19 agosto 2011

Una sartén al fuego provocó un incendio en un restaurante sonense

:logo-lvg: | Barbanza

Unha tixola ao lume na cociña do restaurante Hórreo de Porto do Son provocou, na noite do mércores, un incendio que causou a alarma entre a veciñanza. Os feitos ocorreron ao redor da unha da mañá e os bombeiros de Ribeira e Protección Civil de Porto do Son acudiron ao local para participar nos labores de extinción das chamas.

A pesar de que o lume se percibía desde a rúa -xa que saía pola cheminea e o fume era abundante- o incendio foi rapidamente apagado polos servizos de urxencias e non houbo que lamentar feridos nin apenas danos materiais.

0 comentarios: