26 agosto 2011

Un interesante Lampón-Puebla abre la liga de Segunda Autonómica

:logo-lvg: | Barbanza

A Federación Galega de Fútbol realizou recentemente o sorteo do calendario da liga de Segunda Autonómica no grupo quinto, no que están encadrados os equipos barbanceses. A tempada arrincará o 4 de setembro. Un dos choques máis interesantes será o que librarán os conxuntos do Lampón e o Poboa no campo da Mina.

Nesta edición, a comarca barbancesa estará representada por nove equipos, que son: Porto do Son, Taragoña, Lampón, Aguiño, Abanqueiro, Crocha, Poboa e Oleiros.

Na primeira xornada, prevista para o 4 de setembro, os emparellamentos son os seguintes: Sar-Porto do Son, Cordeiro-Bertamiráns, Oleiros-Brión, Crocha-Furia, Aguiño-Abanqueiro, Lampón-Poboa, Carcacía-Recesende, Taragoña-Calo e Cacheiras-Escravitude.

Cabe indicar que a primeira volta rematará o 8 de xaneiro, mentres que a liga concluirá o 13 de maio. Os equipos da comarca terán os seguintes emparellamentos: Recesende-Taragoña, Poboa-Carcacía, Abanqueiro-Lampón, Furia-Aguiño, Brión-Crocha, Bertamiráns B-Oleiros, e Porto do Son-Cordeiro.

Duelo local

A segunda xornada, que se desenvolverá o 11 de setembro, deparará tamén algún que outro emparellamento interesante como o Abanqueiro-Crocha ou o Poboa-Aguiño. O duelo local entre o Crocha e o Poboa está previsto para a terceira xornada, precisamente o día grande das festas da localidade, o Nazareno.

O ascenso á Primeira Autonómica será a principal recompensa para os dezaoito competidores. O Poboa será un dos favoritos, pois o ano pasado estivo a loitar polos primeiros postos.

Tan só un conxunto conseguirá o ascenso directo. O campión cambiará de categoría, mentres que o segundo clasificado aínda terá unha opción a través dunha promoción. Para rematar, indicar que os catro peores clasificados descenderán á Terceira Autonómica.

0 comentarios: