17 agosto 2011

La FEB gestiona ayudas para paliar la difícil situación de los ejes comerciales

:logo-lvg: | Barbanza

Integrantes da directiva da Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) coa súa presidenta, Gladys Bermúdez, á cabeza, mantiveron hai uns días un encontro coa nova delegada territorial, Belén Docampo, coa que trataron cuestións relativas á difícil situación pola que atravesan os eixos comerciais que hai na comarca.

A normativa da Xunta establece que só os municipios con máis de 10.000 habitantes poden ter centros comerciais abertos, mentres que o resto reciben a denominación de eixos comerciais. Esta diferenza tamén implica que reciben menor nivel de subvencións. Por exemplo, non poden repercutir nas axudas que perciben da Administración autonómica os gastos derivados da contratación de persoal para atender as oficinas.

Cambio na normativa

A presidenta da FEB considera que é necesario realizar un cambio na normativa actual porque, segundo explica, os eixos comerciais están emprazados en lugares con menos establecementos e nos que resulta necesario impulsar as tendas tradicionais.

A maioría das patronais dependen do persoal que se contrata por medio dos plans de emprego da Xunta para ter un servizo de asesoramento nas súas oficinas. Con todo, estes profesionais só adoitan estar contratados durante uns meses.

Por este motivo, a FEB considera necesario que a Administración estableza unha fórmula que permita aos eixos comerciais repercutir os gastos derivados de contar con estes traballadores.

Gladys Bermúdez manifestou que a delegada territorial mostrouse moi receptiva ás súas indicacións e que se comprometeu a estudalas.

0 comentarios: