19 abril 2011

A Fervenza de Ribasieira

:lvg: | 19/4/2011
En ningures como nas augas controladas polas Illas Atlánticas se practicou e practica a arrepiante profesión, e quero subliñar o de profesión, de narcotraficante, incluíndo calquera das accións e métodos que se utilizan, como son os intermediarios mafiosos, os transportistas, descargadores ou calquera outro que abrangue dende a manipulación en laboratorio ata que chega aos febles consumidores que arruínan a súa vida, comezando en moitos casos nas mesmas escolas, e a das persoas con eles vencelladas.

Por iso, non se pode entender que a nova reforma do Código Penal pasase desapercibida cando introduce unha rebaixa das condenas destes asasinos, sendo chamativo que de nove pase a seis anos de cadea no caso dos transportistas. E tamén chama a atención que merezan máis castigo a piratería polos danos a barcos ou aeronaves, á marxe das que correspondan por danos ás persoas, xa que nos leva a pensar que, para algúns, son máis importantes que as mortes que o narcotráfico ocasiona.

A capacidade humana de perverter a natureza non ten lindes, pero sempre se lle zurra aos máis indefensos. Vexamos. A folla de coca nos países andinos formaba e forma parte da súa alimentación. O problema é que os países ricos non controlan a súa transformación en veleno nin a súa comercialización, porque non queren.

¿Como se pode sequera propoñer castigar aos cultivadores máis que aos narcos e adulteradores? Evo Morales, defensor dos seus campesiños, plantexou a pena de morte para estes «profesionais». A de morte non, pero, do mesmo xeito que se pensa para os terroristas, a cadea perpetua si. Un exemplo. O cáñamo (un potencial biocombustible) é un cultivo antiquísimo e din que os celtas eran grandes produtores e exportadores. Con esta planta fixéronse redes de pesca ou roupa, e seguen facéndose dende cordas e cestos ata cosméticos, pero tamén se pode facer marihuana. ¿Tan dificultoso é o seu control? ¡Pero se calquera pode ollar a fervenza de Ribasieira dende o sofá!.
Mezclar la majestuosidad de una cascada, en este caso la de la Magdalena, Ribasieira o del río Sieira -atiende por estos tres nombre- con el narcotrafico, digamos que no parece muy correcto.
Para quien no la haya visitado o aun no la conozca, les dejó este enlace con los mejores vídeos de: Fervenzas Barbanza

0 comentarios: