25 agosto 2011

BNG: Nova páxina web

A partires do 22 de agosto iniciamos unha nova andaina municipal polo que creamos unha nova páxina web, coa intención de informar da nosa acción municipal, dos acordos plenarios e do goberno e de atender as demandas da veciñanza.

A nova páxina é www.bng-galiza.org/portodoson

Esta páxina conta con varias seccións:

- Portada.

- Novas: onde informamos das mocións e preguntas que levamos aos Plenos.

- Organización: estructura do BNG do Son.

- Textos: información do BNG nacional.

- Descargas: estarán dispoñíbeis os nosos boletíns (Nordés) e as actas dos Plenos e das Xuntas de Goberno.

- Multimedia: videos de interese municipal.

- Ligazóns.

- Súmate a nós.

Na parte inferior da páxina figura un apartado de «contacto», onde calquera cidadán poderá trasladar ao BNG do Son calquera tipo de pregunta, suxestión ou información.

Agardamos térvos informado de maneira puntual.

Moitas grazas por todo.

Unha grande aperta do BNG do Son.

portodoson@bng-galiza.org

24/08/2011
13:44:09
Grazas BNG por ternos en conta á hora de informarnos da vosa nova web e benvidos.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Debido a que na páxina do Bloque non se pode comentar aproveito para facelo nesta outra, que de momento é a única do Son que nos permite expresarnos libremente. Paréceme moi ben que o Bloque amosase o seu pesar polo pasamento do señor Domingos Dosil Cubelo, exalcalde de Muros pola gracia dos seus amigos e amigas, engadindo a maiores unha foto de Ánxela con el.

Exalcalde de Muros, non porque os seus veciños e veciñas non o votasen e o desbancasen do poder, se non que, incomprensiblemente por primeira vez no Bloque, un alcalde en funcións non se puido presentar á súa reelección grazas aos amigos e amigas que agora tanto choraron. En Fene, despois dun cuarto de século co mesmo alcalde, foi o pobo o que dixo basta, porque se fose por el e polo partido, emularía a Fidel Castro ou a Fraga, que bos van de criticalo por vivir sempre da política. E por aquí, polos arredores, o de Boiro levaba o mesmo camiño.

Todo isto aconteceu mentres presentan eternos candidatos que por máis que repitan unha e outra vez non son capaces de alcanzalo seu obxectivo, pero aí seguen intentándoo, seguramente apoiados polos que cortan o bacallau no Bloque, porque doutra forma non se entenden. Aquí pasa con Ánxela, antes con outros, pero quen leva a palma é Bieito en Noia, un cambia chaquetas coma Groveiro, pero que ninguén ousa tusirlle e os únicos que o fixeron, tiveron que abandonalo partido.

Descansa en Paz Domingos Dosil Cubelo, que con amigos coma estes, para que querías inimigos.