15 junio 2012

XXVI Volta ó Besaya

Desde o día 15 de este mes disputarase en terras cántabras a Volta ó Besaya para a categoría junior coa participación da selección galega.

O seleccionador galego, José Angel Vidal convocou para esta ocasión a Roberto Mediero (Fundación Óscar Pereiro), Angel Diz e Javier García (SPOL), Daniel López e Alexandre Rodríguez (C.C. Cambre), Samuel Blanco (C.C. Vigués) Anxo Lorenzo (de porto do son)e o seu compañeiro de equipo David Seage (C.C. Padronés).

A proba consistirá en tres etapas, unha delas con doble sector. A primeira será Los Corrales de Buelna - Mercadal con 85.6 Km. de percorrido. A segunda con un sector matinal entre Santander e Ruiloba de 59,9 km. e pola tarde unha contrareloxo entre Arenas de Iguña e Bostronizo de 5 km. A última discorre entre San Felices e Los Corrales para percorrer 99,3 km.

José Ángel
15/06/2012 10:21:12

0 comentarios: