13 diciembre 2012

Maxia na Casa da Cultura de Porto do Son


Día 15 ás 18:00 horas. Destinado a tódolos públicos.

A maxia é unha gran aventura, aparecendo alí onde menos o agardas. Este é un espectáculo do mais variado, para vivir a maxia tan de preto, que incluso os espectadores participan das grandes ilusións...

Rapaces e adultos, participan constantemente en efectos máxicos e con cantidade situacións cómicas de por medio. Todo elo, presentado sempre cun humor sinxelo e familiar, selo persoal dos espectáculos de Benxamín..

A orixinalidade está sempre presente nos espectáculos do mago Benxamín, para achegar ó público Grandes Ilusións como esa intrigante ZIG-ZAG (única no mundo da maxia), escapismos a cargo de LOLI; e tamén viaxes no tempo, pombas que aparecen por arte de maxia, cordas, cartas, música etc.

0 comentarios: