12 marzo 2013

A Creba presenta este xoves no Liceo de Noia o documental ‘Con etiqueta’

:logo-ecg: | Terras de Santiago

Está protagonizado por persoas que están vencelladas coas doenzas mentais

O Liceo de Noia acolle este xoves ás 20.00 horas a presentación do documental Con etiqueta, dirixido por Adriana Pérez Villanueva, que conta coa colaboración da asociación A Creba e Feafes Galicia. A maioría dos protagonistas (persoas vencelladas coas doenzas mentais) son de Noia.

Este documental forma parte dun proxecto en prol da eliminación do estigma da enfermidade mental. Todo comezou cunha curtametraxe, Ramón e Xulia, realizada dende A Creba e plantexada como un obradoiro onde as persoas diagnosticadas se encargaban de todo o proceso.

0 comentarios: