20 diciembre 2012

A plataforma pola sanidade pública reclama melloras nos servizos do hospital de Barbanza

:logo-lvg: | Barbanza

Representantes do colectivo reuníronse con membros do BNG comarcal para transmitirlles as súas demandas

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Barbanza mantivo onte unha reunión con representantes do BNG, entre eles a deputada Ana Pontón, na que transmitiu unha serie de demandas relacionadas coa mellora do servizo que se presta na comarca. Neste sentido, unha das demandas, que os nacionalistas levarán ao Parlamento, é que se incremente o orzamento do hospital para mellorar determinados servizo, coma o de radioterapia e o de urxencias. Este último, segundo se manifestou dende a plataforma, precisa dunha ampliación.

Ademais, volveuse manifestar a necesidade de dotar ao complexo sanitario de Oleiros de celadores, unha vella reivindicación que segue sen ter resposta por parte da Administración galega.

Outra das demandas do colectivo é que se manteñan as substitucións do persoal sanitario de baixa ou de vacacións, xa que se viron notablemente reducidas.

Por último, desde a plataforma barbanzá aproveitaron a ocasión para censurar o feito de que o PP vetara o debate no Parlamento galego da iniciativa lexislativa popular, presentada polo colectivo e respladada pola sinatura de 40.000 cidadáns.

0 comentarios: