10 diciembre 2013

Prácticas en empresas de Alemaña para mozos con Paideia e a Deputación

:logo-ecg: | Terras de Santiago

Benefician a vinteún xóvenes de Barbanza, Malpica, Rois, Costa da Morte ou Lousame

O presidente da Deputación, Diego Calvo, ven de asinar coa presidenta da Fundación Paideia Galiza, Sandra Ortega, o convenio para financiar o programa La ida. Este proxecto de mobilidade ofrecerá prácticas en empresas de Alemaña a mozos e mozas en situacións de desvantaxe e con difícil reinserción (desemprego, risco de abandono escolar, desvantaxes por cuestións territoriais, entre outras).

Deste xeito, e grazas a esta axuda –a Deputación aporta 17.000 €, un 80% do total– vinteún galegos de entre 18 e 30 anos e residentes en As Pontes, Boiro, Carnota, Lousame, A Coruña, Malpica, Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Rois e Sada realizarán un período de prácticas formativas durante un mes en empresas das rexións de Wernigerode e Recklinghausen.

0 comentarios: