17 mayo 2013

Entrega de diplomas con mensaxe social


:logo-lvg: | Barbanza

1Como vén sendo habitual ao final de boa parte dos cursos que levan a cabo na comarca, unha entrega de diplomas puxo fin ao taller de habilidades sociais que se impartiu en Boiro. Pero estas acreditacións, que os aplicados alumnos recibiron de mans dos concelleiros Beatriz Deus, María José Lorenzo e Antonio Moledo tiñan unha mensaxe social incluída. E é que foron a parar a mans de persoas con discapacidade intelectual ou cognitiva, que durante case tres meses dotáronse das ferramentas necesarias para ser independentes e autónomos no seu día a día.

Arte local

2Das paredes interiores do Centro de Interpretación do Castro de Baroña colgan desde hai uns días acrílicos asinados polo artista Marco Valiño. Na apertura da exposición, que estará aberta ata fin de mes, estivo presente a concelleira de Cultura, Asunción Torres.


En recordo de Rosalía

3Invitados polo colectivo Terra de Outes, Francisco Rodríguez recalou en Barbanza para falar de Rosalía de Castro e dos seus Cantares, unha obra que cualificou de transcendente para a cultura galega. A intervención, que foi presentada polo responsable comarcal da CIG, Xan García, concluíu cun animado coloquio e intercambio de opinións ao que se sumaron boa parte dos asistentes.

Despedida de nivel

4Ao grande celebraron un grupo de mulleres a despedida de solteira de Lucía Ruso Muñiz que, por uns minutos, converteuse no foco de atención dos boirenses. E é que dúas limusinas a recolleron, a ela e á súa ducia de boas amigas, no centro da localidade para trasladalas despois á cidade coruñesa. Nin que dicir ten que, unha vez alí, o grupo gozou dunha animada velada que se prolongou ata altas horas da madrugada.

0 comentarios: