04 noviembre 2013

Actividades extraescolares: Portosín


A Concellería de Servizos Sociais de Porto do Son, pon en marcha ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES a partir do 11 de novembro, ata maio de 2014.

Actividades extraescolares nas que nenos e nenas do Concello, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, poderán realizar diferentes talleres plásticos, musicais, de animación á lectura, xogos, xincanas, etc.

Para participar nas actividades as persoas interesadas deben acudir á Casa de Cultura correspondente os días 5 e 6 de novembro en Portosín e 7 e 8 para Xuño, en horario de 17:30 a 19:30, ou chamando ao teléfono de información xuvenil 981 76 75 89

0 comentarios: