22 septiembre 2013

Deportes, 22 setembro

Estimados visitantes.
No noso afán de seguir informando das novidades que concirnen ao concello de Porto do Son, comezamos a experimentar un engadido no blog. Na parte superior, se non o fixeron xa, temos unha lapela "Deportes". Aproveitamos a ferramenta disposta pola web www.siguetuliga.com para ter o almanaque de partidos de fútbol de cada xornada, que implican aos distintos equipos do concello.

Cada venres, procuraremos facer unha entrada onde poñeremos os partidos a disputar na fin de semana, e os horarios se están dispoñibles. Esperamos que lles agrade o engadido, e se coñecen dalgunha outra modalidade deportiva que se celebre na fin de semana, non dubiden en deixalo nun comentario, ou contárnolo no formulario de contacto.
Actividades deportivas: 22 de setembro

Fútbol

Domingo, 22 de setembro

INFANTIL
* 11:00h Porto do Son - Xuño

ADULTO

* 17:00h Queiruga - Dodro

* 17:00h Nebra - Lampón

* 17:00h Porto do Son - Baroña

* 17:00h Caamaño - Artes

0 comentarios: