23 octubre 2012

O partido de Beiras está na boca de casi todos

:logo-lvg: | Barbanza

Os populares, grandes triunfadores da noite electoral do pasado domingo, amósanse satisfeitos cos resultados obtidos que, segundo o coordinador comarcal, José Luis Torres Colomer, constitúen un respaldo á actuación de Alberto Núñez Feijoo durante estes catro anos. Todo o contrario ocorre nas filas do BNG, que perdeu apoios. Representantes da formación na bisbarra, como o responsable barbancés Xosé Piñeiro ou a sonense Ánxela Franco, indicaban onte que manteñen o seu compromiso e que farán unha análise co propósito de recuperar a confianza perdida dos cidadáns.

bng

Aprender dos erros. Xosé Piñeiro manifestou: «O partido liderado por Beiras, Alternativa Galega de Esquerda (AGE), entrou con forza e, incluso, en varios concellos quedou por diante do BNG».

O responsable comarcal dos frentistas recoñeceu que o partido de Xosé Manuel Beiras, co tirón mediático do seu líder, soubo facerse co apoio da xente descontenta: «Nós non».

Nin Piñeiro nin Franco comprenden esta perda de confianza por parte do electorado cando manifestan: «O noso programa está máis preto do que precisan os cidadáns».

CXG

Coa vista nas municipais. O candidato de Compromiso por Galicia Manuel González manifesta que eran conscientes da dificultade da cita electoral: «O noso proxecto non se coñecía e houbo unha concentración do voto na forza emerxente de Xosé Manuel Beiras. A xente votou a quen considerou que podía facer unha oposición máis dura».

Aínda recoñecendo que os resultados non foron bos, Manuel González amósase esperanzado porque manifesta que esta foi unha forma de que Compromiso por Galicia dera a coñecer o seu programa á sociedade. Agora, Manuel González ten as súas miras postas nas municipais: «Nós creo que podemos facer un bo papel no ámbito local».

De igual xeito, síntese medianamente satisfeito do resultado acadado nos municipios de Noia, Outes e Muros.

pp

Defensa do traballo feito. Os populares séntense satisfeitos porque, como indica o senador e coordinador de campaña, José Luis Torres Colomer: «O PP gañou en todos os municipios». O único que lamenta Torres Colomer é o aumento da abstención.

O senador ribeirense sinala que os cidadáns apoiaron ao Goberno serio de Feijoo: «Adoptou medidas de austeridade, pero tamén se fixeron inversións e políticas sociais».

No caso pobrense, os resultados dos comicios do domingo poñen de manifesto un descenso de apoios do PP. O rexedor, Isaac Maceiras Rivas, sinalou que non está preocupado: «Hai unha perda de apoios porque os electores non foron votar e tampouco pode perderse de vista o feito de que o censo descendeu con respecto aos pasados comicios autonómicos».

Maceiras tamén precisa que o Partido Popular pobrense sempre perdeu respaldo nas eleccións galegas e nas estatais, polo que non considera que esta situación se deba á política que se aplica no eido municipal.

PSOE

Situación xeral. A responsable de campaña do PSOE e candidata pola bisbarra, Josefa Hermo, manifestou que a caída do PSOE foi algo xeneralizado: «Pode que os cidadáns quixeran castigar ao PSOE», afirma.

A socialista manifestou que aínda non analizou en profundidade os resultados do partido.

PP
«É un respaldo ao Goberno serio de Feijoo»

BNG
«Aguantamos mellor o tipo que no resto do país»

BNG
«Das derrotas apréndese. Traballaremos igual»

PP
«A xente non foi votar e tamén baixou o censo»

CXG
«Podemos facer un bo papel nas municipais»

PSOE
«A caída do PSOE foi unha cousa xeneralizada»

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Bos días, pediría encarecidamente á señora María Ángela Franco Pouso, portavoz do Bloque no Concello, que fixese o favor de solicitar ao seu grupo que retirasen as fotos do señor Francisco Xesús Jorquera Caselas, que a día de hoxe seguen penduradas por toda Vila. Non vaia a pasar como nas xerais, que se encargou de facelo o sol e os temporais. Se non chega a ser polas inclemencias do tempo, case puideron aproveitala publicidade das xerais, coas autonómicas, polo tempo que aguantou exposta a primeira.

Petición que fago extensiva ao señor Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, portavoz do PSOE, para que faga o mesmo no seu grupo e pasen a retiralas fotos do señor Manuel Vázquez Fernández, que aínda teñen colgadas á entrada de Portosín.

Ao pobo defendésenos e respectásenos de moitas maneiras, unha formula é unhas vez rematada a campaña electoral, retirar todo tipo de publicidade que non sexa biodegradable, coma é o caso que nos ocupa.

Anónimo dijo...

¿De que vas? ¿Nin que non tivesen outra cousa que facer? Non ves que andan máis preocupados preguntándose porque perderon tantas votos e quen foron os veciños e veciñas que votándoos sempre, agora os traizoaron.
A uns e outros podémoslle aplica este dito: Malditos aqueles que coa súas verbas defenden ó pobo, e cos seus feitos o traizoan. O exemplo ben á vista o temos.

Anónimo dijo...

Tamenas podian quitar os empleados da Xunta igual que fan as pegadas do pp na campaña electoral, pra eso non estan de baixa laboral.
o que non quita que este dacordo co seu comentario.

Anónimo dijo...

Desculpa, nin coñezo aos empregados da Xunta, nin sei se se dedicaron a pegalos carteis do PP. Tampouco sei se é un bulo ou unha lenda urbana, aquí no Son, cando gobernaba o PSOE tamén se dicía que os empregados municipais se adicaban ao mesmo.
Podes estar de acordo ou non co meu comentario, pero direiche unha cousa, os partidos cobran de todos nós pola publicidade, polo mailing e polos votos que reciben, polo menos os que acadan escanos. Polo tanto estou no meu dereito a pedirlles que unha vez pasen as eleccións, retiren a súa publicidade, sexa o PP, ou coma nestes casos o BNG e PSOE. Se te achegas á igrexa, seguramente vexas tirado entre as rochas un cartel do BNG das pasadas eleccións xerais.

Anónimo dijo...

"Anónimo31 de octubre de 2012 13:17" Lamentablemente algúns solo as poden sacar cando teñen tempo libre, que non todos dispoñen da pasta do PP para pagar a quen as coloque e as saque.
Esto é algo que habería que regular, para todo, tamén hai quen pega carteis de anuncios particulares en postes e muros alleos, ¿Estes non molestan?

Anónimo dijo...

Antes de escribir, deberias comprobar que o dia do teu comentario xa non estaban os carteis, pero coido que non todos che molestan de igual maneira verdade?

Anónimo dijo...

¿Por que sempre tendes que meter ao PP polo medio? O PSOE, coma o PP, xa leva anos valéndose de empresas para colocala súa publicidade nas farolas. O BNG non tantos, pero nas últimas contendas xa fixo o mesmo. ¿Por que cando asinan ese contrato, non leva implícito tamén a súa retirada?
Que diga que os militantes de X partido non teñen tempo libre para facelo, cando todos sabemos que nos 15 días que dura a campaña, ou incluso antes, andan todos frenéticos a pegar os carteis de papel en "muros alleos" e non se perden un mitin, choca bastante.
Molestar supoño que molesta todo, pero comparar esa publicidade de papel con unhas pancartas de pvc que se non se retiran perduran aí meses, e que algunhas mesmo estorbaban polo baixo que as deixaron, coido que non é o mesmo. Iso é buscarlle os tres pes ao gato.

Anónimo dijo...

No quiera ser usted más papista que el Papa. Que quiera hacer creer a quien no viva en el Son que alguien se molestó en criticar que 10 días después de las elecciones aun siguan colgados los carteles electorales de algunos partidos, no le da derecho a que nos tome por idiotas a los que vivimos aquí. Salga de su caparazón y venga a Portosín a comprobarlo por si mismo.

Anónimo dijo...

Esta visto que fala vostede en nome do BNG. Mire, unha cousa foi cando escribín o comentario e outra moi diferente, cando o responsable do blog lle deu entrada. Cando me sentei fronte ao ordenador, diante da miña casa seguía colgando un cartel do seu partido. Con isto non digo que vostede minta, pero si que escribiu despois de retiralos.
Tamén quero pensar que non participou nesa retirada, porque entón decataríase que nun farol segue decapitado o pobre Jorquera.
A todo isto lémbrolle ademais que non só critiquei os seus carteis, se non os que ten o PSOE en Portosín, que a día de hoxe seguen pendurados. Se non critiquei os do PP, AGE e outros, é porque cando fixen a crítica xa os retiraran.
Como cidadán teño (temos) todo o dereito á liberdade de expresión, aínda que a vostede parece que iso non lle gusta. Igual é que pensa que sodes os únicos que podedes criticar a destro e sinistro.