampedro” e outras entidades, para reinvindicar a figura do noso veciño e a súa loita.

3º É totalmente falso que o BNG tentase realizar un acto paralelo e o cartel anunciador desa suposta homenaxe é unha burda manipulación feita para tentar desprestixiar ao BNG de Porto do Son, crear malestar e desviar a atención do máis importante do acto que é loita de Ramón Sampedro polo dereito á morte digna.

Moitas grazas e un saúdo.

Porto do Son, 17 de xaneiro de 2014

Bloque Nacionalista Galego
Avenida de Galiza, 9 - 1º - 15970 Porto do Son
Teléfono/Fax: 981767100
portodoson@bng-galiza.org
www.bng-galiza.org/portodoson

15 comentarios :

Anónimo dijo...

"O cartel anunciador é unha burda manipulación"...Pregúntome¿Quen pode ter máis interés que o propio BNG en vender a bombo e platillo a asistencia o acto público de homenaxe a Ramón Sampedro que os propios interesados?..con ese comunicado é querer tentar tapar o que non se conqueriu.

Anónimo dijo...

Por favor, non intentedes facernos pasar por parvos ¿Cal é a causa de que en Cans-Nebra fagades un acto paralelo ao que organiza o veciño que os sacou do seu esquecemento e anonimato?
Neste caso, ¿Queredes facernos crer que non lle faltades ó respecto as familias, ó seu organizador que ano tras ano leva organizando dita homenaxe.
A verdade é esta. Tras a homenaxe a Ramón, hai moitos colectivos, e no caso de Nebra, o citado veciño, outrora militante do Bloque, a súa familia e algúns descendentes dos mortos.
Non vin o cartel, vexo agora na foto, pero estráñame que se é verdade que estivo baixo o voso local ou en paredes onde acostumades a colgalos, e non fose cousa vosa, non presentásedes denuncia ante a Garda Civil, por utilizala vosa marca. Igual que o anterior anónimo, pregúntome, ¿que interese podería ter quen amablemente subiu a foto?.

Anónimo dijo...

Demasiada soberbia ten o noso querido bloque. Por cousas coma esta de manipulación, piden a dimisión de toda a xente que pertenza a outras formacións, así que eu esixo a dimisión de Ánxela Franco. Como na súa páxina non podo comentar os motivos, fareino aquí, baseándome nas súas aclaracións:

1º "podemos facer os actos que nos pete e ninguén nos pode dicir nada". Vaia maneira de comezar unha aclaratoria.

2º "non organizamos ningún acto por respecto". Ben se sabe sabe que se colle antes ao mentireiro, anos levan tamén en Nebra aturando o voso respecto. Por certo, tampouco fixestes nada o sábado anterior á homenaxe na Casa de Cultura de Xuño?

3ª "O cartel non é noso, quérennos desprestixiar". Si, a xente quere tan mal ao bloque que son capaces de isto e máis. Se aparece algo usurpando as miñas siglas, procuraría aclarar canto antes que non é certo (a través da páxina web ou deste foro, por exemplo), pero vaia, que nos acordamos despois da homenaxe e cando xorde a polémica, pola non presenza anunciada.

Fun eu quen aportou a foto, alí levaba o cartel pegado unha semana ata que lles puxen a foto por aquí. Agora, que a última proba desapareceu, sáennos con esta nota aclaratoria? Demasiada casualidade.

Anónimo dijo...

Estes están tan acostumados a facer pintadas e criticar no Nordés ao resto de contrincantes que pensan que todos son da súa condición. O malo é que agora con isto de Internet propagase tanto a mentira como a verdade á velocidade da luz. A foto ademais de poder comprobarse que d fotoshop non ten nada, persoalmente vin varios carteis, polo que non entendo a que ven isto de negala verdade e a evidencia.
¿Dimitir? Como ben apuntas, ese verbo para eles só é aplicable para o contrario.
¿Respecto? Coido que aínda non chegaron a esa definición no dicionario.
¿Desprestixialos?. Vamos se alguén tentou desprestixiar aquí a demasiada xente foron eles.
No tema que nos ocupa eles mesmos se desprestixiaron e agora tentan lavalas mans coma Pílatos. !Tarde piaron!

Anónimo dijo...

Eu diría que cada vez están máis desnortado i esta nota ven a confirmalo, porque de aclaratoria non ten nada. Pilláronos nun renuncio e en vez de recoñecer que meteron a pata, ven conspiración paranoica por tódolos recunchos. Agardemos que veña un Nordés e os leve moi lonxe.

Anónimo dijo...

Erre que erreO BNG de Porto do Son deixa claro que non organizou un acto en homenxe a Sampedro

Margarita Romero Martinez, é a muller de Xoán Xosé León, edil do Bloque. Os falsificadores son delincuentes non???? Pois estes delincuentes que se adican a falsificar inclusive carteis sabe deus con que intencion, bueno saber sabese MAIS MENOS .,deberian estar onde deben estar os delincuentes ,o igual que quen o colga ,pois tan culpable e o que rouba como o que o permite .Eso da a demostrar a clase de chusma que vive en alguns sitios
Gústame · Responder · Hai 11 minutos

As falsificadores e delincuentes denúncianse no Xulgado, non sacando notas de prensa tentando confundir á xente. Persoalmente esa nota para min ten o mesmo valor "ningún" que as comisións nos Parlamentos que sempre exime de cometer presuntas irregularidades ao goberno de quenda, gracias á súa maioría ou se non a quen os apoia, coma por exemplo en Andalucía, cos ERES e IU.

Anónimo dijo...

Tengo muchas dudas respecto a esta polémica, La primera es, ¿cuándo tuvieron conocimiento de dicha "publicidad". Si el acto fue el domingo día 13, como mínimo tuvo que ser colocada el sábado y a tenor de los comentarios publicados, se expuso al lado de Chafariz, en el bajo de su sede y en otras zonas, ¿Nos quieren hacer creer, que si como dicen todo lo que hacen lo aprueban en sus "asambleas", ninguno de sus militantes o simpatizantes, vio ninguno expuesto y no se comunicaron entre ellos hasta que colgaron aquí la foto? ¿Significa esto que cada uno va por su lado y que por eso se la “colaron”? ¿Chocante, no?

Del 13 al 17 pasaron 4 días y hasta que salta la liebre y comenzaron a salir comentarios, no supieron reaccionar, ¿un poco tarde tratándose de políticos, no?

Otra de mis dudas es ésta. ¿Se dirigieron a algunos de los colectivos que organizan el acto, para como mínimo aclarar con ellos la polémica creada?

Lo más chocante es que a pesar de lo que dicen en el 3º punto (É totalmente falso que o BNG tentase realizar un acto paralelo). El cartel non menciona ningún acto paralelo, como tienen por costumbre hacer en Nebra sino que simplemente dice: (Asistirá Ánxela Franco como voceira Municipal do BNG). Digamos que hasta aquí incluso sería normal que anunciase su presencia, pero el problema estuvo en que ni ella, ni ninguno de sus compañeros en la Corporación Municipal hicieron acto de presencia. Y posiblemente aquí está el quid de la cuestión, segundo su versión alguien lo hizo (para tentar desprestixiar ao BNG de Porto do Son). ¿Y ese alguien sabía que Ánxela no acudiría y por eso hizo el cartel? ¿Mucha casualidad, no?

2º NON organizamos ningún acto polo respecto aos organizadores. En este caso debemos entender que en Nebra, dieron en organizar su acto paralelo con la clara intención de faltarles al respecto a su organizador, su familia y a los descendientes de los familiares fusilados en Cans?

A los autores de este cartel no los acusaran también de hacer photoshop

Cartel de Nebra

Podríamos decir, ¿encontráis las diferencias.

Cartel de Xuño

Anónimo dijo...

Pregunta directa para a a tal señora Margarita: Cando na etapa do bipartito, baixo a dirección do seu home renováronse os parques de Porto do Son e Portosín, escoitou ou leu semellante acusación da oposición? Parques que se non estou equivocada, eran patentes alamanas.

¿Saíu de vostede ou mandáronlle?

Margarita Romero Martinez E eu preguntome....a quen se lle adjudicaron eses parques???????? O mellor ata foi a algun do PP de ribeira emais a outro gran empresario tamen do PP de Boiro !!!!! Non sei

A miña gran dúbida é, ¿na súa "Galiza" non haberá empresas tan boas e competentes como en Alemaña ou é que todas son de xente do PP?.

Sendo tan mala lingua coma vostede, diríalle que antes de facer este tipo de acusacións procurase non cometer tantas faltas de ortografía nin mesturalo galego co castelán. Algo que nunha nacionalista, para min debería estar penado.

A orixe da polémica: https://www.facebook.com/photo.php?fbid=559108194168193&set=pb.119703611441989.-2207520000.1390295200.&type=3&src=https%3A%2F%2Fscontent-a-mad.xx.fbcdn.net%2Fhphotos-prn2%2F1450257_559108194168193_1950701096_n.jpg&size=960%2C540




Anónimo dijo...

Temos na Galiza unha das empresas máis importantes de Europa en desenrolo de parques infantís sito en Cerceda(Corunha)....e foron quen de contratarllo os amiguetes da Alemaña..!!ASÍ SON OS REPRESENTANTES QUE SE FAN CHAMAR NACIONALISTAS(BNG)NO PORTO DO SON!!..BASURA.

Anónimo dijo...

Por certo,olvidei por o nome da empresa GALOPIN.

Xan das bolas dijo...

é que Galopin non é do BNG,estos son da rama disidente, como imos alimentar iso. Estades de coña non? A nosa bandeira é do BNG, non dos que se fan chamar nacionalistas de pro. Teño que explicar mais? Galiza é unha, e nada de Nova Galiza que xa ten uns poucos aniños a nosa terra

Anónimo dijo...

Mentres aquí todos sodes quen de opinar e criticar sen dar a cara, gracias a https://www.facebook.com/xornalcerto, recen me informo disto.
Porto do Son: empregan a figura de Ramón Sampedro para obter réditos políticos? vía @pacodomartelo

http://pacodomartelo.blogspot.com.es/2014/01/hai-quen-se-empena-en-poner-pexas-no.html?spref=tw

Agora xa non é un cartel, se non dous. Con máis tempo parareime a léelo con detemento, porque me parece sumamente interesante o que di.

Anónimo dijo...

O PSOE de Porto do Son cree que o alcalde ten intereses nunha da actuacións do PXOM

Presuntas irregularidades no PXOM de Porto do Son


Aparecen neste PXOM dúas ACTUACIÓNS INTEGRAIS que non estaban na aprobación inicial (2012). Estas actuacións integrais están situadas fóra dos núcleos de Porto do Son e de Portosín. Unha sitúase en Loreto-Campo de Prado (AGUIEIRA), e nela vanse poder construír 53 vivendas de 150 m. A outra, sitúase na ARNELA (Baroña), e o propio alcalde do PP, Luís Oujo Pouso recoñeceu no pleno que seu sogro ten terreos nesta actuación integral, onde se van poder construír 35 vivendas de 150 m. Con estas dúas actuacións están reducindo edificabilidade ao núcleo de Porto do Son. A xustificación do PP para facer estas actuacións está en que queren regular viais e darlle accesibilidade ás parcelas, ademias de facer 26 prazas de aparcamento na Arnela e 40 na Aguiera. 40+26= 66 prazas de aparcamento, cando se van construír 88 vivendas, se son de 150 m., ou máis, se son de menos.

Anónimo dijo...

Resulta raro que mientras acusan de photoshop a un anónimo a día de hoy no se pronuncien sobre este que apareció a mayores. Como bien apunta el bloguero, es raro que no intentasen hablar con alguien de dmd o amigos de Ramón y que solo se limitasen en la web o en sus cuentas de Facebook a acallar las criticas.