27 septiembre 2009

«É difícil poñer un negocio porque as axudas prometidas non se dan»

Hai escasamente dous meses que Peregrina Santos colleu as rendas dun bar en Queiruga, pero xa sabe que as dificultades son o pan de cada día do negocio.

-¿Por que decidiu coller o traspaso da cafetería?

-Estaba buscando traballo de camareira e non o atopaba, así que vin a oportunidade de coller este bar. Gústame moito a hostalaría e o meu anterior xefe díxome que «tiña madeira» para ter un negocio propio.

-Partir de cero debeu ser complicado, ¿non?

-É difícil poñer un negocio porque as axudas prometidas non se dan. Un novo empresario, se lle tocan, ten que esperar 7 ou 8 meses para que lle ingresen os cartos e ata ese momento hai que ir tirando.

-De momento, ¿como cualificaría a experiencia?

-Vai indo bastante ben. Non me deron permiso para poñer un cartel anunciando o bar, pero vou tendo unha clientela fixa.

-¿Intenta imprimirlle algo ao bar?

-É complicado porque ao fin e ao cabo é unha cafetería, pero eu quero que se me distinga polo trato aos clientes, sobre todo aos de aquí, que son os que están todo o ano.

-Un desexo para o futuro...

-Hai que ver como avanza a cousa, pero oxalá puidese contratar a unha persoa para que me axudase, porque iso significaría que vén moita xente. De momento, os días de moito traballo, bótame unha man miña filla.

La Voz de Galicia 27/9/2009

0 comentarios: