27 noviembre 2009

Franco Pouso acusa ao executivo de entorpecer o desenrolo da vila

A responsable do Bloque Nacionalista Galego, Ánxela Franco Pouso, defende que foron os dous concelleiros nacionalistas os únicos que puxeron voz aos problemas dos veciños ao longo destes catro anos, e acusa ao executivo de «desgobernar o Concello» e aos membros do PP de seren convidados de pedra da coalición formada polos socialistas e o independente.

Ao mesmo tempo, a portavoz do BNG responsabiliza ao goberno local de poñer trabas ás iniciativas presentadas polo seu grupo a prol do desenrolo da vila e da mellora dos seus servizos, entre as que menciona a posta en marcha dunha gardería pública. Neste senso, Franco culpa tamén a Quintáns Vila de que as obras do centro de día para a terceira idade non cumpriran os prazos fixados.

A dirixente nacionalista lembra que a súa formación reivindicou varias veces a aprobación do novo plan xeral de ordenación municipal, coa fin de «evitar a desfeita urbanística que estamos a padecer día da día».
Por outro lado, Franco Pouso destaca as xestións feitas polo Bloque para que a asociación de empresarios se reunira con responsables da Xunta co obxectivo de axilizar o polígono industrial.

«As nosas mocións foron aprobadas por maioría, pero seguen sen ser unha realidade, sirva como exemplo a rotonda de Portosín», engade a concelleira, que tamén critica que a oposición fora informada a última hora de temas importantes como os orzamentos. «O tempo dounos a razón, demostrouse que cinco liberados non foron quen de xestionar o Concello», replica.

La Voz de Galicia 22/03/2007

* En marzo del 2007, la señora Franco acusaba al PSOE de no llevar a puerto ninguna de las iniciativas que van en negrita.
Dos años después en un alarde de cinismo, en compañía del señor Pastor (uno de los liberados que no fue quien de gestionar el Ayuntamiento) acusa al señor Tomé de lo mismo.
Compara 12 años con 2, y no habla nada de los 4 años con los que el PSOE gobernó con el BNG.

0 comentarios: