28 octubre 2011

As mortes en Cans no 1916

Aos pés de dous monólitos lémbranse os feitos cada 12 de outubro. Foto SIMÓN BALVÍS
:logo-lvg: | Barbanza

Cinco veciños foron asasinados loitando contra unhas taxas que consideraban inxustas

No Antroido do ano 1916 corría o rumor de que o Concello de Porto do Son acordara repartir entre os veciños uns arbitrios extraordinarios e o importante déficit que resultaba no imposto dese ano, e que ascendía a 9.381,71 pesetas así como unha nada desprezable cantidade de 5.259,35 pesetas correspondentes á primeira anualidade da moratoria que a Deputación Provincial de A Coruña lle outorgara o 14 de xaneiro do ano anterior. Os ánimos entre as xentes estaban moi exaltados e tanto os afiliados á Liga Agraria de Nebra como La Protección Obrera de Porto do Son mantiñan reunións periódicas para informar da situación e acordar as medidas a tomar.

Os veciños protestaban porque non se lles informara debidamente e non puideran presentar reclamacións. A Liga Agraria, en sesión extraordinaria do día 2 de abril, acordara convocar os veciños para unha gran manifestación ao día seguinte. A concentración á que acudiran centos de persoas rematou ás portas do Concello, pero ningunha autoridade acudiu a recibilos. Si fixo acto de presenza a Garda Civil, que, por medio de tres parellas, procedería a disolver a manifestación con contundencia, facendo fuxir os manifestantes. Cinco veciños foron detidos e levados ao día seguinte ao xulgado de Noia onde quedaron presos.

A comezos do mes de maio, unha representación dos veciños foi entrevistarse co gobernador, quen desestimou a súa solicitude argumentando que a reclamación debera terse feito en tempo e forma. De volta de A Coruña, a decepción foi xeral, manténdose dispostos a todo con tal de non pagar. Ese sentimento de rexeitamento onde máis se deixou sentir foi na parroquia de Nebra.

Algúns xornais anunciaban que a situación viraba tan tensa que de non cortarse a tempo remataría en traxedia.

O gobernador enviou telegramas con instrucións concretas ao alcalde e ao xefe da Garda Civil para que procedesen con toda a mesura necesaria. Para o día 12 estaba previsto que os cobros e embargos se realizasen en Nebra, comezando polo alcalde de barrio, Joaquín Sobrado Castelo, veciño de Cans.

Ao amencer dese fatídico día, saíron de Portosín 40 gardas civís, en formación, encabezados por dous tenentes e polo seu capitán, a cabalo. Os campesiños reunidos na Liga Agraria acordaran reunirse na ponte de Cans, alertados polo estourido dun foguete, e concentrándose ao toque reiterado dun corno, tratando de evitar os cobros e os embargos. Eran máis de trescentos, entre eles moitas mulleres que portaban paus e apeiros de labranza coma fouciños e gadañas.

Intercambio de pedras e tiros

Producido o encontro, o capitán solicitoulles aos labregos que se dispersaren, mentres que eles contestaron coa negativa a seren embargados. Un grupo de mulleres e un mozo adiantáronse ao grupo, comezando un intercambio de pedradas e disparos. Alí mesmo morreron un home e unha muller. Tralo enfrontamento, a Garda Civil retirouse a Portosín, mentres se socorría os feridos.

Tanto o alcalde, Severiano Martínez, coma Maillo, capitán da Garda Civil, escribiron senllos telegramas ao gobernador, en termos moi parecidos, para poñelo ao corrente do sucedido, cunhas versións que non corroboran os veciños. As dúas sociedades son pechadas, e os feitos serían silenciados polas autoridades.

O lamentable balance dos sucesos de Nebra saldouse definitivamente con cinco mortos (un home e catro mulleres), nove feridos graves (cinco homes e catro mulleres) e trinta persoas feridas leves por parte dos veciños de Nebra, mais outros dous, membros da garda Civil.

A gravidade dos feitos acontecidos na ponte de Cans chegarían ata o Parlamento e o Congreso onde se criticou con dureza aqueles sucesos, que agora ano tras ano son lembrados en Nebra para que non fiquen no esquecemento.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Alégrome polo promotor destas homenaxes, polos familiares das vítimas e polos veciños e veciñas de Nebra, que La Voz de Galicia fuxindo de toda liorta política, optase por acompañala crónica de Mariño del Río coa foto do acto organizado por este colectivo.
¡¡¡BASTA XA!!! Non hai dereito a que un grupo de "amiguetes" queiran politizar a HISTORIA de Nebra e a memoria dese labregos.

Anónimo dijo...

Si,basta xa de insultar sempre os mismos, os que
somos do BNG e non e non temos vergoña de cado a naide importaba as vitimas de Nebra e os valores que representan a nos SI, e neses "amiguetes" esta tamen Paco.O mesmo ocurreu no de Ramon Sampedro, pero quede claro que nos dous casos o que nos importa os do BNG e que os veciños non esquenzan nunca os valores que recordan os dous actos, o protagonismo pra que o precise pra alimentar o seu ego, a nos danos o mesmo.
Que descansen en Paz, e vivan na memoria do noso
pobo os seus valores.

Anónimo dijo...

Prezado anónimo, ¿trabucouse vostede de comentario ou que? ¿Onde os insultei? Só me limitei a escribir o que pensamos unha maioría de veciños, que máis que un partido parecen vostedes un club de amigos, onde catro cortan o bacallau. E como se veu tralo paso polo bigoberno, en canto teñen a menor oportunidade colocan aos "mellores", como foi o caso da informática da edil de Noia, aínda que polo visto idea diso ten ben pouca.
¿Por que seguen negando a evidencia? Analizando a información que aquí se colgou e os comentarios da xente, quen de verdade se moveu para lembrar esas vítimas foi o veciño de Nebra, que nesa época militase no BNg non creo que agora que fuxise, lles dea dereito a apropiarse dese xesto tal e como podemos ollar. Así aconteceu tamén cando estiveron no bigoberno, ¿non?. Todos os logros foros seus, o PSOE un cero á esquerda.
Si, xa sabemos que no caso de Ramón Sampedro foron vostede o precursores, pero se agora ese acto o celebran outros, ¿cal é o motivo que ao contrario que en Nebra, non promovan a seu particular homenaxe? Sexan valentes e sáquennos de dúbidas.
Xa ollamos que vostede o di todo: ese veciño organiza as homenaxes polo seu ego e vostedes polos valores jajaja. Perdoe que me ria.
"Amiguete" voso seria, pero facendo caso ao enlace que deixou noutro comentario, se aos amigos lles levades un agro por diante, ¿qué fariades con un inimigo?
E non se anoxe tanto home, tómeo con filosofía

Anónimo dijo...

Qué fácil e botar bulos co enchufismo, etc, cando o que se está a facer e desprestixiando a persoa que acadou a praza, sin saber o mal que se lle pode estar a facer, pola contra ninguén dixo nada acerca duns comentarios dunha antiga concelleira do PP, cando afirma que cando ela estivo no goberno enchufou a moita xente na cuadrilla contraincendios, pero claro os comentarios xa se sabe ben de onde veñen. Con respecto ao do levarlle o agro por diante, infórmese vostede onde debe informarse que é dirixindose aos comuneiros de Nebra e non aos comentarios que se poidan facer

Anónimo dijo...

¡Como que bulo! ¿A caso non é verdade que unha concelleira de Noia ocupa ese posto adxudicado días antes das eleccións municipais? Un pouco de casualidade si que é, pero claro, chégavos con sacalas trapalladas dos demais para cubrilas vosas vergoñas.
No caso da concelleira que menciona, se pensamos na mesma persoa vai vostede por mal camiño, xa que nunca estivo nun goberno municipal, así que malamente puido enchufar a alguén no Concello. Na Xunta si que puido ser. Ela polo menos foi valente e recoñeceuno ou tirouse un farol, outros aducides "que fácil é botar bulos". ¿De que partido cree que era a maioría da xente que se "autocolocou no chiringuito creado polo BNg". ¿Dille algo SEAGA?
Non teño porque dirixirme aos comuneiros de Nebra por unha simple razón, non pertenzo á citada comunidade. Se fixen ese comentario foi a raíz do enlace colgado polo citado veciño e pola mención que fai vostede de que antes eran moi "amiguetes". De todo isto quédame algo claro, nin agora vostede, nin antes outro anónimo, se non foi vostede mesmo, o desmentiron, polo que supoño que iso quere dicir algo: que ao mellor non minte. Polo demais non teño máis que dicirlle, nin aportar a este debate estéril.

Anónimo dijo...

Bulos co enchufismo? Jajajaja, vostede ten cheiro a BNG, si quere confirma ese bulo só ten que asistir as clases da sua pupila. E con iso sobran palabras, non sei agora, pero fai uns meses tiñamos no noso concello unha profesora de informatica que impartia clases de mecanografía.

Iso en verdade require moota formación. E o os danos que se poidan facer ou recibir, debe pensarse antes de aceptar o enchufe no posto que sexa. E moito mais cando é para un posto no que non se esta devidamente cualificado.

Paco do Martelo dijo...

Erre que erre (I)

Sigo dicindo que por moito que se insista nunha mentira, esta XAMAIS se convertera nunha verdade e para demostrala falsidade do anónimo 28 de outubro das 18:03, ai están a declaracións noutra entrada de quen coma el, agora di o mesmo.

Descoñezo cal e o termo amizade para algúns. Para min son varios:

- Confianza, sinceridade e lealdade. A amizade ha de ser fiel, confiar no noso amigo e saber que podemos contar con el cando o necesitemos. Ha de ser sincera e debe existir confianza para mostrarnos con naturalidade, tal e como somos e pensamos, sen medo a non ser aceptados e sen tratar de impresionar.

- Interese polo amigo. Debe existir un verdadeiro interese polo noso amigo, preocuparnos polos seus asuntos, compartilos e aconsellarlle cando así o requira a ocasión. Interesarnos no benestar do outro e en todo aquilo que lle preocupa ou lle interesa.

- Sacrificio. A amizade supón sacrificios, porque supón entrega e esforzo por compartir e dar. Unhas veces consistir en dar parte do noso tempo, outras da nosa paciencia, escoitar, orientar, axudar, apoiar, consolar, etc.

- Xenerosidade. Debemos ser xenerosos á hora de compartir, non centrarnos só nas cousas materiais senón tamén nos sentimentos ou en todo aquilo que se espere de nós.

- Respecto. Respectar a forma de pensar e de ser do noso amigo e permitirlle ser el mesmo, aceptándoo tal e como é, sen condicións.

Cando nun grupo de "amigos" hai discrepancias entre dous e a maioría toma partido por un deles, sabendo a censa certa cal é o que non ten razón, a iso non se lle pode chamar amizade.

Cando alguén esta mais preocupado pola imaxe que iso podía dar á súa campaña electoral que o que pasou coa agro do pai do suposto amigo, a iso non se lle pode chamar amizade.

Cando dende altas esferas en vez de contestarlle a quen lles remitiu unha carta pedindo a súa mediación, lla pasan ao implicado, a iso non se lle pode chamar amizade.

Para min máis que amigos de verdade foron eses 300 veciños e veciñas que aquel 12 de outubro trataron de defender ao seu veciño, pagando cinco deles ese xesto coa súa morte.

A vista dos feitos anteriormente descritos, mais que amizade diría que eramos compañeiros dun ideario, hasta que igual que moitos outros militantes e votantes, me sentín defraudado. No meu caso co agravante de que despois de pagar tantos unha cota e aportar moitas veces fondos nas campañas, me viñesen a expropiarlle o agro a meu pai ou o que é o mesmo, parte do que algún día, que agardo tarde, sería a miña herdanza e a de meu irmán.

Noutra entrada outro anónimo aduce que non podo facerlles o acto por ser relixioso, cando en 12 anos xamais dixo nada e seguramente acudiu máis dunha vez a Cans cando eu era o único promotor. Agora ben este aducindo que o fago polo meu ego. O que tal hai que ler, cada vez algúns superasen en buscarlle os "tres pes ao jato". Xulguen vostedes mesmo.

Paco do Martelo dijo...

Erre que erre (II)

Non debería meter nisto a "compañeiros" doutro pobos, pero véxome obrigado a facelo. Sen ir moi lonxe, ao outro lado da ría, en Muros o ano pasado cumpriuse o douscentos aniversario do desbastador incendio do pobo e masacre dos veciños a man das forzas napoleónicas en represalia polos constantes ataques que en diversos pobos lles causaron ás súas forzas. Corríxanme se me trabuco, pero coido que dende o goberno BNG-PP, non se fixo nada por lembrar esa histórica data.

Cos mártires de Oseira pasa outro tanto, 102 anos despois da súa masacre coido que ben merecen unha homenaxe, xa que a única que lle lembro é a particular viñeta de Castelao. Esas tamén son parte da Historia e crónica negra de Galicia, pero notase que nun é noutro caso non teñen o seu "Paco particular" para roubarlle a "idea". Por desgraza hai moitas máis vítimas que fican esquecidas para os gobernos, partidos políticos, sindicatos ou para os seus veciños e familiares.

Tema aparte é querer meter agora neste tema aos comuneiros de Nebra e intuíu a que ben isto, pero van por mal camiño. A Comunidade de Montes de Nebra XAMAIS aprobou en ningunha Asemblea Xeral ou da Xunta Reitora, facer esa pista, tanto en terreos da comunidade, como atravesando propiedades privadas, entre elas a de meu pai. Se afirmo isto con rotundidade é porque nesa época o secretario era eu, e curiosamente fun o ultimo en ser informado... pero xa cando estaba feita.

Non sei como fan noutras comunidades, aquí segundo o presidente fanse as cousas e despois comunícanse aos comuneiros e se non nos gustan... desfaise. Entón que restituía o agro tal e como estaba antes de facerlle a pista.

As citas do anónimo están nesta entrada: http://fonforron.blogspot.com/2011/10/aclaracion-homenaxe-martires-de-nebra.html

Anónimo dijo...

Hace tiempo que sigo este blog y me chocan 2 cosas:
El empecinamiento de un militante del Bloque en querer atribuirse, sin saber el por qué, la paternidad del homenaje a las víctimas de Nebra, a pesar de que tiene que saber que hace años otro compañero dijese en esa entrevista de La Voz, de quien partió la idea.
Que entre las 6 entradas más populares, 3 tengan que ver con este hecho, solo puede significar que la gente sigue con interés todo lo que concierne a esta sinrazón del arriba mencionado.
Lo que no entiendo es que si en este caso no fueron ellos los "padres" ahora si hagan ese acto aparte y en el caso de Sampedro, sigan insistiendo en que fue cosa suya (creo que nadie se lo cuestionó), pero no hagan lo mismo. ¿qué pasa, que los vecinos de Nebra les merecen menos respecto que los de Xuño?
Yo creo que la amistad de los políticos dura mientras nadie se salga de la línea o lo que es lo mismo, que tiene menos duración que una pila Duracell. Sin salir de O Son tenemos unos cuantos casos sonados, tanto en el PP, el PSOE, o el Bloque.

Anónimo dijo...

a vostede a humildade non lle sobra,eh? ten un "yoismo" xeitoso...

é q conste q nesta historia nin pincho nin corto, de feito non sabia da existencia deste acto nin do acontecido ata q estes días o leín por estes lares; o q parece é q vostede, Arben, o q fai faino en plan q se recolleza a súa labor personal; cando unha cousa se fai por sentimento non see busca protagnismos;

non sei se estou equivocada na miña reflexión, pero parece dende logo, e sobre todo nestes últimos comentarios seus, que vostede é un pouco oportunista, a frase de "pacos particulares" quédalle moi fea, parece q o q escribe aqui é para recibir halagos


(q conste q con esto non fago defensa do b.n.g da comunidade de montes nin de ninguna outra entidades(

Anónimo dijo...

son a mesma do anterior comentario, e quero acer unha pequena aclaración q me parece necesaria: arben, perdoa se che ofendín, creo q as miñas verbas poden parecer un pouco ferintes, asi que sintoo se che molestou en exceso, quero recalcar, q é esa a impresión que da, non que o fondo do asunto sexa ese

de feito, parces tal cual un políticucho falando en campaña electoral, dando a sensación de venderse ao electorado, q polo visto somos os teus veciños/as, eres un tanto demagoxico

Anónimo dijo...

Señora, ¿o quizás debería decir señor?, para non pinchar nin cortar nada en esta historia, ni por lo que se deduce de su escrito, conocer al vecino, le dirigió bastantes pullas. Eso si, salva curiosamente de la quema al b.n.g., que a la vista de las pruebas son los únicos que mienten aquí.
Cando se fai unha cousa faise por sentimento, non por protagonismo. Vaya, de nuevo los libra, porque claro, para usted lo que hace esa gente solo es por sentimiento, amor al arte y sin buscar protagonismo. ¡Anda ya! Tenía que ver hace unos días como en el Canal Rías Baixas su representante en la comarca sacaba pecho por los miles de euros que consiguieron los suyos en Madrid para nuestro Museo del Mar, eludiendo mencionar al gobierno de Zapatero que a la postre fue quien soltó la pasta. Entrevista en la cual mintió, ya que dijo que estaba acabado o presto a inaugurarlo, cuando los vecinos de Porto do Son sabemos que aun le falta mucho.
¿Qué no lo hace en defensa del b..n.g., ni de la comunidade de montes, ni de ninguna otra entidad? No se porque mezclan de nuevo a la comunidad, cuando el interesado dejó bien claro que esta no tiene nada que ver nada con el tema. Ahora que nos quieran hacer creer que no lo hace en defensa del b.n.g., tiene demasiado tufo la cosa.
¿Sabe lo que me pensé nada más leer sus primeros párrafos? No se el por qué, pero me dió la sensación que usted es el autor de alguno de esos comentarios "caseros" y que ahora, al quedarse sin argumentos, recurre a la vieja argucia usada demasiadas veces en Internet, fingir lo que no es: una mujer. No estudié psicología, pero si se que la mujeres, salvo algunas metidas en política o que aparecen en la tv, son mucho más comedidas y respetuosas con la gente, sobre todo cuando no conocen a alguien. Si el interesado no se lo dice, se lo digo yo, quítense la careta.

Anónimo dijo...

Con perdón, ¡¡¡carallo coa señora!!! Non fai falla que adiviñemos quen leva os pantalóns na súa casa, ademais de notárselle ás leguas que non foi a unha escola de monxas.
Isto non será violencia xénero, pero verbal si, señor moderador. Comentarios destes son típicos de borrachos na taberna, aínda que é verdade que algunhas mulleres tamén lle pegan ben. Igual este é un caso, porque para soltar estes insultos e descualificacións hai que terlle xenreira a alguén, polo que penso que non deberían ter cabida nun blog. Non sei que pensan os demais, pero os comentarios do aludido encontros comedidos, e sobre todo, non vexo que en ningún deles que lle faltase a ninguén como fixo esta señora, segundo di, sen coñecelo de nada. Non quero imaxinar o que diría del de coñecelo.
Por suposto que esta no seu pleno dereito a que se foi el o artífice destas homenaxes, non queira deixar que outros veñan agora a menosprezalo. Todo que di esta señora del, con máis razón poderíamos traspasalos os outros, porque ao fin e ao cabo, dáme a sensación de que son os mentireiros.

Paco do Martelo dijo...

Non se esqueza señora que non ofende quen quere senón quen pode, e vostede dende logo está moi lonxe de ter ese poder. A frase non é miña, buscaba o refrán e apareceume na quinta columna do buscador de GOOGLE, como se a buscase expresamente: http://bngoincio.blogspot.com/2011/04/acalaracions-resposta-do-alcalde.html

Como pode ollar, parece que non son o único que se ve obrigado a ter que facer aclaracións cando alguén falta á verdade. Humildade; yoismo; xeitoso; protagonismo; oportunista; politicucho; vendido e demagóxico... Téñoas todas, faltoulle: ego e católico apostólico romano. Sabe o que-lle digo, entre vostede e máis eu hai unha diferenza substancial, no meu caso como vou sempre coa verdade por diante, non teño porque agocharme tras un anónimo como fai vostede.

Á vista dos seus comentarios non sei a cal facerlle máis caso, se ó primeiro (non sabía da existencia deste acto, nin do acontecido), ou ó segundo (de feito, pareces tal cal un políticucho falando en campaña electoral, dando a sensación de venderse ao electorado «q polo visto somos os teus veciños/as», es un tanto demagóxico). Se-lle fago caso ó segundo, ten que ser vostede veciña miña, polo que xa comezou mentindo no primeiro.

No suposto caso de que fose veciña, sabe perfectamente que para a maioría de veciños e veciñas de Nebra, con algunha excepción, esta frase está demais e non precisamente por este acto: (o q parece é q vostede, Arben, o q fai faino en plan q se recolleza a súa labor personal). Os feitos, feitos están, e nin vostede, nin outros, poden borralos.

¿Venderme ao electorado? Non o tiven que facer cando me pediron ir nunhas listas, nin o vou facer agora que non teño a quen render «pleitesia».

Só dous últimos apuntes.
Primeiro.- Se me vin obrigado a da-la cara, foi a raíz das mentiras que algúns anónimos verteron aquí e porque non estou disposto a que ninguén, nin vostede incluída, me mangoneen.
Segundo.- Se quere saber o que dixen fai dous anos, quédalle aquí isto.
http://nebra-nebra.blogspot.com/2009/10/aclarando-homenaxe.html

Anónimo dijo...

CANTA AIDA FRUSTRADA TEMOS POR ESTES LARES
Paisana, deixa de ver tanta NORIA, SÁLVAME DE LUXE, SÁLVAME DIARIO, DEC, e culturizate un pouco que boa falta che fai: le un libro, que moito mais relaxante e seguramente aprenderas moito mais con el.
O teu si que é demagoxia e da barata, porque atacas vilmente ó promotor destas homenaxes e nin lle dedicas unha frase aos teus amigos do BNG, sabendo como seguramente todo o vertido polos teus compañeiros é mentira. Perdón, ¿teu pai non será un tal Guepeto?

Anónimo dijo...

non sei q tipo de interese hai en politizalo todo, en fin, esta guerra non é miña, eso teño claro, eu sí que me sinto ofendida polos comentarios, só din a miña opinión respecto uns comentarios vertidos aquí, este é un foro de debate é d opinión do q aquí se expón, eso foi o q fixe por a miña opinión a vista dos comentarios q lein.

Son veciña do porto do son, en ningún momento dixen o contrario, non sei donde atopa vostede a mentira; en q non sabía da existencia do acto e do acontecido, pois non, sintoo, teño bastantes amizades en Nebra en ningunha conversación saleu o tema. E a pesar d q algún comentario do foro me acuse de inculta e de non ler e de mais cousas q en fin, volvo a recalcar q esta guerra non é a miña, sí q lein moitos libros sobre represión, e non, en ningún atopei o ocurrido en Mebra, de ahí a miña desinformación, e na TV a verdade é q a penas a vexo, polo que tampouco nas noticias o atopei; e alabo q nebra honre aos seus caídos na loita polos seus dereitos,o q non me gustou en todo momento foi ese "yoismo", quizá efecto da súa defensa, non o sei;(simple opinión, e como volovo a remarcar nin pincho nin corto, nin sei q hai d atrás nin pa adiante, nin siquera sei qn é vostede)



dos demais comentarios paso, parece q solo poden opinar catro. volvo a repetir Q NN TEÑO INTERESES POLÍtICOS, este sistema abúrreme soberanamente como para pelexarme por ningún partido

Anónimo dijo...

Soy el anónimo: 1 de noviembre de 2011 16:26 y quería puntualizar algo. Señora, a buenas horas, ahora nos viene con el cuento de que no sabe que tipo de interés hay en politizarlo todo. Curioso, quien digo por aquí que en el acto hablaban de la política actual y que criticaban al PSOE y PP porque su política se parecía a la de cuando acaecieron estos hechos, fue la gente del b.n.g., no este vecino, sin embargo el vapuleado fue el, y no los que como se ve, tienen un claro interés en politizarlo todo.
Lo suyo y perdóneme que insista, en el primer comentario de debate tuvo bien poco y en el segundo mucho menos.
No dudo que leyese todos los comentarios, pero no los juzgo a todos por el mismo rasero. ¿Con qué interés? Solo usted lo sabe y por supuesto que no lo va a decir aquí. Seria tirar piedras sobre su tejado.

Paco do Martelo dijo...

Desculpe vostede, pero esta frase: «q polo visto somos os teus veciños/as», foi o que me induciu a erro, de ai que o destacase en negriña. Se vostede é veciña de Porto do Son, non ten lóxica que escribise: «somos os teus veciños/as», porque os meus veciños son nebrans, non sonenses. Así o entendo eu.

Non lle teño resposta á pregunta coa que comeza o comentario, pero o que si teño claro é que as homenaxes nin as politicei, cando seguramente en mala hora me metín en política, nin moito menos agora que estou fora dela. Seguramente esa pregunta deberíalla facer a quen nos tres comentarios, curiosamente libra de toda dúbida.

Con respecto ao seu "yoismo", xa llo deixei ben claro no anterior comentario: era o que me faltaba ter que calar ante unha xente, que como é neste caso, menten a sabendas. Polos seus comentarios entendo que vostede calaría, seguramente para evitar que alguén coma vostede lle dixese todo o que me dixo a min, sen tan sequera, como afirma, coñecerme de nada. Dende logo eu non seria, porque gusto de respectar a todo o mundo e sobre todo, á xente que non coñezo de nada.

Anónimo dijo...

Señora, no las haga, no las tema.

10 de octubre (2 comentarios): Sobre la noticia del acto organizada por Arben, alguien con malas artes colocó uno sin pies ni cabeza. Digo con malas artes, porque su autor se escondió bajo la Web de un vecino de Xuño, por lo que este se vió obligado a defenderse.

13 de octubre (12 comentarios): Ninguno de Arben.
1º: Pregunta porque se celebran dos actos.
6º: Cree que en ninguno de los actos se habló de Zapatero o Feijoo.
8º: No se identifica, pero. Este acto xunto co da homenaxe a Ramón Sampedro, son actos que o BNG leva celebrando xa fai varios anos para que non nos esquezamos deles, xa que forman parte da nosa historia.
10º, 11º, y 12º: No solo no le replican, si no que salen en defensa de Arben. El último va a más y se pregunta, ¿por qué nadie respondió al primero?.

25 de octubre (10 comentarios): Arben se identifica y da su versión en una carta.
4º: No dice que el BNG fuese el precursor y dice esto es un acto político y no religioso. Vamos, como si el vecino fuese cura. Es el primero que menciona explícitamente que van a criticar al PP y PSOE. Ante esto se entiende que de abierto no tiene nada.
7: Replica de Arben, que obtiene la calada.

28 de octubre (18 comentarios, de momento).
2º: Responde al 1º e insiste en que este acto siempre fue cosa del BNG y que si no fuera por ellos, nadie los recordaría.
7º y 8º: Nuevamente Arben se identifica y expone su punto de vista.
10º y 11º: Entra usted a todo trapo y obviando el yoismo del BNG, ofende bajo mi punto de vista al vecino y ahora nos viene, que es usted la que se siente ofendida. Señora, que los anónimos no nos podemos sentir ofendidos.

Además de todo esto, sus tres comentarios son demasiado partidista, porque como pudo leer, los únicos que mienten aquí son los del BNG, todo ello a pesar de saber que hace años su compañero, vea la nota de La Voz de Galicia, digo de quien partió la idea.
Acusar a alguien de demagogia o políticucho por contarnos la verdad y quitarle la careta a algunos, dice mucho de su imparcialidad y me atrevería a decirle que la demagoga es usted, por no usar otro calificativo y que me censuren el comentario.

Anónimo dijo...

Gracias a un amigo acabo de descubrir este blog y aunque ya no resida en Nebra, sigo muy vinculado a dicha parroquia ya que allí es donde tengo mis raíces y vive mi familia. Conozco a Paco y para nada es como lo trataron de reflejar con sus despectivos comentarios algunos aquí, sobre todo la que firma como mujer y aparentemente joven, a tenor del tipo de escritura que usó.
Los vecinos y vecinas de Nebra sabemos de primera mano que el artífice de estas homenajes e impulsor de la colocación del monolito fue él, y no otros como defienden ahora algunos aquí, por lo que entiendo su intervención.
Para poder opinar de una persona y acusarla de buscarse protagonismo primero hay que conocerla muy bien, y alguien que se esconde bajo un anonimato y que en dos de sus comentarios dice que ni pincha ni corta, no parece la más indicada para poder hacerlo. Si lo conociese bien sabrían que además de esta homenaje hizo muchas más cosas por la parroquia y que nunca le vimos presumir de ello, al contrario, siempre se quitó méritos. Sirvan estos dos ejemplos:
Bajo su dirección las fiestas de Nebra fueron un referente hace años, compitiendo incluso con las del Son. Nunca antes en la Balbanera habíamos tenido dos orquestas, banda de música y fuegos nocturnos. También es cierto que algunos vecinos, por supuesto anónimos y cobardes, lo acusaron de beneficiarse con las fiestas. Una critica de la que se libran muy pocas comisiones, sean del pueblo que sean. Es el clásico tipo de gente que no hace nada, ni tampoco quiere que hagan los demás y aquí, en Nebra, incluso lograron al final acabar con las fiestas.
Cuando después de varios intentos logró un puesto en la directiva de la comunidad de montes, por su vinculación política y porque creían que haría todo lo contrario a lo que venia criticando, mi padre por convicción no lo apoyó. Sin embargo hoy piensa de distinta forma, ya que entiende que hizo todo lo contrario y que siempre fue un libro abierto para los comuneros y que en el antiguo local de la comunidad, siempre tenia colgada todo tipo de información. Algo que ahora echa de menos.
Es curioso, sin residir en Nebra, gracias a su blog conozco más pormenores de la comunidad que mi familia que viven allí el día a día.