16 diciembre 2013

II Xornadas Gastronómicas de Porto do Son

Dende a Concellería de Promoción Económica e Servizos Sociais, queremos poñer en marcha durante o vindeiro ano 2014 as II Xornadas Gastronómicas de Porto do Son. Esta actividade que ven realizando esta concellería ten como intención axudar á promoción económica do Concello, por iso, queremos animalo a participar.

Durante esta ano 2013 leváronse a cabo, con notable éxito, un concurso de filloas e orellas, un concurso de tapas, unhas xornadas de cogomelos e castañas e unhas xornadas de xurelos. Preténdese resaltar os produtos habituais de cada época do ano, e tamén os produtos típicos da zona, como é o caso do xurelo.

Para participar só ten que anotarse na área de Promoción Económica /Servizos Sociais do Concello cubrindo unha folla de inscrición, ou mandar un correo electrónico a javierqy@hotmail.es. A inscrición é totalmente gratuíta. Tamén nos gustaría que se ten algún tipo de suxestión referente a estas xornadas, nola fixera chegar na mesma dirección.

0 comentarios: